As nenas e os nenos xa podemos saír á rúa con coidado
e nun horario controlado.
Este feito amosa en nós diferentes sentimentos, emocións,
desexos, percepcións,...
Así que imos expresalos para entendelos e controlalos. Imos traballalos sen présas, pacientemente, co tempo necesario para afacernos a iso novo.
Para expresalos podemos debuxar ou elaborar un cómic.
Compartirémolos despois co resto da clase nunha publicación única.
“EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS”.