BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

26/5/24

RECEPCIÓN DE FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO DE 4ºEI PARA O CURSO 24-25

NO CEIP VILAVERDE ESTÁMONOS A PREPARAR PARA DAR A BENVIDA ÁS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL DO VINDEIRO CURSO 24-25.

NESTA REUNIÓN FALAREMOS DA ENTRADA Á ESCOLA, DE RUTINAS IMPORTANTES QUE PODEMOS IR PRACTICANDO E DE COMO É O PERÍODO DE ADAPTACIÓN NO NOSO COLEXIO, FORMADO POR DÚAS FASES.

A PRIMEIRA SERÁ EN XUÑO, O ALUMNADO PODERÁ VISITAR AS CLASES E ESTAR UN POUQUIÑO NO COLE.

ESPERÁMOSVOS O MARTES 28!

🌟

24/5/24

LETRAS GALEGAS 2024

AS  LETRAS GALEGAS NO NOSO COLEXIO SEMPRE VAN ACOMPAÑADAS DE MOITO RITMO CUN CONCERTO NO QUE PARTICIPAMOS TODO O CENTRO.

ESTE ANO TIVEMOS O GUSTO DE CONTAR COA ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL PESDELÁN, CO QUE BAILAMOS E CANTAMOS DANZAS DO MUNDO. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO RECORDO:


CONCERTO LETRAS GALEGAS 2024 CEIP VILAVERDE 

ADEMÁIS, CELEBRAMOS UN CERTAME POÉTICO NO QUE AS CLASES CREARON POEMAS EN GALEGO. DURANTE UNHAS SEMANAS ESTIVEMOS A PENSAR E ESCRIBIR AS NOSAS POESÍAS. 
NO CERTAME RECITÁRONSE OS POEMAS FINALISTAS E REALIZOUSE A ENTREGA  DE PREMIOS.



ALUMNADO DE 6º PRESENTOU O ACTO E O COMBO REALIZOU UNHA ACTUACIÓN DO HIMNO GALEGO XUNTO A PROFE LOLA.

MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POR AXUDAR E PARTICIPAR NESTAS ACTUACIÓNS TAN ESPECIAIS PARA O COLE!


16/5/24

VÍDEO FINAL "OS NENOS QUEREMOS A PAZ"

XA PODEDES DESFRUTAR CO VÍDEO CREADO PARA O VII CONCURSO CANTAMOS CON LAS MANOS ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA.

QUEDAMOS CUNHA CHEA DE APRENDIZAXES QUE DE SEGURO NON ESQUECEREMOS,  ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS.



O BOSQUE DA ESPERANZA CHEGA A SANTIAGO!

O PROXECTO DO BOSQUE DA ESPERANZA SEGUE A TRAER BOAS NOVAS!

DENDE O CAFI, CONVIDÁRONNOS A ASISTIR A UNHA CHARLA-FORMACIÓN SOBRE ESTA MARABILLOSA PROPOSTA NA QUE PARTICIPAMOS O CURSO PASADO.

 

FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA PARA O COLEXIO, CONTAMOS ADEMÁIS CUN REPRESENTANTE DO ALUMNADO QUE AGASALLOU AOS ASISTENTES COAS SÚAS APORTACIÓNS E CUN DEBUXO DO BOSQUE!


SEGUIREMOS DANDO CONTINUIDADE A ESTE PROXECTO E TRABALLANDO POR PROMOVER A COLABORACIÓN ENTRE O COLEXIO E A CONTORNA.

💚🌳🌲


8/5/24

PRIMEIROS AUXILIOS

FAMILIAS E PROFESORADO ASISTIMOS ESTE MARTES 7 DE MAIO A UNHA FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS DA MAN DA ASOCIACIÓN GALEGA DE TÉCNICOS EN EMERXENCIAS SANITARIAS (ASGATE). A CHARLA FOI SIGNADA POR IRIA, A INTÉRPRETE EN LINGUA DE SINGOS DO NOSO COLEXIO.


COMEZARON EXPLICÁNDONOS CONCEPTOS BÁSICOS DOS PRIMEIROS AUXILIOS  PARA LOGO PASAR Á PRÁCTICA. 

REALIZAMOS A RCP E MESMO NOS ENSINARON O FUNCIONAMENTO DUN DESFIBRILADOR SEMIAUTOMÁTICO (DESA). TAMÉN PRACTICAMOS A POSICIÓN DE SEGURIDADE E A MANIOBRA DE HEIMLICH.

 









FOI UNHA FORMACIÓN MOI IMPORTANTE E NECESARIA PARA A VIDA. ESTAMOS MOI AGRADECIDOS POLA EXPLICACIÓN RECIBIDA POLOS MEMBROS DE ASGATE, ASÍ COMO POLA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS E PROFESORADO ASISTENTE!

SEGUIREMOS PROMOVENDO ESTES MOMENTOS DE ENCONTRO ENTRE COLEXIO E FAMILIAS, PARA APRENDER XUNTOS E COLABORAR POLO BEN DA COMUNIDADE EDUCATIVA.