BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

21/12/18

A NOSA TARXETA DE FELICITACIÓN

O ALUMNADO, SEGUINDO DESEÑOS E TÉCNICA PICTÓRICA DE ROMERO BRITTO, FIXO DIVERSAS TARXETAS DE NADAL.
ALGUNHAS FORON PARA FELICITAR AS AMIZADES, OUTRAS PARA FELICITAR Á FAMILIA E...
UNHAS CANTAS PARA FACER A FELICITACIÓN DO COLEXIO. CON ELA QUEREMOS DESEXARVOS BOAS FESTAS E UN ANO NOVO MOI FELIZ E CHEO DE ILUSIÓN.




ADEMAIS USÁRONSE OS DESEÑOS DAS TARXETAS PARA ADORNAR ZONAS DO COLEXIO. OBSERVADE QUE BONITO!

O VINDEIRO TRIMESTRE, XA EN 2019, TEREMOS MÁIS ACTIVIDADES E NOVOS PROXECTOS QUE INDA NON VOS IMOS DESVELAR.

DEICA XANEIRO. FELIZ 2019!

CHOCOLATADA PARA DESPEDIR O TRIMESTRE

Este venres 21, tivo lugar a tradicional chocolatada no colexio coa inestimable colaboración da ANPA.
https://photos.app.goo.gl/7xMnvJsgPm7auMjX9

O alumnado de sexto axudou na distribución de rosca e chocolate que o alumnado degustou encantado
https://photos.app.goo.gl/7xMnvJsgPm7auMjX9

E o coro do colexio...


 acompañou ao Apalpador na súa visita a cada clase.
https://photos.app.goo.gl/7xMnvJsgPm7auMjX9


18/12/18

FIXEMOS UNHAS TARXETAS PRECIOSAS

VELAQUÍ ALGUNHAS, SÓ ALGUNHAS,...
OUTRAS VERÉDELAS NOS BLOG, NAS EXPOSICIÓNS DOS CORREDORES, NA CASA...





12/12/18

CHEGOU AO COLEXIO O APALPADOR

NESTES DÍAS QUE TRABALLAMOS SOBRE AS TARXETAS, AS MANEIRAS DE FELICITAR,... DEBERON FACER QUE O APALPADOR ADIANTASE A SÚA CHEGADA.
XA ESTÁ NA ENTRADA AGARDANDO QUE LEAMOS A SÚA HISTORIA.

QUE ESTEA NO CENTRO INDICA QUE IMOS TRABALLAR CUN NOVO CENTRO DE INTERESE... ADIVIÑADES?

11/12/18

PÓÑENSE EN MARCHA OS CLUB DE LECTURA

LAMPI REMITE ÁS CLASES UNHA CARTA NA QUE LLES FALA DA CREACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA DA BIBLIOTECA.
NA CARTA HAI PROPOSTA DE LIBROS PARA POÑER A ANDAR O CLUB.


MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA


7/12/18

TARXETAS PARA FELICITAR

ESTES DÍAS TRABALLAREMOS SOBRE AS TARXETAS PARA FELICITAR.
VEREMOS DESEÑOS. DEBUXAREMOS TARXETAS

VEREMOS TEXTOS DIFERENTES QUE PODEN LEVAR E ESCRIBIRÉMOLOS EN DIFERENTES IDIOMAS.

QUEREDES AXUDARNOS?

6/12/18

VARIAS CLASES VISITAN O PARLAMENTO

RELACIONADO CO CENTRO DE INTERESE NOVO, VARIAS AULAS VISITAN O PARLAMENTO DE GALICIA.
ALÍ VERÁN DE PRETO ALGÚNS PROCESOS RELACIONADOS COAS LEIS.
MESMO ALGUNHA CLASE ASISTIU A UNHA VOTACIÓN


28/11/18

SEGUIMOS COS PROXECTOS E INICIAMOS UN NOVO CENTRO DE INTERESE

OS DEREITOS HUMANOS, OS DEREITOS DA INFANCIA, A CONSTITUCIÓNS, AS NORMAS E AS LEIS... CHEGAN ÁS AULAS.
DENDE A BIBLIOTECA, DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, EXTRAESCOLARES E ORIENTACIÓN APARECERÁN RECURSOS VARIOS PARA TRABALLAR NA AULA AO REDOR DESTA TEMÁTICA.
AQUÍ DEIXAMOS ALGÚN MATERIAL MÁIS



25/11/18

CONTAMOS CONTRA O MALTRATO

ENTRE AS ACTIVIDADES DESEÑADAS PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TIVEMOS A DE "CONTAMOS CONTRA O MALTRATO" TAL COMO VOS INDICAMOS NA ENTRADA ANTERIOR.
VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES


22/11/18

LOITAR CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

COMEZAMOS ESTES DÍA CUN TRABALLO DE SENSIBILIZACIÓN CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO OU CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. O TRABALLO ESTÁ MOI ENLAZADO CO QUE VIMOS FACENDO AO REDOR DO DÍA DA PALABRA E COAS TAREFAS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL DESTES MESES.
O NOSO CARTEL ESTE ANOS É

TEMOS PROGRAMADAS ACTIVIDADES VARIADAS:
- DENDE A BIBLIOTECA ESTÁ A ACTIVIDADE "CONTAMOS CONTRA O MALTRATO", DOUS CONTOS SERÁN OS PROTAGONISTAS DAS SESIÓNS DE CONTACONTOS PARA TODO O ALUMNADO. SESIÓNS QUE TERÁN LUGAR XOVES 22 E VENRES 23.
Resultado de imagen de CUENTO BONITAS
Resultado de imagen de CUENTO YO VOY CONMIGO

- DENDE AS AULAS TRABALLAREMOS SOBRE OS TIPOS DE MALTRATO E AS DIFERENTES MANEIRAS DE COARTAR ASPIRACIÓNS, IGUALDADE,... O PUNTO DE PARTIDA SERÁ UN CONTO QUE PERMITIRÁ REFLEXIONAR, DEBATER E ... CONSTRUÍR UN ÁLBUM NO QUE IDENTIFIQUEMOS AS FORMAS DE MALTRATO .
Resultado de imagen de cuando las niñas vuelan alto cuento
COMPLETARASE CON CANCIÓNS E OUTROS CONTOS QUE INSISTAN NA MESMA IDEA:


- AMOSAREMOS O REXEITAMENTO COLECTIVO DO COLEXIO AO MALTRATO DE XÉNERO CUNHAS PEGATINAS E CARTELERÍA



19/11/18

DÍA DA PALABRA

VAISE CELEBRAR O DÍA DA PALABRA E LAMPI (A MASCOTA DA BIBLIOTECA) MANDOU ÁS AULAS UNHA CARTIÑA E UN LIBRIÑO QUE LLE GUSTA MOITO.
Resultado de imagen de PALABRAS CON CORAZÓN
 IMOS TRABALLAR CON EL E OBSERVAR COMO AS PALABRAS SON MOI PODEROSAS...
A CARTIÑA DE LAMPI ERA PRECIOSA CON CORAZÓN, CON SELO RELACIONADO COAS EMOCIÓNS E UNHA CARIÑA CON MENSAXE POR DETRÁS NO REMITE.



QUERE QUE LLE DEAMOS PALABRAS PODEROSAS PARA A BIBLIOTECA E NISO ESTAMOS!

15/11/18

ESTA SEMANA: VISITA DA TVG E CONFERENCIA-OBRADOIRO SOBRE PREVENCIÓN DE DESVIACIÓNS DO RAQUE

A TVG VEU AO NOSO COLEXIO ESTA SEMANA, APARECERON UNHA XORNALISTA E UN CÁMARA. ESTIVERON UN CHISQUIÑO GRAVANDO NALGUNHA CLASE... IMOS SAÍR NUN PROGRAMA MATINAL. XA VOS DIREMOS CAL.




TAMÉN TIVEMOS A SORTE DE TER UN OBRADOIRO PARA PREVIR A APARICIÓN DE DORES E PROBLEMAS NAS COSTAS. FOI MOI INTERESANTE.



13/11/18

MAGOSTO...POR FIN!

HOXE PUIDEMOS CELEBRAR A FESTA DO MAGOSTO PORQUE NON CHOVEU.
FIXEMOS CARTEIS PARA ANUNCIAR A FESTA. VELAQUÍ UNS CANTOS:

SAÍMOS AO PATIO PRIMEIRO PARA FACER XOGOS PROTAGONIZADOS POLA CASTAÑA:
A RÁ-CASTAÑA, A CASTAÑA POR DETRÁS, A BOMBA-CASTAÑA, O BAILE DA CASTAÑA, CASTAÑA EN EQUILIBRIO,...
ADEMAIS HOUBO UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE, O ALUMNADO MAIOR DESEÑOUNOS CASTAÑAS NA CARA.







MENTRES PACO AXUDADO POLO ALUMNADO MAIOR DEDICOUSE AO ASADO



DESPOIS DEGUSTAMOS UNHAS DELICIOSÍSIMAS CASTAÑAS ASADAS!


E CLARO RECOLLEMOS PORQUE TODO DEBÍA QUEDAR MOI LIMPIÑO

10/11/18

COMO VAI INDO O MAGOSTO ESTE CURSO


LEMBRADES?
 ANTÍO (O ESQUÍO QUE É A MASCOTA DO MAGOSTO) XA ESCRIBIU AO ALUMNADO UNHA CARTIÑA ONDE LLES PEDÍA COLABORACIÓN PARA CELEBRAR A SÚA FESTA FAVORITA. E O ALUMNADO CUMPRIU!

 QUERÍA...
- POR SUPOSTO CASTAÑAS

- QUE LLE RECOLLESEN RECEITAS CON CASTAÑAS E SE PODÍA SER QUE LLE TROUXESEN DEGUSTACIÓN

- QUE FIXESEN CARTEIS PARA ANUNCIAR A FESTA NO COLEXIO.



ANTÍO CADA DÍA ÍA TRAENDO FROITOS DO OUTONO E CANTIGAS DE MAGOSTO PARA QUE O ALUMNADO AS APRENDESE.

E COMO EN TODO MAGOSTO QUE SE PRECE HABERÁ XOGOS:  "CASTAÑA POR DETRÁS", "QUE NON CAIA A CASTAÑA", "A RÁ CON CASTÑAS",... QUE XA O ALUMNADO PRACTICA NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA.
ADEMAIS NAS CLASES TRABALLAMOS COAS CORES DA ÉPOCA, CON VOCABULARIO DO MAGOSTO, CON HISTORIAS, COAS MATEMÁTICAS DO MAGOSTO, ...


NO BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN TENDES MÁIS IMAXES.
AGORA QUEDA CELEBRAR A FESTA... A VER CANDO O TEMPO NOLO PERMITE

31/10/18

O TRABALLO SOBRE O MAGOSTO

SEGUIMOS TRABALLANDO SOBRE O MAGOSTO E ASPECTOS RELACIONADOS.
ANTÍO CADA DÍA TEN UNHA COUSA NOVA AO REDOR: COPLAS, FROITOS,...


NAS CLASES XORDEN TEMÁTICAS QUE LLE INTERESAN MOITO A ANTÍO E QUE A NÓS NOS PROVOCAN CURIOSIDADE COMO;
CASTIÑEIRO
PRODUCIÓN DE CASTAÑAS E GRÁFICAS
O GORGULLO DA CASTAÑA
AS PRAGAS DA CASTAÑA
OS XOGOS DO MAGOSTO
AS COPLAS DO MAGOSTO
HISTORIAS DE MAGOSTO...

ADEMAIS SEGUIMOS TRABALLANDO SOBRE AS RECEITAS CON CASTAÑAS E MESMO...DEGUSTÁMOLAS. QUE RICAS!