BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

21/12/21

FELIZ 2022

 HOXE COMEZA O INVERNO 

 Árbol Sin Hojas Bajo Un Cielo Gris

E DESPOIS DUN TRIMESTRE CHEO DE TRABALLO,TOMAMOS UN DESCANSIÑO.

Fotos de stock gratuitas de 2017, año, Año nuevo

FELIZ 2022!

REMATAMOS O TRIMESTRE E O ANO

 COS COIDADOS QUE REQUIRE A SITUACIÓN PANDÉMICA DESTES DÍAS, CELEBRAMOS:

- ADORNÁNDONOS PORQUE O CENTRO XA O TEMOS DECORADO (XA O PUIDESTES VER NOUTRAS ENTRADAS).

 


 - USANDO TODOS OS ELEMENTOS FESTIVOS QUE ESTÁN NAS NOSAS MANS:

1. UNHA MERENDA ESPECIAL RELACIONADA CON ESTAS FESTAS.

2.  CUNHA ESCOITA DA MENSAXE QUE NOS DEIXA O APALPADOR NUN VÍDEO

 


3.  CON XOGOS E PROPOSTAS DO BLOG DE STEM

4. CON CANTIGAS 







E...

GOZANDO O AGASALLO QUE DEIXOU O APALPADOR NO SACO. 

 

 

 

20/12/21

MENCHU LAMAS REMITE VÍDEO PARA O ALUMNADO

MENCHU LAMAS (QUE ACABA DE RECIBIR O PREMIO OTERO PEDRAYO) REMITE UN VÍDEO AO ALUMNADO DO COLEXIO AGRADECENDO QUE ANALIZASEN A SÚA OBRA E ELABORASEN TARXETAS BASEADAS NELA.
 




VELAQUÍ A SÚA BIOGRAFÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 6º DE E. INFANTIL

E DE NOVO AS TARXETAS ELABORADAS POLO ALUMNADO DO CENTRO

16/12/21

ADORNANDO AS ÁRBORES CON DESEXOS

 FORMANDO PARTE DAS ACTIVIDADES PARA ESTA ÉPOCA DO ANO, AS ÁRBORES DO PATIO ESTÁN SENDO DECORADAS .

O ALUMNADO FIXO CREACIÓNS SOBRE CD E ESCRIBIU DESEXOS E PALABRAS FERMOSAS.

CONTAMOS COA INESTIMABLE AXUDA DE PACO QUE OS FOI PENDURANDO DAS ÁRBORES SEGUINDO INDICACIÓNS DO ALUMNADO.






15/12/21

HOXE SIMULACRO

 DENTRO DO PLAN DE AUTOPROTECCIÓN, HOXE TIVO LUGAR UN SIMULACRO NO COLEXIO.

O ALUMNADO TIVO QUE ACTUAR COMA SE HOUBESE UNHA ALERTA, UN INCENDIO, NO COLE.













13/12/21

A MAXIA DAS FESTAS NO MES DE DECEMBRO

PARA REMATAR COA TEMÁTICA DA MAXIA...







TRABALLAMOS AO REDOR DAS FESTAS DESTE MES DE DECEMBRO.

O COLEXIO XA ESTÁ ADORNADO E O APALPADOR AGARDANDO A QUE CHEGUE O SEU DÍA.

TEMOS MOITOS RITOS E TRADICIÓNS RELACIONADOS CON ESTAS FESTAS. QUEREDES COÑECER ALGÚN?







10/12/21

IMITANDO A MENCHU LAMAS: UNHAS TARXETAS

 HAI UNHAS ENTRADAS DIXÉMOSVOS QUE ANDABAMOS A TRABALLAR COA MAXIA DA COR.

ADORNAMOS A ENTRADA COA SÚA OBRA 




POIS XA ESTÁN ELABORADAS AS TARXETAS IMITANDO A MENCHU LAMAS.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN VÍDEO PRESENTACIÓN DO TRABALLO


E ALGUNHAS TARXETAS PARA PODER ANALIZALAS MÁIS LENTAMENTE ... O RESTO PODEREDES VELAS NOS BLOG CORRESPONDENTES.











9/12/21

ACTIVIDADES PARA REMATAR PROXECTOS

 HAI UNHAS ENTRADAS COMENTARAMOS AS MAQUETAS DE VOLCÁNS E UNIVERSO DO ALUMNADO MAIOR QUE REMATAN OS SEUS PROXECTOS.

AGORA AMOSAMOS ALGUNHA MAQUETA SOBRE O PROXECTO DE ECOSISTEMAS EN 4º, ATOPAREDES MÁIS IMAXES NOS RESPECTIVOS BLOG








5/12/21

REFLEXIONAMOS SOBRE AS NORMAS, A NECESIDADE DELAS, O RESPECTO DOS DEREITOS E A CONSTITUCIÓN

 DURANTE ESTES DÍAS COMENTAMOS NAS AULAS A NECESIDADE DE NORMATIVA E DE QUE ESTA RECOLLA OS DEREITOS DAS PERSOAS.

USAREMOS CONTOS, PRESENTACIÓNS E RECURSOS DIXITAIS VARIADOS.

Derechos de la InfanciaLas siete constituciones de España

Los derechos humanos - Tics y derecho a la libertad