XA ESTÁ COLOCADO O PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR NA ENTRADA DO COLEXIO.
TRÁTASE DUN BUZÓN NO QUE O ALUMNADO, DE FORMA ANÓNIMA, PODERÁ TRASLADAR SITUACIÓNS DE ACOSO.
TAMÉN HAI UN PUNTO LARANXA VIRTUAL NA WEB DO NOSO CENTRO.
Neste blog, dende o curso 2009/2010 as mascotas do CEIP Vilaverde, deixarán as súas mensaxes máis secretas. Non deixedes de visitalo de cote para poder lelas. Ata loguiño!
XA ESTÁ COLOCADO O PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR NA ENTRADA DO COLEXIO.
TRÁTASE DUN BUZÓN NO QUE O ALUMNADO, DE FORMA ANÓNIMA, PODERÁ TRASLADAR SITUACIÓNS DE ACOSO.
PARA A SEMANA DO LIBRO ESTAMOS ARGALLANDO UNHA ACTIVIDADE CHEA DE LIBROS E CONVIVENCIA: UN APADRIÑAMENTO LECTOR!
O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º ELIXIRÁ AO SEU GUSTO UN LIBRO QUE LERÁ AO ALUMNADO MÁIS PEQUENO.
AGORA SÓ FALTA QUE TEÑAMOS UN TEMPO SOLLEIRO 🌞 CO QUE PODER DESFRUTAR DAS LECTURAS COMPARTIDAS AO AIRE LIBRE.
💕📗🌞
ESTA SEMANA O PROFESORADO DO CEIP VILAVERDE ASISTIMOS A UNHA FORMACIÓN IMPARTIDA POLA ASOCIACIÓN AUTISMO-BATA.
AGRADECEMOS TODAS AS ENSINANZAS E ESTRATEXIAS EXPLICADAS, UN PRACER CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN!
💙
AS CLASES DE 5 ANOS DO COLEXIO PARTICIPARON NUNS OBRADOIROS DIDÁCTICOS COA ASOCIACIÓN ANEDIA.
DESFRUTARON COA CONTACONTOS
RAQUEL QUEIZÁS E A HISTORIA DE NANO, UNHA RÁ CON DIABETES.
ADEMÁIS, PARTICIPARON NUN
OBRADOIRO NO QUE APRENDERON QUE ALIMENTOS E BEBIDAS TIÑAN MÁIS AZUCRE, FALARON
E REFLEXIONARON SOBRE A IMPORTANCIA
DUNHA BOA ALIMENTACIÓN.
GRACIAS A ANEDIA POR FACER POSIBLES ESTAS SESIÓNS CHEAS DE
APRENDIZAXE!
COMEZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE CUNHA NOVA CHARLA DESTINADA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
DURANTE ESTE CURSO, O CEIP VILAVERDE XUNTO A ANPA OS VALADOS E O CFR DE PONTEVEDRA ORGANIZAMOS UNHA SERIE DE CHARLAS FORMATIVAS, INTENTANDO TENDER PONTES ENTRE TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA E DAR RESPOSTA AOS INTERESES XURDIDOS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS O CARTEL COA INFORMACIÓN DA PRÓXIMA SESIÓN: