BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

19/5/20

20 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DAS ABELLAS

O 20 de maio é o día mundial das abellas.
Instaurouse o día para crear conciencia sobre a importancia dos insectos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución á sostibilidade.

Nese día non podemos esquecer a Eva Crane .
Foi unha física nuclear inglesa que cambiou o seu interese científico ao recibir como agasallo de vodas unha colmea. Converteuse na maior eminencia mundial en apicultura. Podedes investigar sobre ela e sobre as abellas. Sabedes que as matemáticas están moi unidas ás abellas?

Matemáticas: https://www.universomiel.es/las-abejas-y-las-matematicas/

No seu día a día as abellas relaciónanse con números, observade nesta imaxe recollida en http://foroapicultura.com/foro/viewtopic.php?f=14&t=1409
140827141652_grafico_abeja