Ás nove comezan os preparativos: últimos toques ás espumadeiras, un apaño por aquí e por acolá no disfrace, algunha pinturiña na cara, poñer algunha cousiña na cabeza, a colocación dos tenderetes de venda, o reparto das lambetadas,...
Poñemos os disfraces para saír ao patio, o galo Vilaverdiño xa nos agarda nel (moi ben colocado e a cuberto, nun sitio preferente dende onde ver toda a festa) pero nós inda facemos unha foto de grupo. Esquecemos dicir que este
ano os nosos disfraces van, como non?, moi relacionados coas comidas, coa
cociña... levamos unha chea de tempo traballando sobre iso!: En infantil levan
as mesas colocadas con ensalada, 1º prato, 2º prato e postre. En primeiro os
ovos fritidos fan furor. 2º serve as
mesas (son camareiras e camareiros). 3º e 4º son froitas, unha macedonia
variadísima, 5º as cociñeiras e os cociñeiros e 6º a celebración culinaria - a
festa do caldo-
Saímos por fin. Cantas cámaras de fotos! Mentres nos achegamos ao patio soan as ladaíñas elaboradas e cantadas polo alumnado de 2º ciclo.
Colocámonos no patio (este ano no patio cuberto, o tempo non resulta moi de fiar e como lle dea por chover...)
Nenas e nenos de 6º presentan o evento. Que ben o fan! Son case profesionais.
E xa nos toca desfilar, unha chea de cancións colocadas por Lola fan que o ritmo se nos meta no corpo. No son, Lola ten axuda, un papá colabora con todo o da megafonía
/>
A medio desfile as xuízas e xuíces de 6º xulgan ao galo Vilaverdiño por todos os males do ano. O galo pídelle ao alumnado de 5º que lea o seu testamento.
E comeza a venda de filloas, orellas,...
Este curso, hai un sorteo de produtos do entroido (cacheira, chourizos, grelos,...). Había moita xente con papeletas... pero só unha persoa gañou.
Chegou, por fin, o momento de queimar o galo, un galo cunha chea de plumas realizadas polo alumnado de infantil e primeiro ciclo. Volven soar as ladaíñas mentres o alumnado de 6º o leva cara ao descampado.
Non hai que preocuparse moito... o vindeiro curso haberá outro galo Vilaverdiño e... terá plumas novas!
28/2/14
27/2/14
VILAVERDIÑO XA TEN TODAS AS PLUMAS
O GALO VILAVERDIÑO ESTÁ FELIZ!:
E ESTE É O CARTEL DA FESTA:
E ESTAS SON AS COPLAS DO XUÍZO E TESTAMENTO, ASÍ COMO A LETRA DAS LADAÍÑAS DESTE ANO:
- TEN UNHA CRISTA ENORME
- UN PICO XENIAL PARA FALAR E COMER LAMBETADAS
- E... PLUMAS NOVAS! . PLUMAS QUE NESTE ANO TEÑEN IMAXES DE COMIDAS, FORON ELABORADAS CON FOLLETOS DE SUPERMERCADO.
E ESTE É O CARTEL DA FESTA:
E ESTAS SON AS COPLAS DO XUÍZO E TESTAMENTO, ASÍ COMO A LETRA DAS LADAÍÑAS DESTE ANO:
25/2/14
E O LIBRO CO NOSO "CONTO ENSALADA" ESTÁ LISTO
HOXE ENTREGOUSE NO "SALÓN DO LIBRO" O NOSO CONTO.
FOI ELABORADO POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO TAL COMO XA VOS CONTAMOS NOUTRA ENTRADA DO BLOG.
VELAQUÍ UN MINIAVANCE EN FOTOS
O ARGUMENTO APARECE RECOLLIDO NESTA PRESENTACIÓN.
NON DEIXEDES DE VELO NA EXPOSICIÓN DO "SALÓN DO LIBRO"!

PROSIGUEN OS PREPARATIVOS DO ENTROIDO
O GALO XA TEN CRISTA E PICO... TAMÉN ALGUNHAS PLUMAS.
AS LADAÍÑAS XA ESTÁN ELABORADAS. TAMÉN AS COPLAS DO XUÍZO E TESTAMENTO.
OS OBRADOIROS DE DISFRACES ESTÁN QUE NON PARAN!
AS LADAÍÑAS XA ESTÁN ELABORADAS. TAMÉN AS COPLAS DO XUÍZO E TESTAMENTO.
OS OBRADOIROS DE DISFRACES ESTÁN QUE NON PARAN!
24/2/14
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
HOXE É O DÍA DE ROSALÍA.
AS MASCOTAS LÉMBRANNOS A DATA E REMÍTENNOS UN POEMA DA ILUSTRE ESCRITORA E UNHA NOVA DE ACTUALIDADE.
CELEBRADE CONNOSCO ESTA DATA LENDO ALGO DA SÚA OBRA.
OU ESCOITANDO ALGÚN DOS SEUS POEMAS MUSICADOS
20/2/14
E O GALO VAI TOMANDO FORMA
VILAVERDIÑO XA ANDA POLO COLEXIO.
DE MOMENTO INDA ESTÁ SEN PEL E SEN PLUMAS...
MAIS TODO SE ANDARÁ.
MIRADE COMO VAI INDO
ADEMAIS NAS CLASES ANDAN A PREPARAR AS COPLAS DO XUÍZO E DO TESTAMENTO.
TAMÉN SE CONFECCIONAN AS LADAÍÑAS E PÓÑENSELLE A MUSIQUIÑA.
OS DISFRACES INDAN ANDAN A MEDIO ELABORAR... MAIS SEGURO QUE ESTARÁN REMATADOS PARA A FESTA.
USAMOS ESTA PRESENTACIÓN PARA TRABALLAR ASPECTOS DO ENTROIDO, PARTINDO DAS IDEAS PREVIAS E USANDO ESQUEMAS COMO DIAGRAMAS DE FLUXO E MAPAS MENTAIS.

19/2/14
VÉN O ENTROIDO!
ESTE CURSO AS LUPANDAS E PANTAGRUÉLICAS COMIDAS ENCHERON O COLEXIO DENDE COMEZOS DE CURSO, PROXECTOS, LECTURAS, INVESTIGACIÓNS TIVERON AS COMIDAS COMO PROTAGONISTAS.FALAMOS DE ALIMENTOS, FIXEMOS ENSALADAS DE HISTORIAS, PREPARAMOS MACEDONIAS E ELABORAMOS RECEITAS,...
TODO ISTO ESTIVO ACOMPAÑANDO OS CONTOS: COCIÑAMOS CONTOS,ENREDAMOS CONTOS, VIAXAMOS COS CONTOS, FRAGMENTAMOS CONTOS, ...
ASÍ AS COUSAS DAN PASO AO ENTROIDO... NEL OS DISFRACES VAN ESTAR MOI RELACIONADOS...
DE QUE PENSADES QUE IMOS DISFRAZARNOS AS DIFERENTES CLASES E NIVEIS?
AS MASCOTAS DAS AULAS XA NOS ESCRIBIRON PARA LEMBRARNOS QUE CHEGA O ENTROIDO E TAMÉN RECIBIMOS DE LORETO UNHA NOVA PÁXINA... SABEDES QUE LEVA NO SEU PETO? LEVA FILLOAS E DISFRACES DE FROITAS.
ACABAN DE DARNOS O ÚLTIMO EMPURRÓN PARA POÑERNOS CON ESTA FESTA CÍCLICA ANUAL NO COLEXIO
ELABORAR A VILAVERDIÑO, COLOCARLLE AS PLUMAS, FACER AS COPLAS PARA XUÍZO E TESTAMENTO DO GALO E PREPARAR AS LADAÍÑAS QUE SE LLE CANTARÁN SERÁN LABOR DE TODO O CENTRO, NOS BLOGS DE NIVEL PODEDES VER TODA ESA ACTIVIDADE!

10/2/14
TRABALLANDO COS CONTOS: ENSALADAS DE CONTOS E ACTIVIDADES PARA RAZOAR CON CONTOS...
COMO XA DIXEMOS, TRABALLAMOS CON CONTOS CLÁSICOS, ENLAZÁMOLOS, REINVENTÁMOLOS, FACEMOS ENSALADAS DE CONTOS...
XOGAMOS CON ADIVIÑAS
VELAQUÍ ALGUNHA ENSALADA
HIPOTETIZAMOS E RAZOAMOS USANDO CONTOS E IMAXES: 1º CON HANSEL E GRETEL
HIPOTETIZAMOS E RAZOAMOS USANDO CONTOS E IMAXES: DESPOIS CON CONTOS DE PRÍNCIPES E PRINCESAS E CUN CADRO DE KANDINSKY
XA CASE REMATAMOS UNHA MAXI-ENSALADA DE CONTOS NA QUE INCLUÍMOS COMIDAS, MENÚS, RECEITAS,... NA QUE PARTICIPOU TODO O COLEXIO
TAMÉN LEMOS LIBROS ALTERNATIVOS
E LORETO SEGUE ENTRANDO NAS AULAS CON PETOS CHEOS DE COUSAS, MESMO LEVAN PETOS CON CONTOS,

A ÁRBORE DO COLE
TAL COMO DICIAMOS NUNHA ENTRADA ANTERIOR, NO COLE A CICLOXÉNESE FIXO QUE PERDERAMOS UNHA ÁRBORE.
NAS AULAS TRABALLAMOS COA NOTICIA. FIXEMOS ACTIVIDADES PREVIAS, ACTIVIDADES NO DECURSO E ACTIVIDADES POSTERIORES Á NOTICIA.
TAMÉN ELABORAMOS REPORTAXES E REELABORAMOS NOVAS
NAS AULAS TRABALLAMOS COA NOTICIA. FIXEMOS ACTIVIDADES PREVIAS, ACTIVIDADES NO DECURSO E ACTIVIDADES POSTERIORES Á NOTICIA.
Noticia cole from xianadecide
TAMÉN ELABORAMOS REPORTAXES E REELABORAMOS NOVAS
8/2/14
QUMAIRA OBRIGA Á TALA DUNHA ÁRBORE NO COLEXIO
6/2/14
UNHAS DATAS PARA REINVIDICAR: 8 DE MARZO
NESTAS DATAS O CENTRO TRABALLA CO ALUMNADO AO REDOR DA IGUALDADE.
ESTE CURSO TRABALLAREMOS ENCOL DAS DIFERENTES PROFESIÓNS E DAS MULLERES QUE AO LONGO DA HISTORIA LOITARON POR CHEGAR SER O QUE DESEXABAN.
DÚAS BIOGRAFÍAS AXUDARÁN NAS PRIMEIRAS REFLEXIÓNS: A BIOGRAFÍA DE AGNÓDICE E A DE MARÍA MITCHELL...
AS CLASES CONTRIBUIRÁN COAS SÚAS INVESTIGACIÓNS NUNHA EXPOSICIÓN CON MULLERES IMPORTANTES AO LONGO DA HISTORIA EN DIFERENTES ÁMBITOS:
"SE EU FOSE..."

3/2/14
E LAMPI AXUDA A COCIÑAR CONTOS E A COCIÑAR NOS CONTOS
UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS COA TEMÁTICA A TRABALLAR ESTÁ COLOCADA NA BIBLIOTECA.
LAMPI CONVIDOU AO ALUMNADO A VISITALA REMITÍNDOLLE UNHA CARTIÑA.
LAMPI CONVIDOU AO ALUMNADO A VISITALA REMITÍNDOLLE UNHA CARTIÑA.
NA BIBLIOTECA COMEZAN AS XUNTANZAS COAS AUTORÍAS DOS LIBROS
NESTES DÍAS DERON COMEZO NA BIBLIOTECA AS REUNIÓNS QUE DURANTE ESTE TRIMESTRE TERÁN LUGAR.
SON AS AUTORAS E OS AUTORES DOS LIBROS QUE SE ESTÁN A LER NAS DIFERENTES CLASES.
HOXE FORON 2º E 6º QUE SE REUNIRON CON RICARDO GÓMEZ.
NO BLOG DA BIBLIOTECA E NOS DOS NIVEIS TAMÉN TENDES INFORMACIÓN.
SON AS AUTORAS E OS AUTORES DOS LIBROS QUE SE ESTÁN A LER NAS DIFERENTES CLASES.
HOXE FORON 2º E 6º QUE SE REUNIRON CON RICARDO GÓMEZ.
NO BLOG DA BIBLIOTECA E NOS DOS NIVEIS TAMÉN TENDES INFORMACIÓN.
OS CONTOS CLÁSICOS INUNDAN AS CLASES
DESPOIS QUE NO PRIMEIRO TRIMESTRE TRABALLARAMOS SOBRE AS COMIDAS E LERAMOS ALGÚN QUE OUTRO CONTO CLÁSICO...
NESTAS SEMANAS IMOS "COCIÑAR CONTOS", IMOS "VER QUE COMEN NOS CONTOS" E IMOS ENCHER AS CLASES CON PERSONAXES DE CONTO.
PERO ANTES VEREMOS QUE SABEMOS DOS CONTOS E OS SEUS PERSONAXES E FAREMOS BARALLAS PARA INVENTAR HISTORIAS
E DESPOIS...
NESTAS SEMANAS IMOS "COCIÑAR CONTOS", IMOS "VER QUE COMEN NOS CONTOS" E IMOS ENCHER AS CLASES CON PERSONAXES DE CONTO.
- QUE CONTOS COÑECEMOS?
- QUE PERSONAXES NOS GUSTAN?
- CÓMESE NOS CONTOS?
PERO ANTES VEREMOS QUE SABEMOS DOS CONTOS E OS SEUS PERSONAXES E FAREMOS BARALLAS PARA INVENTAR HISTORIAS
E DESPOIS...
COCIÑAREMOS UN ENORME CONTO ENTRE TODAS AS CLASES... UN CONTO CON MOITA COMIDA E PROTAGONIZADO POR PERSONAXES CLÁSICOS DE CONTO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)