BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

30/1/20

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NO CENTRO

COMO VOS VIMOS DICINDO, CELEBRAMOS ESTE ANO A PAZ AO REDOR DA TEMÁTICA ESCOITAR.





ESCOITAMOS Á TERRA E PARA SIMBOLIZALO  LEVAMOS O VELEIRO QUE FIXEMOS CADAQUÉN, CANTAMOS, SIGNAMOS E BAILAMOS NO PATIO "O VELEIRO VERDE".






NÓS REINVIDICAMOS A PAZ E PEDINDO UNHA PAZ VERDE, CON COIDADO DO MEDIO.
ALGUNHAS FOTOS SON AS QUE POÑEMOS A CONTINUACIÓN CON COMENTARIO

O ALUMNADO BAIXA AO PATIO COS SEUS VELEIROS E COLÓCASE EN RODA

1. O ALUMNADO DE 6º PRESENTOU O EVENTO XUNTO CON LOLA

2. O ALUMNADO DE 3º LEU UN POEMA RELACIONADO

3. TODO O COLEXIO BAILOU, CANTOU E SIGNOU A CANCIÓN COS SEUS BARQUIÑOS VERDES

4. O PROFESORADO EN PRÁCTICAS, EXLUMNAS E EXALUMNOS DO COLEXIO, LERON UN MANIFESTO MOI EMOTIVO

5. DE NOVO A CANCIÓN (CANTADA, BAILADA E SIGNADA)

6. O ALUMNADO DE 1º LE ALGÚNS DOS DESEXOS DO CORAZÓN VERDE QUE ELABORAMOS ESTE CURSO AO INICIO DO TRIMESTRE

7. O ALUMNADO DE 4º LE O MANIFESTO  POLO PLANETA QUE ELABOROU

8. AROA, DE 6º LE O SEU POEMA POLA PAZ

9. REMATAMOS O ACTO CANTANDO, BAILANDO E SIGNANDO O VELEIRO VERDE.






28/1/20

HOXE O CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º TIVO A PRIMEIRA XUNTANZA DE 2020

O CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º XUNTOUSE NA BIBLIOTECA PARA FALAR DO LIBRO "SUPERPODERES".
LAMPI AGASALLOU AO ALUMNADO CUN DETALLIÑO.


MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA.

ALGÚN DOS PROXECTOS FAI MEDRAR O ESPAZO QR

SEGUEN AS INVESTIGACIÓNS NOS DIFERENTES PROXECTOS, INVESTIGACIÓNS QUE APARECEN EN FORMATOS VARIADOS.
ESTA SEMANA MANUEL DE 5º DE E. INFANTIL DELEITOUNOS CON
QUE ATOPAREDES EN BREVE NO ESPAZO QR DO CENTRO.
SE QUEREDES SABER MÁIS ACCEDE AOS BLOGS DE NIVEL.

23/1/20

SAÍDA EDUCATIVA Á CORUÑA

O ALUMNADO DE 5º HOXE REALIZA UNHA SAÍDA EDUCATIVA.
TEREDES MÁIS INFORMACIÓN NO SEU BLOG.

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA VILAVERDE

O PERSOAL ADULTO DO COLEXIO REUNIUSE ESTE MARTES POLA TARDE PARA TER A PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DESTE ANO.


ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA


14/1/20

ESCOITAR DE DIFERENTES MANEIRAS

O NOSO PLANETA TAMÉN PRECISA QUE O ESCOITEN.
NON ESTÁ BEN E MÁNDANNOS MÚLTIPLES SINAIS.
Resultado de imagen de PLANETA EN PELIGRO
IMOS CELEBRAR A PAZ PENSANDO NA TERRA.
PERO TAMÉN...
APRENDEREMOS A ESCOITAR E A COMUNICARNOS PARA RESOLVER CONFLITOS E CREAREMOS OS RECANTOS DE "ESCOITA-FALA" NAS AULAS.

13/1/20

A NOSA ÁRBORE DOS DESEXOS

REMATAMOS DE ESCRIBIR OS NOSOS DESEXOS PARA O 2020 E TAL COMO VOS DIXERAMOS PUXÉMOLOS NA ÁRBORE:


12/1/20

NO HORTO ESCOLAR



HOXE, COMO ESTÁ BO TEMPO O ALUMNADO REALIZA AS PLANTACIÓNS NO HORTO ESCOLAR.
O ALUMNADO DE 6º E 5º GUÍA AO ALUMNADO MÁIS PEQUENO NO TRABALLO.
PLÁNTANSE COLES, CEBOLAS, TIRABEQUES, COLES DE BRUXELAS, LEITUGAS,...


O LUNS SE O TEMPO E SEGUE PERMITINDO, SEGGUIRÁN PLANTANDO MÁIS CLASES.

E LAMPI TAMÉN ESCRIBE

AS MASCOTAS DO CENTRO VEÑEN CON MOITAS GANAS DE ESCRIBIR.
LAMPI TAMÉN NOS REMITE UNHA CARTA NUNS SOBRES PRECIOSOS: ESTÁ MOI PREOCUPADO POLA COMUNICACIÓN E O DIÁLOGO.

SABE QUE A ESCOITA É FUNDAMENTAL EN CALQUERA DIÁLOGO, FUNDAMENTAL PARA RESOLVER CONFLITOS, FUNDAMENTAL PARA CONSEGUIR A PAZ.
PROPONNOS APRENDER A ESCOITAR.


ASÍ QUE IMOS TRABALLAR AO REDOR DA ESCOITA...

11/1/20

E VAN XURDINDO NOVOS PROXECTOS XUNTO A OUTROS QUE EVOLUCIONAN

XA XORDEN NOVOS PROXECTOS NO TRIMESTRE, ASÍ VAN EXEMPLOS:

INÍCIASE UN SOBRE ...


OUTRO SOBRE PLANTAS CARNÍVORAS


AS E OS MAIORES INVESTIGAN SOBRE O UNIVERSO


8/1/20

COMEZAMOS EN 2020 FORMULANDO DESEXOS

VILAVERDIÑO ACABA DE DEIXAR NAS AULAS UNHA CARTA E UNS CORAZÓNS VERDES.
VERDES?
SI...
QUERE QUE ESCRIBAMOS OS NOSO DESEXOS PARA O 2020.
IMOS ALÓ!
Resultado de imagen de ÁRBOL DE CORAZONES