BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

20/12/13

IMOS DESCANSAR... VÉMONOS NO 2014

DESPOIS DE TANTA ACTIVIDADE... PRECISAMOS VACACIÓNS!
VÉMONOS NO 2014. NEL AGÁRDANNOS MÁIS PROXECTOS E TAREFAS.
  

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE DE 2013... VAIA LUPANDA!

POLA MAÑÁ NAS AULAS ESTIVEMOS RECOLLENDO MATERIAIS, PREPARANDO COUSIÑAS PARA DESPOIS,...
ACOMODAMOS AS AULAS PARA FACER DESPOIS A CHOCOLATADA, REMATAMOS ALGUNHA COUSIÑA PENDENTE...
MENTRES...
CHEGABAN AS ROSCAS
A ANPA PREPARABA AS POTAS...

INFANTIL DE TRES ANOS CANTA AO RESTO DAS AULAS DE INFANTIL

VISITÁBANOS PAPÁ NOEL
 FACÍASE O CHOCOLATE...
REPARTÍASE...
DABAMOS BOA CONTA DE TODO...




19/12/13

E MAÑÁ... CHOCOLATADA!

MAÑÁ IMOS TER, COMO TODOS OS ANOS, UNHA CHOCOLATADA.
SERÁ UN DÍA ESTUPENDO PARA DESPEDIR O TRIMESTRE.
AS MAIORES E OS MAIORES ENCARGARANSE XUNTO COA ANPA DO REPARTO...
ADEMAIS SEGURO QUE NOS VISITA ALGUÉN ESPECIAL

XA VOS CONTAREMOS!

E OS PROXECTOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE TOCAN AO SEU FIN

REMATAN PROXECTOS SOBRE AS PLANTAS, O CORPO HUMANO, ASIA, TARXETAS DE NADAL, MASCOTAS, CONTOS, PAÍS VASCO,...
ESTES PROXECTOS REMATAN CON ACTIVIDADES ESPECIAIS QUE INVOLUCRAN A OUTRAS CLASES E MESMO A PERSOAS ALLEAS AO CENTRO.
UNHA MOSTRA PEQUENA TÉMOLA AQUÍ
INFANTIL DE CINCO ANOS DANDO UNHA CONFERENCIA

E RECIBINDO AXUDA DE 5º PARA TER CONCIENCIA DA MEDIDA DE PUPI, A MASCOTA DO MUSEO Guggenheim DE BILBAO

3º E INFANTIL RECIBINDO AO CARTEIRO PARA RECOLLER AS SÚAS TARXETAS


4º AXUDANDO A INFANTIL DE CATRO A REMATAR AS FELICITACIÓNS ESPECIAIS RELACIONADAS CON CONTOS



SE QUEREDES SABER MÁIS VISITADE OS BLOGS

17/12/13

E TAMÉN UNHA TARXETA DO COLE PARA A COMUNIDADE ESCOLAR

O TRABALLO AO REDOR DAS TARXETAS NO COLE ESTÁ TOCANDO O SEU FIN:
- HOUBO PROXECTOS SOBRE AS TARXETAS
- ELABORACIÓN DE TARXETAS CON ESTRATEXIAS VARIAS E CON VARIADAS IDEAS E PERSONAXES



- INTERCAMBIO DE TARXETAS ENTRE AULAS
- INTERCAMBIO DE TARXETAS COAS FAMILIAS
- CHARLAS CO CARTEIRO PARA VER COMO FAN PARA QUE CHEGUEN AS TARXETAS
- CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
- CREACIÓN DE MENSAXES NAVIDEÑOS
- RECEPCIÓN DE TARXETAS DAS MASCOTAS, AS MASCOTAS TEÑEN UNHA COLECCIÓN DE TARXETAS QUE RECOLLEN OBRAS DE ALUMNADO DE BELAS ARTES E FIXÉRONAS CHEGAR ÁS CLASES.

- LECTURAS DE LIBROS SOBRE TARXETAS
  - ...
E... CLARO... NON PODÍA FALTAR A TARXETA DO COLEXIO!
UNHA TARXETA QUE, COMO HAI ANOS, É CREADA COS DEBUXOS DO ALUMNADO DO CENTRO. ESTE ANO A MENSAXE FOI ELABORADA POLO ALUMNADO DE 6º.

14/12/13

POUCO A POUCO AS FESTAS DE INVERNO ESTÁN A CHEGAR

DESPOIS DE TRABALLAR COAS TARXETAS PARA FELICITAR AS FESTAS, É BO QUE COÑEZAMOS AS TRADICIÓNS GALEGAS PARA ESTAS DATAS. AÍ VAN ALGUNHAS COAS QUE COMEZAR, DATOS QUE SE COMPLETARÁN NAS AULAS DURANTE ESTES DÍAS:


TAMÉN PODEDES ATOPAR PRATOS TÍPICOS DA DATA E VARIAS PRESENTACIÓNS SOBRE O NADAL NESTES ENLACES:1 2
ADEMAIS, NAS CLASES DE INGLÉS, O ALUMNADO TAMÉN ESTIVO A INVESTIGAR SOBRE TRADICIÓNS

12/12/13

NORABOA Á PREMIADA E AOS PREMIADOS

HAI UNS DÍAS QUE VOS CONTARAMOS QUE TRABALLABAMOS AO REDOR DO DEREITO Á SAÚDE E QUE NOS PRESENTARAMOS A UN CONCURSO...
POIS BEN, TIVEMOS UNHA PREMIADA E DOUS PREMIADOS NO CONCURSO DA FUNDACIÓN MENIÑOS:
  • EN DEBUXO: LUCÍA (E. INFANTIL DE 4 ANOS) E DIEGO (1º DE E. PRIMARIA)
  • EN RELATO: MARTÍN (3º DE E. PRIMARIA)
MIRADE AS FOTOS DO EVENTO NA CASA DAS CAMPÁS


2/12/13

PASAMOS DOS TEXTOS INSTRUTIVOS ÁS TARXETAS

NESTES DÍAS COMEZAMOS NOVAS PROPOSTAS DE TRABALLO, UNHA DELAS XIRA AO REDOR DAS TARXETAS POSTAIS.

HAI CLASES QUE ESTÁN DESENVOLVENDO PROXECTOS RELACIONADOS COAS TARXETAS DE NADAL E OUTRAS REALIZAN PROPOSTAS MULTINIVEL RELACIONADAS COAS TARXETAS.

XA VOS IREMOS POÑENDO FOTOS E COMENTARIOS NOS BLOG DE NIVEL

MENTRES SE QUEREDES FACER TARXETAS PERSONALIZADAS PODES CLICAR AQUÍ, OU AQUÍ