BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

18/3/24

XOGOS DE MESA NA BIBLIOTECA

Comezamos a semana con xogos de mesa na biblioteca e neste caso tocou aprender a xogar ao "xedrez" e á "oca". Pouco a pouco iremos engadindo novos desafíos aos pequechos. Que tocará o próximo día?

17/3/24

PROGRAMA XOGADE

O CEIP VILAVERDE ESTÁ A PARTICIPAR NO PROGRAMA XOGADE. O MESTRE VÍCTOR DE EDUCACIÓN FÍSICA ANIMOUNOS A PARTICIPAR DENDE PRINCIPIO DE CURSO E A VERDADE É QUE NON NOS ARREPENTIMOS.  

AS CLASES DO CENTRO XA LEVAN PRACTICADO MOITOS DEPORTES E XOGOS: ATLETISMO, CROSS, MULTIXOGO, NATACIÓN.... E UNHA CHEA DE MODALIDADES MÁIS!

UN DOS ASPECTOS MÁIS POSITIVOS DE PARTICIPAR NESTE PROGRAMA É COMPARTIR XOGOS E ESPAZO CON OUTROS COLEXIOS. COÑECEMOS NOVOS DEPORTES, APRENDEMOS A CONVIVIR E A FACER NOVAS AMIZADES.

 


 
 
👟🎾⚽🏓🏑🏏

 

 



8M

NO CEIP VILAVERDE CONMEMORAMOS DÚAS DATAS ESPECIAIS, O 8M E O DÍA DA NENA E MULLER NA CIENCIA, CUNHA ACTIVIDADE VERTICAL CHEA DE EXPERIMENTOS!

AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO COAS APORTACIÓNS DE TODAS AS CLASES:



XA TEMOS LISTO O BOSQUE POÉTICO DE ROSALÍA 🌹

ASÍ QUEDOU O BOSQUE POÉTICO COS VERSOS DO POEMA ELIXIDO DE ROSALÍA DE CASTRO

AS CLASES TRABALLARON O POEMA, LOGO ESCRIBIRON OS VERSOS E DECORARON ÁS PÓLAS DAS ÁRBORES. CADA CLASE DEULLE O SEU TOQUE ESPECIAL, MIRADE CANTAS FLORES E DESEÑOS DISTINTOS.


DEIXAMOS AQUÍ O POEMA MUSICALIZADO, DESFRUTÁDEO!


 🌹🌸🌷🌻🌺🌼



TROCA DE LIBROS 2024

ESTE ANO O CEIP VILAVERDE VOLVEU PARTICIPAR NA TROCA DE LIBROS

AGRADECER A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POR FACER POSIBLE ESTA ACTIVIDADE. GRAZAS AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS POR COLABORAR COS LIBROS, AO PROFESORADO POLA CATALOGACIÓN E COLOCACIÓN, Á ANPA POR AXUDAR NESTE DÍA TAN ESPECIAL E A TODAS AS PERSOAS QUE VOS ACHEGASTES EN BUSCA DE NOVAS AVENTURAS QUE LER!

CON GANAS DE MÁIS PARA A PRÓXIMA EDICIÓN! 










 

 📘💫

 

ORBIL NO VILAVERDE E VISITAS AO SALÓN DO LIBRO 2024

PARA DAR COMEZO AO SALÓN DO LIBRO 2024, O ALUMNADO DO VILAVERDE RECIBIU A VISITA DE ORBIL. 

ORBIL VEU MOI ELEGANTE VESTIDO DE MAGO E FIXO ALGUNHA QUE OUTRA TRASNADA COS LIBROS DA BIBLIOTECA, QUERÍA PAPAR TODOS!  A VERDADE E QUE É NORMAL.... OS LIBROS SON DO MELLORCIÑO QUE HAI, SENTAN XENIAL AO CORPO!


A ESTA VISITA TAN MÁXICA SEGUÍRONLLE VARIAS SAÍDAS DO ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, 2º E 4º DE PRIMARIA. DESFRUTARON DUN ROTEIRO POLO SALÓN, DE SESIÓNS DE CONTACONTOS E OBRADOIROS.






VIVA A MAXIA DOS LIBROS!