BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

21/12/17

REMATAMOS O TRIMESTRE

REMATAMOS TRIMESTRE E ANO.
EMPREGAMOS UNHA FRASE DA ESCRITORA PROTAGONISTA DO 2018, MARÍA VICTORIA MORENO:
"As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos"


OGALLÁ QUE O 2018 NOS DEPARE OS MELLORES PROXECTOS.

E A NOSA POSTAL DO COLE COS DESEÑOS DO ALUMNADO


DESPEDÍMONOS ATA XANEIRO CUNHA CHOCOLATADA

UN ANO MÁIS A CHOCOLATADA E A ROSCA SERVEN PARA DESPEDIRNOS E DESEXARNOS FELIZ 2018.

MAMÁS E PAPÁS DA ANPA PREPARAN A CHOCOLATADA E CORTAN AS ROSCAS.
O APALPADOR REPÓN FORZAS DESPOIS DA LONGA VIAXE E PREPÁRASE PARA VISITAR ÁS NENAS E AOS NENOS

O CORO DO COLEXIO ENSAIA, ACOMPAÑARÁ AO APALPADOR E O SEU SÉQUITO ÁS AULAS.
O ALUMNADO DE SEXTO AXUDA A REPARTIR CHOCALATE E ROSCA, FANNO FANTASTICAMENTE BEN.
E O RESTO... A COMER!!
https://photos.app.goo.gl/byPln45o1C9FKkoH3
 
O ALUMNADO DE INFANTIL GOZA DA CHOCOLATADA E DA VISITA DO APALPADOR

https://photos.app.goo.gl/byPln45o1C9FKkoH3
O ALUMNADO DE 1º E 2º TOMAN O SEU CHOCOLATE CON ROSCA E RECIBEN UN ANO MÁIS AO APALPADOR QUE LLES TRAE UN AGASALLO

https://photos.app.goo.gl/byPln45o1C9FKkoH3
O ALUMNADO DE 3º, 4º , 5º E 6º TAMÉN DEGUSTAN CHOCOLATADA E RECIBEN AO APALPADOR.
https://photos.app.goo.gl/byPln45o1C9FKkoH3

MÁIS FOTOS NOS BLOGS DE CADA CLASE

30/11/17

ROBOT RATÓN NAS AULAS

ESTES DÍAS AS AULAS RECIBIRON A VISITA DO ROBOT-RATO.
O ALUMNADO EXPERIMENTA PROGRAMANDO PERCORRIDOS DIVERSOS.
A ELABORACIÓN DE CIRCUITOS QUE PERMITE É VARIADA. É O PRIMEIRO PASO PARA UN PEQUENO OBRADOIRO DE ROBÓTICA.
TRÁTASE DUNHA INTRODUCIÓN AO STEM E ÁS TAREFAS DE PROGRAMACIÓN.



Resultado de imagen de ROBOT EN EL AULA RATÓN
ADEMAIS TRABALLARASE PROGRAMACIÓN CON ESTA APLICACIÓN PARA FACER PROGRAMACIÓNS SINXELAS NO ORDENADOR.

 TODO UN RETO PARA APRENDER A ORGANIZARSE NO ESPAZO E ASENTAR LATERALIDADE!

28/11/17

PROXECTOS NOVOS PARA REMATAR O TRIMESTRE

NESTES DÍAS PROXECTOS NOVOS APARECEN NAS AULAS DO COLEXIO:

- O MUNDO ANIMAL
- A REPRESENTACIÓN DA TERRA
- OS ALIMENTOS E ALIMENTACIÓN
- O CAMIÑO Á ESCOLA
- ...
E ADEMAIS CONTINÚA O PROXECTO SOBRE AS TARXETAS.

27/11/17

AS TARXETAS PARA FELICITAR

UN CURSO MÁIS NO COLEXIO IMOS ELABORAR TARXETAS PARA FELICITAR NESTAS FESTAS.
O INICIO DO TRABALLO FOI A RECEPCIÓN NAS CLASES DUNHA TARXETA QUE NOS REMITÍU A MASCOTA DE AULA.
TRABALLAMOS SOBRE QUE É UNHA TARXETA, QUE IMAXES PODEN LEVAR, QUE TEXTOS PODEMOS ESCRIBIR.
ESTE ANO AS NOSAS TARXETAS TERÁN COMO IDEA COMÚN EN TODO O CENTRO "A TÉMPERA". SEGURO QUE VEREMOS CREACIÓNS MOI ORIXINAIS.

LAMPI, DENDE A BIBLIOTECA TAMÉN QUERE TARXETAS... QUE FARÁ CON ELAS?


24/11/17

LAZOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

HOXE, NO COLEXIO AMOSAMOS A NOSA REPULSA Á VIOLENCIA MACHISTA CON LAZOS:


BASTA XA!






22/11/17

BASTA XA! LOITANDO CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

O 25 DE NOVEMBRO É UN DÍA PARA VISIBILIZAR A LOITA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO, E INDA QUE LOITEMOS TODOS OS DÍAS CONTRA ESTA LACRA SOCIAL, DURANTE ESTA SEMANA REFLEXIONAREMOS SOBRE ISO NO COLEXIO.
- LEREMOS HISTORIAS E POEMAS
- COMENTAREMOS E DEBATEREMOS
- ELABORAREMOS LAZOS PARA VISIBILIZAR A NOSA REPULSA.


TEMOS MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DE VALORES