BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

31/10/17

A TAN AGARDADA FESTA DO MAGOSTO-SAMAÍN

 CELEBRAMOS A FESTA SAMAÍN-MAGOSTO DESPOIS DE ESTAR TRABALLANDO SOBRE ELA, TAL COMO VOS CONTAMOS NOUTRAS ENTRADAS ANTERIORES DO BLOG.
A FESTA TIVO DE TODO: CONCURSOS (DE SOMBREIROS E CABAZAS), DEGUSTACIÓNS  (DE SAMAÍN E MAGOSTO), ELABORACIÓN DE APÓCEMAS VARIADAS E RECITADO DE CONXUROS, OBRADOIROS (DE MAQUILLAXE E ALIMENTOS) , CANCIÓNS DE SAMAÍN, VISIONADO DE PELÍCULAS DA ÉPOCA,...

AQUÍ NESTE BLOG TENDES UN RESUMO DA FESTA... NON DIVERSOS BLOGS IRÁN APARECENDO MÁIS DETALLES.

NADA MÁIS ENTRAR XA VIMOS QUE ERA UN DÍA ESPECIAL:


E XA DENTRO DO COLEXIO COMEZAN OS PREPARATIVOS...

- ANTÍO LEVA A  SÚA BOLSA DE CASTAÑAS
- AMOSÉGANSE AS CASTAÑAS QUE VIÑERON SEN AMOSEGAR

- COLÓCANSE OS SOMBREIROS PARA PODER OBSERVALOS

- PACO PREPARA AS FOGUEIRAS PARA O ASADO
- LOLA E O ALUMNADO DE 6º COLOCAN A MEGAFONÍA.
FANSE AS RECEITAS DO SAMAÍN

 E DESPOIS DE TANTO PREPARATIVO. COMEZAN OS FESTEXOS:

1º SELECCIÓNANSE OS SOMBREIROS E PÓÑENSE AS BANDAS

2º COLÓCANSE OS DESEÑOS DE CABAZAS PARA A VOTACIÓN

3º PÓÑENSE AS APÓCEMAS NOS CALDEIROS E DINSE OS CONXUROS PARA QUE FAGAN EFECTO (EVITAR INCENDIOS, TRAER A CHOIVA, FACERNOS ALEGRES, CONVERTERNOS EN PERSOAS SENSATAS E RESPONSABLES,...)
https://photos.app.goo.gl/ZVh8D73a8jgtI9QY2
https://photos.app.goo.gl/MkPcv3RTMS6LBdY23

TAMÉN HAI CANTIGAS DE SAMAÍN:

4º MENTRES PACO E O ALUMNADO DE 6º ASAN AS CASTAÑAS
https://photos.app.goo.gl/BVJj8M9dcToSBXz73

5º DESFILAN AS CLASES PARA AMOSAR OS SOMBREIROS
https://photos.app.goo.gl/ZVh8D73a8jgtI9QY2

6º O ALUMNADO DE 6º FAI OBRADOIROS DE MAQUILLAXE
https://photos.app.goo.gl/Yn16EmfrxNscMJ123

7º SENTAMOS PARA DESCANSAR E COMER AS CASTAÑAS ASADAS SERVIDAS POLO ALUMNADO MAIOR.
https://photos.app.goo.gl/ZVh8D73a8jgtI9QY2


E POR ESTE ANO ACABOU... PERO... 
TEREMOS MÁIS O VINDEIRO CURSO!

28/10/17

E A SEMANA QUE VÉN... FESTA SAMAÍN-MAGOSTO

O VINDEIRO DÍA 31 TEREMOS...
FESTA!
CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO.
TEMOS MOITAS GANAS DE QUE CHEGUEN PORQUE LEVAMOS TODO O MES PREPARANDO TODO.
QUEREDES ACOMPAÑARNOS?

HABERÁ DESFILE DE SOMBREIROS, OBRADOIRO DE MAQUILLAXE, XOGOS DE OUTONO, ASADO E DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS...

26/10/17

E AGORA ELABORAMOS APÓCEMAS E CONXUROS

COMO ÍA HABER UN SAMAÍN SEN APÓCEMAS E CONXUROS?
Imagen relacionada

TODAS AS CLASES ESTÁN ELABORANDO APÓCEMAS MÁXICAS E/OU MEDICINAIS.
HAI APÓCEMAS DE ALEGRÍA, AMOR, ...
HAI APÓCEMAS MEDICINAIS
HAI APÓCEMAS MEIGAS
HAI APÓCEMAS CON BURBULLIÑAS
HAI APÓCEMAS QUE CAMBIAN DE COR...

24/10/17

LECTURAS DE MEDO NA BIBLIOTECA

COMEZARON AS LECTURAS DE MEDO NA BIBLIOTECA.

ALUMNADO DE 6º E PROFESORADO SON CONTADORAS E CONTADORES. SE QUEREDES MÁIS IMAXES E INFORMACIÓN PODEDES SEGUIR AS "CONTADAS" NO BLOG DA BIBLIO DE LAMPI








20/10/17

LAMPI E ANTÍO ALÍANSE PARA PREPARALO TODO

ANTÍO, POUCO A POUCO FOI DISFRAZÁNDOSE E RODEÁNDOSE DE ADORNOS RELACIONADOS CO SAMAÍN (O BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN AMOSA MÁIS IMAXES).


LAMPI, COA AXUDA DAS DIFERENTES CLASES, FOI DECORANDO A BIBLIOTECA PARA QUE ALÍ TEÑAN LUGAR AS "CONTADAS" DE CONTOS DE MEDO. NO BLOG DA BIBLIOTECA TENDES MÁIS INFORMACIÓN.


VISITARÉDELOS ESTA SEMANA?

9/10/17

INVESTIGAMOS SOBRE O SAMAÍN... E SEGUIMOS COS PROXECTOS

MENTRES ANTÍO FAI DAS SÚAS POLO COLEXIO... NÓS INVESTIGAMOS E TRABALLAMOS SOBRE O SAMAÍN.


ADEMAIS SEGUEN OS PROXECTOS NAS DIFERENTES CLASES:
- AS MASCOTAS
- MAMÍFEROS E O LEITE
- VIRUS, BACTERIAS E...
- PROFESIÓNS E OFICIOS
- AS FAMILIAS E AS CASAS
- OS SERES VIVOS
- OS ECOSISTEMAS
- O UNIVERSO
...

2/10/17

ANTÍO CHEGOU

CHEGOU O OUTONO E A  MASCOTA ANTÍO VÉN DENDE O SOUTO DE MASCOTILANDIA A VISITARNOS. SEGURO QUE ARGALLA ALGO PARA CONSEGUIR CASTAÑAS.
VÍMOLO POLA BIBLIOTECA PECHANDO SOBRES E SOBRES...



QUE DIRÁ NA SÚA CARTA?


1/10/17

PRIMEIRAS XUNTANZAS COAS FAMILIAS

NESTES MARTES ESTAMOS A TER AS XUNTANZAS DE NIVEL COAS FAMILIAS.

FÁLASE DE:
- ASPECTOS XERAIS DE CENTRO
- NORMAS
- AUTONOMÍA
- APRENDIZAXES DO CURSO
- FÓRMULAS DE AVALIACIÓN
- METODOLOXÍA E MATERIAL
-...

Resultado de imagen de REUNIÓN FAMILIA-ESCUELA DIBUJO

UNS FOLLETIÑOS RECOLLEN MOITAS SUXESTIÓNS E INFORMACIÓNS., REPÁRTENSE AO FINAL DA XUNTANZA.