BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

28/5/19

RECEPCIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE E. INFANTIL DO VINDEIRO CURSO

ESTE MARTES COMEZA A 1ª FASE DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN NO CENTRO COA RECEPCIÓN DAS FAMILIAS DO QUE SERÁ ALUMNADO DE 4º DE E. INFANTIL O VINDEIRO CURSO.



A CONTINUACIÓN, EN XUÑO, O FUTURO ALUMNADO PODERÁ VISITAR O CENTRO, AS AULAS, O PATIO,... PARA TER O PRIMEIRO CONTACTO COS ESPAZOS NOS QUE SE MOVERÁ NO CURSO 2019/2020.

BENVIDAS E BENVIDOS!

NOVA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA VILAVERDE

HOXE REUNIUSE O CLUB NUNHA NOVA DEPENDENCIA DA BIBLIOTECA.
COMENTOUSE O LIBRO XUNTO COA AUTORA E SINALOUSE NOVA LECTURA CARA Á III XUNTANZA DO CLUB.. PODEDEMÁIS INFORMACIÓN E FOTOS NO BLOG DA BIBLIOTECA


A VINDEIRA SEMANA TAMÉN TERÁN LUGAR AS XUNTANZAS DOS CLUB DE LECTURA DO ALUMNADO, PODEDES VER A NOVA NO BLOG DA BIBLIOTECA.

25/5/19

NOVA EDICIÓN DO CROSS: A Nº XXV

Hoxe sábado 25 de maio tivo lugar unha nova edición do CROSS no centro.
Velaquí unhas fotos do evento.
https://photos.app.goo.gl/nrDkDHy93K2n6CuU7


Poden verse máis fotos clicando a continuación:

  Aquí tendes a nova no xornal:

16/5/19

E... CONCERTO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS TIVEMOS UN CONCERTO
O GRUPO "PÉS DE LÁ" PRESENTOUNOS CANCIÓNS NOVAS.
ALUMNADO E PROFESORADO COREOGRAFIARON CADA CANCIÓN GRAZAS AOS INESTIMABLES ENSAIOS DE LOLA
.
https://photos.app.goo.gl/oQN8r3nvwcAucfv59

15/5/19

XXVII CERTAME DE POESÍA DO CEIP VILAVERDE

HOXE, COMO PODEDES VER NO BLOG DE DINAMIZACIÓN,  COMEZARON AS LECTURAS DAS POESÍAS PREMIADAS NO XXVII CERTAME DE POESÍA.

O ALUMNADO DE INFANTIL RECITA OS POEMAS NO PATIO E RECIBE  UN  AGASALLO PARA A CLASE.


O ALUMNADO DE PRIMARIA LE OS SEUS POEMAS PRIMEIRAMENTE  PARA AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE NIVEL.
DESPOIS LERÁN NO ESCENARIO DO PATIO E RECIBIRÁN OS AGASALLOS:





AS LECTURAS REMATAN COA ACTUACIÓN DO COMBO DO COLEXIO.





10/5/19

TRABALLAMOS SOBRE ANTONIO FRAGUAS. LETRAS GALEGAS

VILAVERDIÑO REMITÍU UNHA CARTA ÁS CLASES PARA FALAR DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. PÍDELLE AO ALUMNADO QUE REALICE ACTIVIDADES COA BIOGRAFÍA DO HOMENAXEADO ESTE ANO.
DENDE A BIBLIOTECA E O EQUIPO DE TICS ACHEGAN UNHA ACTIVIDADE CON ROBOTS


AS NENAS E OS NENOS VAN IMITAR A ANTÓN FRAGUAS E FACER UNHA RECOLLEITA ETNOGRÁFICA E ANTROPOLÓXICA COA AXUDA DAS FAMILIAS. 
ELABORARÁN UNHA FICHA SOBRE A RECOLLEITA E PRESENTARÁN NA AULA O ACHÁDEGO.
FINALMENTE NO CENTRO FARASE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA CON TODO O ACHADO.

8/5/19

INICIAMOS O NOSO HORTO ESCOLAR

TEMOS UN HORTO PEQUENIÑO NO PATIO.
PACO AXUDOUNOS A POÑER E PREPARAR AS VEIGUIÑAS.

AGORA IMOS COMEZAR A PLANTAR.



XA VOS IREMOS COMENTANDO COMO EVOLUCIONA TODO.


O NOSO HORTO TERÁ UN NOME... IGUAL SE RELACIONA COA PALABRA GAÑADORA DESTE CURSO... ADIVIÑADES?