BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

22/12/22

FELICES FESTAS E BO ANO 2023

 REMATAMOS AS CLASES NESTE TRIMESTRE FELICITANDO AS FESTAS COA NOSA TARXETA DE NADAL, TARXETA QUE, COMO TODOS OS ANOS, FOI ELABORADA COAS ACHEGAS DO ALUMNADO.


DESEXAMOS A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR FELIZ ANO 2023.

A NOSA ÁRBORE DE DESEXOS PARA O ANO QUEDOU ASÍ:


 



 

CHOCOLATADA PARA FINALIZAR O TRIMESTRE E O ANO

 HOXE CHOCOLATADA E ROSCA ADEMAIS DA VISITA DO APALPADOR.

O ALUMNADO CHEGA AO CENTRO PREPARADO PARA GOZAR DUN DÍA ESPECIAL.

FAMILIAS E PROFESORADO CORTAN AS ROSCAS E DISPÓÑENSE A PREPARAR A CHOCOLATADA




 


 

O ALUMNADO DE 6º, COMO É TRADICIONAL, PREPÁRASE PARA AXUDAR


NAS AULAS TEÑEN LUGAR BAILES, XOGOS, VISIONADO DE VÍDEOS... MENTRES AGARDAN A QUE SE FAGA O CHOCOLATE.




O PRIMEIRO ALUMNADO QUE VAI TOMAR O CHOCOLATE E RECIBIR A VISITA DO APALPADOR É O PEQUENIÑO. O APALPADOR CHEGA ACOMPAÑADO DO NOSO INAGUALABLE CORO DIRIXIDO POR LOLA.


A CONTINUACIÓN TÓCALLE AO ALUMNADO MAIOR E AO DO CORO REPOÑER FORZAS PARA SEGUIR REPARTINDO E CANTANDO.



E POR ÚLTIMO, O ALUMNADO DE 1º, 2º, 3º, 4º E 5º.

 


 

ATA O VINDEIRO ANO!!

 

 






19/12/22

XA CHEGOU O APALPADOR

 O APALPADOR XA CHEGOU AO COLE, DESTA VEZ VÉN, ADEMAIS DO SEU CONSABIDO SACO, CUNHA VAQUIÑA.



16/12/22

VISITA DE MARTA CABALEIRO

 MARTA CABALEIRO, A PINTORA CUXA OBRA NOS SERVIU DE BASE PARA AS TARXETAS DE NADAL DES ANO, VISITOUNOS HOXE.

XA TIÑAMOS PREPARADA A RECEPCIÓN CUNHA PEQUENA EXPOSICIÓN NA ENTRADA


 




O ALUMNADO PUIDO GOZAR DA SÚA OBRA E COLABORAR NUN CADRO.






MOITAS GRAZAS MARTA!


15/12/22

CHEGAN AS FESTAS DE INVERNO

 XA VOS DICIAMOS NA ANTERIOR ENTRADA QUE O FESTEXO DE INVERNO VAI CHEGANDO AO CENTRO.

LAMPI DEIXOUNOS LIBROS SOBRE A ÉPOCA POR TODA A ENTRADA.





14/12/22

A ÁRBORE DOS DESEXOS 2023


NAS CLASES ANDAMOS A ELABORAR A PARTE QUE NOS CORRESPONDE DA ÁRBORE DOS DESEXOS.
NUNS DÍAS VEREMOS O RESULTADO FINAL.
POLO DE AGORA DEIXÁMOSVOS COA PROPOSTA...


 

VAI VINDO O NADAL

 NO COLEXIO XA SE NOTA QUE O NADAL VAI CHEGANDO.

LAMPI FOI COLOCANDO LIBROS RELACIONADOS CON ESTE TEMPO, APARECEU UNHA CHEMINEA NA ENTRADA E AS TARXETAS DE NADAL XA CASE ESTÁN ELABORADAS.



XA VOS IREMOS POÑENDO AO TANTO DE TODO, POLO DE AGORA TEMOS PROXECTOS QUE IMOS REMATANDO: O CORPO, OS VEXETAIS, A HISTORIA, OS ECOSISTEMAS, OS ANIMAIS,... E OUTROS PROXECTOS QUE COMPLETAMOS CON OBSERVACIÓNS NO LABORATORIO.

13/12/22

TEMOS ELABORADAS AS TARXETAS

 SEGUINDO A TÉCNICA DA PINTORA GALAEGA MARTA CABALEIRO ESTIVEMOS DESEÑANDO EN TODAS AS CLASES AS TARXETAS DE NADAL TAL COMO VOS CONTARAMOS NOUTRA ENTRADA.

QUEDARON MOI BONITAS. PODEREDES VELAS NOS BLOG DE NIVEL.

AQUÍ POÑEMOS UNHA ESCOLMA DOS DIFERENTES CICLOS E ETAPAS.



AS NOSAS CARTAS ÁS E AOS MAIORES

LAMPI ESCRIBIUNOS PARA QUE NOS SUMEMOS Á CAMPAÑA DE MANDAR CARTAS ÁS E AOS MAIORES DA RESIDENCIA...

E NÓS ALÁ NOS PUXEMOS!

TEMOS UNHA CAIXA DE CORREOS MOI ACAÍDA NA QUE IMOS METER AS NOSAS MENSAXES, MENSAXES QUE ESTAMOS A ESCRIBIR  CON TODA A NOSA EMOCIÓN E AFECTO.

 



 


5/12/22

E COMEZAMOS CO DESEÑO DAS TARXETAS DE NADAL

- ESTE ANO O ALUMNADO FARÁ AS SÚAS TARXETAS DE NADAL IMITANDO A TÉCNICA PICTÓRICA DE MARTA CABALEIRO.






MARTA CABALEIRO É UNHA PINTORA GALEGA NACIDA EN PORRIÑO. PINTA CADROS CON MOITA COR E EN ESTILO PUNTILLISTA.

- CANDO XA O DESEÑO ESTEA FEITO, O ALUMNADO ESCRIBIRÁ FERMOSAS MENSAXES...

AMOSARÉMOSVOS ALGÚN RESULTADO.


25/11/22

ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO PATIO

 HOXE, 25 DE NOVEMBRO, PROFESORADO E ALUMNADO MANIFESTAN O SEU REXEITAMENTO Á VIOLENCIA DE XÉNERO:

1. O ALUMNADO PEQUENO LE AS PALABRAS QUE COMPOÑEN O "ATRAPAPALABRAS" QUE ELABORARON.

2. O ALUMNADO MAIOR LE AS PALABRAS DO SEU ROSCO "NON PASES PALABRA"


3. TODO O ALUMNADO UNIDO INTERPRETA A CANCIÓN "LA PUERTA VIOLETA" DE ROZALÉN.



21/11/22

25N, CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

 AO LONGO DESTA SEMANA TRABALLARASE CO ALUMNADO NA SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E A IGUALDADE.





PARTINDO DE CONTOS, REFLEXIONARASE  SOBRE QUE É A VIOLENCIA DE XÉNERO, COMO SE MANIFESTA E COMO LOITAR CONTRA A VIOLENCIA. 

RECOLLERANSE VERBAS E TRABALLARASE UNHA CANCIÓN RELACIONADA CO TEMA.


DENDE A BIBLIOTECA E O BLOG DE VALORES HAI PROPOSTAS LECTORAS RELACIONADAS COA TEMÁTICA.

TAMÉN TEMOS UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS... ANIMÁDEVOS A LELOS!



16/11/22

RECREOS COMPETENCIAIS, INCLUSIVOS, COLABORATIVOS E CHEOS DE ACTIVIDADES

 ESTA SEMANA COMPLETOUSE  UN POUCO MÁIS A OFERTA DE ACTIVIDADES:

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA, NO PATIO, NO HORTO, NO ESPAZO MAKER, NA ZONA DE TEATRO, NO COMBO...

AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHAS IMAXES:

- MAKER EN 5º E 4º:


- TEATRO DE IMPROVISACIÓN 3º E 4º:




- HORTO E RECOLLIDA DE ORGÁNICOS:


- XOGOS EN EDUCACIÓN INFANTIL CON ALUMNADO DE 4º:


- LECTURA, CONTACONTOS, EMPRÉSTITOS, OBRADOIROS... NA BIBLIOTECA


- DÍA DE XOGOS "DE MESA" NA BIBLIOTECA:



E INDA FALTAN ACTIVIDADES!!!