BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

25/6/13

REMATOU O CURSO

REMATOU O CURSO E MARCHAMOS DE VACACIÓNS.
UNHAS VACACIÓNS QUE AGARDAMOS VEÑAN CHEAS DE LECTURA (HAI UN FOLLETO DE SUXESTIÓNS QUE SE ENTREGARON ÁS FAMILIAS, HAI APUNTAMENTOS PARA A LECTURA NO BLOG DE BIBLIOTECA E LECTURAS VARIADAS NOS DIFERENTES BLOGS)

UNHAS VACACIÓNS CON LECER VARIADO: PASEO, VISITAS CULTURAIS, XOGOS,...


PARA O CURSO VINDEIRO HAI QUE IR PREPARANDO UN GORRO, UN MANDIL, CULLERES, INGREDIENTES, RECEITAS,...




DEICA O VINDEIRO CURSO!,...

21/6/13

O ALUMNADO DESPÍDESE ATA SETEMBRO

NENAS E NENOS DE INFANTIL E PRIMARIA DESPÍDENSE ATA SETEMBRO CUNHA MERENDA INTERNIVEL E CON BAILES, RAP,...
O ALUMNADO DE 5º A DEDICOU UNHA ACTUACIÓN ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE CICLO QUE MARCHAN AO IES.
O ALUMNADO DE 6º DESPÍDESE DO ALUMNADO E PROFESORADO DO CENTRO CON BAILES.

VÉMONOS O 11 DE SETEMBRO!
BOA SORTE 6º!

19/6/13

FINALIZAMOS A 1ª FASE DO PLAN DE ACOLLIDA CO ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 EN 1º

HOXE, O ALUMNADO DE 1º RECIBIU AO ALUMNADO DE INFANTIL DE CINCO ANOS.
O VINDEIRO CURSO SERÁN COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE CICLO.
COMO EXPERTAS E EXPERTOS EN 1º CONTÁRONLLES TODO O QUE LLES AGARDABA NA NOVA ETAPA: AXENDAS, CADERNOS,...
PARA NON ESQUECER NADA USARON UNHA PRESENTACIÓN EN POWER POINT.
TODO REMATOU CUN INTERCAMBIO DE AGASALLOS.

15/6/13

FESTA DE FIN DE CURSO

HOXE, NO COLEXIO, HAI UNHA ENORME FESTA: ACTUACIÓNS, DOCES, CHURRASCO, XOGOS, BAILES, DEMOSTRACIÓNS...
DENDE AS 10H ATA A TARDIÑA, TODA UNHA XORNADA DE LECER E CONVIVENCIA.
DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS FOTOS.

13/6/13

CONTINUAMOS CO PLAN DE ACOLLIDA

ESTES DÍAS TOCOULLE TOMAR CONTACTO CO NOVO CICLO A 4º.
AS NENAS E OS NENOS DE 5º RECIBÍRONO PARA CONTARLLE COMO ERA O 3º CICLO, QUE MATERIAIS HAI, COMO SON AS NOVAS AXENDAS,...
HOUBO UN INTERCAMBIO DE AGASALLOS. 5º AGASALLOU CUNS MARCAPÁXINAS MOI CREATIVOS E PERSONALIZADOS, ASÍ, NO NOVO CICLO NUNCA SE PERDERÁN NO LIBRO!

TAMÉN PUIDERON OBSERVAR COMO FUNCIONABAN OS NETBOOK... TODA UNHA NOVIDADE!

7/6/13

COMEZAMOS COA 1ª FASE DO PLAN DE ACOLLIDA

AO LONGO DESTAS SEMANAS E DENDE ONTE IMOS REALIZAR A 1ª FASE DO PLAN DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA OU DE CICLO.
  • O ALUMNADO DE 6º FOI O PRIMEIRO, REALIZOU UNHA VISITA AO SEU NOVO CENTRO, O IES. ALÍ TIVO OPORTUNIDADE DE COÑECER CLASES, FALAR CO ALUMNADO QUE SERÁ O SEU COMPAÑEIRO O VINDEIRO CURSO NA ESO E FACER PREGUNTAS...
  • O ALUMANDO DE 2º, HOXE VISITOU 3º. AS CLASES AGASALLÁRONSE MUTUAMENTE. O ALUMNADO DE 3º EXPLICOU MOI BEN AO DE 2º COMO ERA O NOVO CICLO, OS MATERIAIS QUE TEÑEN, A ESTRUTURA DA AXENDA, AS ACTIVIDADES,...
  • NA VINDEIRA SEMANA FARANSE AS ACOLLIDAS DE EI DE 5 ANOS EN 1º E A DE 4º EN 5º.
IREMOS POÑENDO FOTOS.


4/6/13

ESTA SEMANA TEMOS AO NOVO ALUMNADO DE TRES ANOS NO COLEXIO

INICIAMOS A PRIMEIRA FASE DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.
 O ALUMNADO QUE ESTARÁ EN  TRES ANOS O CURSO VINDEIRO VISITA AS AULAS ESTA SEMANA.
NA SEMANA PASADA ESTIVERON AQUÍ AS MAMÁS E OS PAPÁS E MANTIVEMOS UNHA XUNTANZA PARA FALAR DA NOSA ESCOLA E DE COMO FACILITAR A ENTRADA ÁS NENAS E AOS NENOS DE TRES ANOS. PARA SABER MÁIS SOBRE O PERÍODO DE ADAPTACIÓN PODEMOS LER ESTE LIBRO.
IMOS DEIXARVOS ALGUNHAS FOTOS DESTAS PRIMEIRAS SESIÓNS:

3/6/13

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O VINDEIRO 5 DE XUÑO É O DÍA DO MEDIO AMBIENTE.
IMOS REFLEXIONAR NAS AULAS SOBRE O LEMA DESTE ANO:
http://www.trippytext.com/ - Trippy Text
PODEMOS EMPREGAR ESTA PRESENTACIÓN COMO GUÍA: