BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

19/12/14

REMATOU O TRIMESTRE

FELICES FESTAS DENDE O COLEXIO PARA TODAS E TODOS.
SON OS DESEXOS DA COMUNIDADE EDUCATIVA A TRAVÉS DA TARXETA ELABORADA COS DEBUXOS DO ALUMNADO



AQUÍ VOS DEIXAMOS AS SUXESTIÓNS ELABORADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, O EDL E A BIBLIOTECA PARA QUE LEADES MOITO NESTES DÍAS E/OU QUE LLAS PIDADES AO PANDIGUEIRO:



TAMÉN TENDES CONSELLIÑOS NOUTRO DOS BLOGS DO COLE, CLICADE E VEREDES.

A TRADICIONAL CHOCOLATADA

HOXE NO COLEXIO TEN LUGAR A TRADICIONAL CHOCOLATADA.
DENDE AS PRIMEIRAS HORAS A ANPA PONSE MANS Á OBRA CO CHOCOLATE E NO CENTRO RECÓLLENSE AS ROSCAS QUE O ACOMPAÑARÁN

FALAR DA DEGUSTACIÓN NAS AULAS É INNECESARIO,... BASTA COAS IMAXES!

VÉN ACOMPAÑADA DA VISITA DO APALPADOR QUE ESTE ANO SUBSTITÚE A PAPA NOEL (QUE SE RETRASOU MOITO COA MERCA DOS AGASALLOS) E AOS REIS (QUE NON DERON ATOPADO TODO O CARBÓN QUE PRECISABAN).O APALPADOR, MÁIS DILIXENTE VEU COAS SACAS CARGADAS E ACOMPAÑADO CO CORO DO COLEXIO QUE CANTABA A SÚA CANTIGA.

18/12/14

UN CONCERTO PARA O FINAL DO TRIMESTRE

O COLEXIO PUIDO GOZAR DUN FASTUOSO CONCERTO.
FOI UN REPERTORIO VARIADO E BAILABLE INTERPRETADO POLA BANDA DE MÚSICA NAVAL MILITAR
E REMATOU CUNHA CHEA DE VILANCICOS.
GRAZAS POR VIR!

16/12/14

ENCONTRO CUN AUTOR DE LITERATURA INFANTIL

AS NENAS E OS NENOS DE 4º, HOXE TIVERON UNHA INTERESANTÍSIMA SESIÓN CO AUTOR DO LIBRO...



ABRAHAM CARREIRO CONTOULLES MOITAS COUSAS SOBRE AS BANDAS DESEÑADAS, FÍXOLLES DESEÑOS,...


DEDICOU TAMÉN MOITO TEMPO A RESPONDER PREGUNTAS E...
ASINOU UN MONTE DE LIBROS QUE AS NENAS E OS NENOS LLE ACHEGARON, LIBROS QUE ESTIVERON LENDO AO LONGO DO TRIMESTRE.

FOI UNHA SESIÓN DE MOITA APRENDIZAXE.
PARA VER FOTOS TENDES QUE VISITAR O BLOG DAS CLASES DE 4º.

12/12/14

OS POEMAS DE DECEMBRO

LAMPI ANDA DEIXANDO NAS AULAS OS POEMAS DESTE MES...
TERÉDELOS XA NA VOSA CLASE?

11/12/14

O CONCURSO DE TARXETAS E OS ADORNOS NAS AULAS

ACOMPAÑANDO O TRABALLO SOBRE O PANDIGUEIRO OU APALPADOR O COLEXIO COMEZA A TER MOITAS OUTRAS TAREFAS POLOS CORREDORES:
- HAI, POR EXEMPLO, AS POSTAIS DO CONCURSO DE TARXETAS. ESTE ANO QUEDARON FERMOSÍSIMAS, NON FOI NADA DOADO SELECCIONAR ALGUNHA


- TAMÉN TEMOS MÚLTIPLES ADORNOS, VELAQUÍ ALGÚN

PODEDES SEGUIR VENDO MÁIS NOS BLOG DE CADA CLASE

E OS PROXECTOS DESTE MES...

NESTE MES VARIOS PROXECTOS REMATAN...
- O UNIVERSO (EN VARIAS CLASES)
 - AS MASCOTAS
- O TEMPO E TODO O CLIMATOLÓXICO
 - PICASSO E VERNE
 - OS DINOSAUROS
...
 E OUTROS COMEZAN PARA CONTINUAR DESPOIS NO SEGUINTE TRIMESTRE:
- AS E OS CAVERNÍCOLAS NA PREHISTORIA
- A ATMOSFERA E A AUGA
- OS ANIMAIS
- O RELEVO NOS PLANETAS E SOBRE TODO NO PLANETA TERRA
 - A CLIMATOLOXÍA -...
 
PODEREDES SEGUIR A EVOLUCIÓN DAS INVESTIGACIÓNS NOS DIFERENTES BLOGS DE NIVEL

10/12/14

A BIBLIOTECA PROMOVE A LECTURA DOS TEUS LIBROS PREFERIDOS

LAMPI ANDA CON MOITA TAREFA. ESTÁ A COLOCAR FOTOS DAS NENAS E DOS NENOS QUE SUXIREN OS SEUS LIBROS FAVORITOS.

NON DEIXEDES DE VISITALA.

O PANDIGUEIRO OU APALPADOR: UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO

NO COLEXIO, ESTE NADAL IMOS TRABALLAR COA VERTENTE TRADICIONAL DESTA FESTA.
NA CULTURA GALEGA, ANTES DA CHEGADA DE PAPA NOEL, HABÍA XA PERSONAXES QUE TRAÍAN AGASALLOS E VISITABAN AS CASAS ONDE VIVEN NENAS E NENOS...
NO BLOG DO EDL E DA BIBLIOTECA IREDES VENDO A EVOLUCIÓN DESTE TRABALLO.

UN TRABALLO PRESIDIDO POLO APALPADOR QUE ELABORARON AS CLASES DE 6º

5/12/14

TRABALLAMOS AO REDOR DA CONSTITUCIÓN

NESTES DÍAS, AS DIFERENTES CLASES DO COLEXIO TRABALLAN CO ALUMNADO A NECESIDADE DUNHAS NORMAS QUE GARANTAN OS NOSOS DEREITOS E LEMBREN OS NOSOS DEBERES.
FALAN DA CONTITUCIÓN, DA QUE TANTO SE ESCOITA COMENTAR NESTES ÚLTIMOS TEMPOS
REFLEXIONAN SOBRE O SEU CONTIDO E SIMULAMOS VOTACIÓNS COMO A DE 1978, SÓ QUE NESTA VOTACIÓN O QUE SE VOTA É A "CONSTITUCIÓN DAS AULAS".
VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES



1/12/14

UN ENIGMA NA ENTRADA DO COLEXIO

NESTES DÍAS LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA, COLOCOU UNHA EXPOSICIÓN SOBRE LIBROS DE LITERATURA RELACIONADOS COAS MATEMÁTICAS.
HAI MOOOOOITOS TÍTULOS E AO LONGO DO MES HABERÁ MOITOS MÁIS.
O CASO É QUE O TÍTULO DA EXPOSICIÓN É UN ENIGMA QUE O ALUMNADO TEN QUE TENTAR RESOLVER E MANDAR AS SOLUCIÓNS A UNHA CAIXA DE SUXESTIÓNS NA BIBLIOTECA...
DENDE O BLOG DA BIBLIOTECA SEGUIREMOS INFORMANDO