BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

22/6/10

E POR FIN MASCOTILANDIA ESTÁ DE VACACIÓNS

AS MASCOTAS ESTAMOS TODAS DE VACACIÓNS!!!...
CLARO... O ALUMNADO TAMÉN!
HOXE ÁS 14:00 DESPEDÍMONOS ATA SETEMBRO.
O PROFESORADO INDA VAI QUEDAR UNS DÍAS MÁIS NO COLE.
BO VERÁN!

20/6/10

CROSS ESCOLAR, BAILES, CANTO,... PARA REMATAR O CURSO

O SÁBADO 19, CELEBROUSE NO COLEXIO O CROSS ESCOLAR AO QUE ADEMAIS DO ALUMNADO DO CENTRO ASISTIU ALUMNADO DOUTROS COLEXIOS DA CIDADE. ALUMNADO, PROFESORADO, FAMILIAS, POLICÍA, PROTECCIÓN CIVIL,... COLABORARON PARA QUE TODO QUEDASE BEN.
AS MASCOTAS DO CEIP VILAVERDE TAMÉN PARTICIPAMOS SOPRANDO AIRE FRESCO A TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES NOS INTRES DE MÁIS CALOR...

DESPOIS DA CARREIRA E DE REPOÑER FORZAS, ALUMNAS E ALUMNOS INTERVIRON EN ACTUACIÓNS VARIADAS: BAILES, CORO, PRESENTACIÓNS,...
UNHA COMIDA DE CONVIVENCIA PUXO BROCHE A UN DÍA FERMOSO.

18/6/10

4º COMPROBA O QUE APRENDEU SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO EN PONTEVEDRA

PEPO E NEVADO (AS MASCOTAS DAS AULAS) QUEDAMOS NA CLASE, MENTRES O ALUMNADO DE 4º PERCORRE O CAMIÑO DE SANTIAGO POR PONTEVEDRA AXUDADO DO PLANO E OS COÑECEMENTOS QUE ADQUIRIU DESENVOLVENDO UN PROXECTO SOBRE A NOSA CIDADE.

DESPOIS COMPROBARÁ QUE A POESÍA ICONOGRAFADA DESCRITIVA "POR PONTEVEDRA", É REALMENTE DESCRITIVA... A CONTINUACIÓN VEREMOS OS RESULTADOS.

17/6/10

O ALUMNADO NOVO VISITA O COLEXIO

INDA NON ELIXIRON MASCOTA EN MASCOTILANDIA... PERO SEGURO QUE O FARÁN O VINDEIRO CURSO... SON AS NENAS E NENOS QUE ESTARÁN O CURSO VINDEIRO EN TRES ANOS. ESTA SEMANA TOMAN CONTACTO CO SEU NOVO COLEXIO, COAS AULAS, COS MATERIAIS, CON COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS...  ESTÁN FACENDO A 1ª FASE DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.

Doc2
View more documents from xianadecide.

16/6/10

O alumnado de 2º visita as aulas de 3º para familiarizarse con materiais

O alumnado de 3º recibiu nas súas aulas ao alumnado de 2º. Ensináronlles os materiais, a axenda (que é un pouquiño diferente da que coñecen), as actividades que realizan, o que aprenderon,... Xuntas e xuntos elaboraron unha actividade conxunta.

4º AMOSA AS SÚAS PRESENTACIÓNS SOBRE AS PLANTAS AUTÓCTONAS E INVASORAS A 3º

O ALUMNADO DE 4º VISITA AS AULAS DE TERCEIRO PARA ENSINARLLES AS PRESENTACIÓNS QUE ELABORARON AO REMATAR O PROXECTO SOBRE PLANTAS INVASORAS E AUTÓCTONAS.

O ALUMNADO DE SEXTO DÁ UNHA CONFERENCIA A INFANTIL DE CATRO ANOS

O PROXECTO DE 6º SOBRE A HERBA DA PAMPA, REMATA CUNHA CONFERENCIA AO ALUMNADO DE INFANTIL DE 4 ANOS. NENAS E NENOS DE 6º CONVIDARON AO ALUMNADO DE 4 ANOS A SUBIR Á SÚA AULA PARA ESCOITAR O QUE SABÍAN DA HERBA DA PAMPA, 1º COMENTÁRONLLE DATOS E DESPOIS LEVÁRONNOS VER O SEU POWER POINT. PODEDES VER A CONTINUACIÓN FOTOS E AS PRESENTACIÓNS:






E VISITAMOS O ZOO CO ALUMNADO DE 4 ANOS

DESPOIS DUNHA DURA PREPARACIÓN DA VISITA AO ZOO: DE LER MOITO SOBRE ANIMAIS, DE CLASIFICALOS, DE IR BUSCAR LIBROS Á BIBLIOTECA,... VISITAMOS O ZOO POR FIN E APRENDEMOS INDA MÁIS COUSAS. AQUÍ TENDES AS IMAXES DESA VISITA...

O ALUMNADO DE 5 ANOS VISITA AS AULAS DE 1º

AS MASCOTAS DE 5 ANOS ESTÁN ALBOROTADAS. O CURSO QUE VÉN VAN IR A PRIMEIRO. ESTES DÍAS AS NENAS E OS NENOS FORON VISITAR AS AULAS, VER OS MATERIAIS, AS AXENDAS, AS ACTIVIDADES,... O VINDEIRO CURSO VAI SER XENIAL!
O ALUMNADO DE PRIMEIRO RECIBÍRONOS E DÉRONLLES A BENVIDA AO 1º CICLO ONDE COINCIDIRÁN O CURSO 2010-2011.

15/6/10

UNS OBRADOIROS DE PINTURA PECHAN O PROXECTO EN 3 ANOS

MAMÁS E PAPÁS DO ALUMNADO DE TRES ANOS COLABORAN EN OBRADOIROS DE PINTURA, ONDE AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE TRES ANOS EXPERIMENTAN CON MATERIAIS E ÚTILES DE PINTURA VARIADOS TENTANDO EMULAR A GRANDES PERSOANAXES DA PINTURA...
CON ESTA ACTIVIDADE PÉCHASE UN PROXECTO SOBRE MIRÓ DO QUE VOS FALAMOS NOUTRA ENTRADA DO BLOG.
AS MASCOTAS DAS CLASES ESTÁN MOI FELICES PENSANDO NA EXPOSICIÓN TAN CREATIVA QUE SE PODERÍA FACER CON TANTOS CADROS... ATA MIRÓ ESTARÍA ABRAIADO!

10/6/10

4º REMATA O SEU PROXECTO CUNHA PRESENTACIÓN EN POWER

PEPO E NEVADO, AS MASCOTAS DE 4º ACABAN DE TRAER A MASCOTILANDIA AS PRESENTACIÓNS QUE FIXERON NAS CLASES AS NENAS E OS NENOS. ESTIVERON TRABALLANDO MOITO PARA CORRIXILAS, POÑERLLE CORES,...

SE QUEREDES VELAS...




8/6/10

O ALUMNADO DE 6º VISITA O IES

COMO PARTE FINAL DO PROGRAMA DE INCORPORACIÓN Á ESO QUE SE LEVOU A CABO, DURANTE O SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRES, NO COLEXIO, O ALUMNADO DE 6º VISITOU O IES FREI MARTÍN SARMIENTO ESTE PASADO LUNS. QUE GUAI VAI SER ESTAR NO IES!
A VISITA QUEDA INMORTALIZADA NUN ÁLBUM DE FOTOS, ALGUNHAS DAS CALES ESTÁN TAMÉN AQUÍ NO BLOG.

3/6/10

COIDAR O MEDIOAMBIENTE

MOITO DO ALUMNADO DO CENTRO ESTÁ A TRABALLAR SOBRE AS PLANTAS... AS MASCOTAS PIDEN ÁS CLASES QUE COMENTEN E INVESTIGUEN SOBRE AS PLANTAS INVASORAS E EN PARTICULAR SOBRE UNHA QUE ESTÁ CONSTITUÍNDO UNHA VERDADEIRA PRAGA. COMO XA VISTES EN ENTRADAS ANTERIORES...4º ESTÁ ELABORANDO UN PROXECTO SOBRE O TEMA, PEPO E NEVADO, TEÑEN UNHA ENORME PREOCUPACIÓN SOBRE ISTO, SEGURO QUE NOS MANTERÁN INFORMADAS E INFORMADOS... 6º ELABORA UN PROXECTO SOBRE A HERBA DA PAMPA...
COIDAR O MEDIO É RESPONSABILIDADE DE TODAS E TODOS, CONVÉN NON ESQUECELO NUNCA E LEMBRALO ESPECIALMENTE NESTA SEMANA, POIS TEMOS PRETIÑO O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Clica aquí e verás un vídeo interesante

2/6/10

ACOLLIDA EN 5º AO ALUMNADO QUE REMATA 2º CICLO

HOXE, O ALUMNADO DE 4º ESTIVO NAS AULAS DE 5º CONVIDADO POLAS NENAS E NENOS DAS CLASES A E B. ESTIVERON VENDO QUE NOVIDADES TEN QUINTO: OS MATERIAIS, A AXENDA, OS HORARIOS,... FOI UNHA SESIÓN MOI AGRADABLE NA QUE HOUBO ALGUNHA ACTIVIDADE COMPARTIDA...