REMATÁRONSE AS CLASES DESTE CURSO.
NO VINDEIRO, O 2023-2024, AGARDAN NOVIDADES E NOVAS APRENDIZAXES.
COMEZAREMOS DE NOVO O DÍA 11 DE SETEMBRO.
FELICES VACACIÓNS!
Neste blog, dende o curso 2009/2010 as mascotas do CEIP Vilaverde, deixarán as súas mensaxes máis secretas. Non deixedes de visitalo de cote para poder lelas. Ata loguiño!
REMATÁRONSE AS CLASES DESTE CURSO.
NO VINDEIRO, O 2023-2024, AGARDAN NOVIDADES E NOVAS APRENDIZAXES.
COMEZAREMOS DE NOVO O DÍA 11 DE SETEMBRO.
FELICES VACACIÓNS!
NOS DIFERENTES NIVEIS O ALUMNADO DESPEDIUSE DESTE CURSO.
MERENDAS CONXUNTAS E DESPOIS ACTUACIÓN NO PATIO.
PODEREDES VER MÁIS IMAXES NOS BLOG DE NIVEL.
E 3º SAIU PARA VISITAR A "GRANXA DE FINA". NO BLOG DE NIVEL ATOPAREDES MÁIS DATOS.
DEIXAMOS AQUÍ UNHAS FOTOS.
2º APRENDE NO PARQUE DE BOMBEIRAS E BOMBEIROS
O ALUMNADO DE 4º QUE PARTICIPOU NA ACTIVIDADE DE TEATRO RECIBIU HOXE OS SEUS DIPLOMAS DE PARTICIPACIÓN.
COMO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDA, TIVO LUGAR NESTE XUÑO A PRIMEIRA FASE. O ALUMANDO DE 4º VISITOU AS QUE SERÁN AS SÚAS NOVAS AULAS.
COÑECERON OS MATERIAIS, O USO DOS ORDENADORES PORTÁTILES, AS NOVAS AXENDAS, O TRABALLO POR ÁMBITOS,...
VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES. NO BLOG DE NIVEL HAI MÁIS INFORMACIÓN.
DÍAS ATRÁS O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL VISITOU AS AULAS DE PRIMEIRO TAMÉN COMO PARTE DO PLAN DE ACOLLIDA
SEGUINDO COA IDEA DE PATIOS INCLUSIVOS, DINÁMICOS, IGUALITARIOS E DIVERSOS... ESTES DÍAS APARECERON NOVIDADES NO PATIO.
VAI SER UN ESPAZO CON MOITAS POSIBILIDADES TANTO PARA OS RECREOS COMO PARA ACTIVIDADES AO LONGO DAS SESIÓNS.
ESTE CURSO O ALUMNADO PUIDO FACER TEATRO, UNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS DENTRO DOS RECREOS INCLUSIVOS, DIVERSOS E DINÁMICOS.
VELAQUÍ UNHA DAS OBRAS. TRÁTASE DUNHA OBRA CON TÍTERES NA QUE O ALUMNADO, UNHA VEZ COÑECIDO O ARGUMENTO E CADA UNHA DAS ACCIÓNS DAS ESCENAS, READAPTA OU INVENTA OS DIÁLOGOS.
LEVA POR TÍTULO "FOTO DE FAMILIA". É UNHA IMPROVISACIÓN TEATRAL COMPLETA. CADA VEZ QUE SE REPRESENTA SAE DISTINTA E PERMITE VARIAR O PROTAGONISMO DAS PERSOAS QUE ACTÚAN.
OS DÍAS 15 E 16, 4º TAMÉN REALIZA UNHA SAÍDA EDUCATIVA Á "GRANXA DE FINA".
UNHA SAÍDA MOI INTERESANTE DA QUE TEREDES MÁIS INFORMACIÓN NO SEU BLOG DE NIVEL.
FIXERON UNHA SAÍDA EDUCATIVA SOBRE A QUE PODEREDES LER NO SEU BLOG DE NIVEL.
VELAQUÍ UN ADIANTO EN IMAXES
HOXE O ALUMNADO DE 6° SAÍU DE EXCURSIÓN. REGRESARÁN CON NOVAS EXPERIENCIAS QUE XA VOS RELATARÁN NO SEU BLOG.
NESTES DÍAS REALÍZANSE AS VISITAS ÁS NOVAS AULAS PARA ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA E/OU CICLO. ESTA ACTIVIDADE FORMA PARTE DA PRIMEIRA FASE DO PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO.
MÁIS INFORMACIÓN NOS BLOG DE NIVEL
VELAQUÍ ALGUNHA IMAXE DO ALUMNADO DE 6° NO IES FREI MARTÍN SARMIENTO.
AS NENAS E OS NENOS QUE COMEZARÁN O VINDEIRO CURSO EN 4º DE E. INFANTIL, ESTÁN ESTA SEMANA VISITANDO AS AULA E O PATIO DO COLE.
BENVIDAS E BENVIDOS!
O ALUMNADO DE 5º GOZOU HOXE DUNHA SAÍDA PRECIOSA.
TEREDES MÁIS INFORMACIÓN NO SEU BLOG. AQUÍ DEIXAMOS UNHAS POUCAS FOTOS: