21/12/16
FELICES FESTAS E BO 2017
A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP VILAVERDE DESEXA A TODAS E A TODOS FELICES FESTAS E BO ANO 2017.
COMA TODOS OS ANOS A TARXETA FOI ELABORADA COAS COMPOSICIÓNS DO ALUMANDO DO CENTRO:
Postal CEIP Vilaverde-Mourente 2016 by Slidely Slideshow
REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA
CEDIÑO COMÉZASE A PREPARAR A CHOCOLATADA
O ALUMNADO DE 6º AXUDA NA DISTRIBUCIÓN DA MESMA E DAS ROSCAS
O APALPADOR VISITA AS AULAS ACOMPAÑADO DO CORO DO COLEXIO.
O ALUMNADO DE 6º AXUDA NA DISTRIBUCIÓN DA MESMA E DAS ROSCAS
O APALPADOR VISITA AS AULAS ACOMPAÑADO DO CORO DO COLEXIO.
20/12/16
QUE VISITA!
Hoxe xogadores do CF Pontevedra (Mario Barco e Javier Bonilla) achegáronse ao noso cole para contestar algunhas preguntas do alumnado e recibir o noso entusiasmo polo equipo da cidade -que ademais celebra o seu 75 aniversario neste ano- .
Aquí están co alumnado maior, podedes ver fotos no blog de 4º e no de E. Física
Aquí están co alumnado maior, podedes ver fotos no blog de 4º e no de E. Física
As nenas e os nenos de educación infantil de 5 anos recibíronos con especial entusiamos porque neste trimestre estiveran a traballar sobre a nosa cidade e a historia do club. Mirade o que poñen no seu blog.
16/12/16
EXPOSICIÓN DE TARXETAS DO CONCURSO DE TARXETAS POSTAIS
DESPOIS DE ELABORAR TARXETAS PARA FELICITAR CON MATERIAIS DIVERSOS...
AGORA TEMOS MOITAS DELAS EXPOSTAS POLO CENTRO.
SE VISITADES OS CORREDORES BOTADE UNHA OLLADA.
AQUÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA.
SE VISITADES OS CORREDORES BOTADE UNHA OLLADA.
AQUÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA.
13/12/16
O APALPADOR CHEGA E NÓS PENSAMOS NOS XOGUETES
PRETO DA BIBLIOTECA ANDA O APALPADOR.
INDA É PRONTO PERO XA CHEGOU PARA PRESENTARSE.
INDA É PRONTO PERO XA CHEGOU PARA PRESENTARSE.
ISO FÍXONOS PENSAR NOS XOGUETES, CARTAS PARA PEDILOS, TIPOS DE XOGUETES E XOGOS E REFLEXIONAMOS SOBRE ELES
TAMÉN PENSAMOS QUE PODEMOS PEDIR AGASALLOS ALTERNATIVOS E MOI EMOCIONANTES...
TEREMOS SUXESTIÓNS VARIADAS DENDE O BLOG DA BIBLIOTECA.
11/12/16
VAI VIR O APALPADOR!
POR ESTAS DATAS MOITOS PERSONAXES QUEREN DARNOS AGASALLOS...
EN GALICIA, UN PERSONAXE INTERESANTE É O APALPADOR.
IMOS AVERIGUAR QUEN É!
IMOS LER SOBRE EL
A NOITE DO APALPADOR
VER VÍDEOS
7/12/16
NESTES DÍAS...TARXETAS!
TODO O CENTRO ANDA OCUPADO NO DESEÑO DE TARXETAS E NO TRABALLO RELACIONADO COS TEXTOS QUE PODEN LEVAR:
HAI OBRADOIROS CON TÉMPERA, CON PAPEL DE AGASALLO, CON CARTOLINA, CON ESTAMPACIÓNS, CON DEBUXO XEOMÉTRICO, CON...
HAI PROPOSTAS EN EQUIPOS COOPERATIVOS...
HAI ALGÚN MINIPROXECTO,..
A IDEA É DESEÑAR "TARXETAS CON ARTE".
ANIMÁDESVOS A COMPARTIR A TAREFA CONNOSCO?
PODEDES DARNOS ALGUNHA IDEA?

1/12/16
TRABALLAMOS AO REDOR DOS DEREITOS E DEBERES
NESTES DÍAS TRABALLAMOS SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA E OS DEREITOS HUMANOS, ASÍ COMO SOBRE A NOSA LEXISLACIÓN FUNDAMENTAL QUE OS RECOLLE.
NA BIBLIOTECA O ALUMNADO TAMÉN PODERÁ ESCOITAR HISTORIAS RELACIONADAS NUNHA ACTIVIDADE TITULADA "CONTAMOS COS DEREITOS".
NA BIBLIOTECA O ALUMNADO TAMÉN PODERÁ ESCOITAR HISTORIAS RELACIONADAS NUNHA ACTIVIDADE TITULADA "CONTAMOS COS DEREITOS".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)