Durante o confinamento xeramos moito material de
refugallo na casa (rolos de papel, tapóns, follas de xornal, sementes, bolsas,
papel, botellas, botes…) e , quen teña xardín, tamén atopará materiais fóra
(pedras, follas, paos, flores…)...
Así que propoñemos convertelo en arte: escultura, cadro, máquina,...
Con todas as obras faremos
“O noso museo virtual
".
Quizais, cando isto remate, poderemos facer
una exposición no colexio “A arte nos tempos do confinamento” con todas
as obras realizadas.
Nos blogs de nivel xa podemos ver esa arte!