BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

30/4/12

UNHA QUINCENA DEDICADA A VALENTÍN PAZ ANDRADE

AS MASCOTAS DE AULA DECATÁRONSE DE QUE LAMPI ESQUECEU MENCIONAR QUE ADEMAIS DE POR CERVANTES, POR SHAKESPEARE,POLO O INCA GARCILASO,...POR SER O DÍA DO LIBRO,... O 23 DE ABRIL É UNHA DATA IMPORTANTE PORQUE NELA NACEU UN PONTEVEDRÉS IMPORTANTE: VALENTÍN PAZ ANDRADE A EL DEDÍCASE ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
NO COLEXIO XA ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE EL. DESENVOLVEREMOS XUNTO CO EDL UN TRABALLO RELACIONADO CON "CATRO ESFERAS" SOBRE ESTE FAMOSO PONTEVEDRÉS: A BIOGRÁFICA, A VIAXEIRA, A POLÍTICA E A LITERARIO-ESCRITORA. QUEDA AQUÍ UN POEMA SEU PARA IR LENDO: Vén o aire ateigado de palabras, cada mañá chamando aos nosos vidros, para por a xermolar son e semente. As palabras decote están falando e somos nós os xordos á mensaxe que no seo das sílabas carrexan.

UNHA EXPOSICIÓN NO COLEXIO: MULLERES NO TEMPO, MULLERES NA HISTORIA

DENDE O VENRES, NUN CORREDOR DO 1º ANDAR, TEMOS UNHA EXPOSICIÓN INTERESANTE. É UN CALENDARIO. CADA DÍA DE CADA MES RECOLLE UN EVENTO OU UN PERSONAXE. HAI DIFERENTES PERSONAXES FEMININAS QUE SE DEDICARON Á INVESTIGACIÓN, Á POLITICA,... OU QUE FORON COÑECIDAS POLA SÚA OBRA OU AS SÚAS ACHEGAS Á LIBERDADE, Á XUSTIZA, AO PENSAMENTO,... A EXPOSICIÓN FOI EMPRESTADA AO CENTRO POLA STEG. NON DEIXEDES DE VISITALA.
TRATA DE VISIBILIZAR A ALGUNHAS DAS MULLERES QUE DEIXARON A SÚA PEGADA AO LONGO DOS TEMPOS.
PODEMOS XOGAR A ATOPAR:
  • NOME DUNHA ESPÍA
    • NOME DUNHA PILOTO
    • NOME DA INVENTORA DO TIPEX
    • NOME DE QUEN GAÑOU O NOBEL DE FÍSICA EN 1903
    • NOME DA PRIMEIRA MINISTRA DA DEMOCRACIA ESPAÑOLA
    • NOME DA PRIMEIRA MULLER XEFA DE ESTADO NUN PAÍS DE ÁFRICA
    ¿QUE MÁIS ATOPASTES?

    REMATAN PROXECTOS E TAREFAS

    NESTA SEMANA ESTAMOS REMATANDO:
    - O PROXECTO SOBRE PAÍSES DA UNIÓN EUROPEA
    - A INVESTIGACIÓN SOBRE DICKENS
    - O PROXECTO PARA ELABORAR UN ÁLBUM DA IDADE CONTEMPORÁNEA
    - O TRABALLO SOBRE A POESÍA
    - O PROXECTO SOBRE DALÍ
    - OS PROXECTOS SOBRE AS CORES
    ...
    ALGÚNS PODEDES SEGUILOS NOS BLOG DE NIVEL

    UNHA CELEBRACIÓN POR TODO O ALTO

    VILAVERDIÑO ESTÁ FELIZ. ESTE ANO CELEBRARASE NO CENTRO O XX CERTAME DE POESÍA, É DICIR, ESTE CURSO CÚMPRESE O XX ANIVERSARIO DO CERTAME DE POESÍA EN GALEGO DO NOSO CENTRO.
    CO GALLO DESTA CELEBRACIÓN VILAVERDIÑO ANIMA ÁS FAMILIAS DO CENTRO A FACER COAS NENAS E COS NENOS DENDE A CASA UNHA CONTRIBUCIÓN Á POESÍA DA CLASE. CHAMÁMOSLLE "POESÍA VOANDEIRA". MOITAS DAS MAMÁS E DOS PAPÁS PARTICIPARON COMO ALUMNAS E ALUMNOS NALGÚN DESES CERTAMES E HOXE PODEN LEMBRAR ESE EVENTO COLABORANDO NUNHAS POESÍAS CONXUNTAS. EXPORANSE OS RESULTADOS DURANTE O MES DE MAIO. VAN QUEDAR FERMOSOS!

    22/4/12

    23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

    DESTA VEZ LAMPI, A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA, PENSOU QUE PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO PODIAMOS LER ALGUNHA OBRA DE CHARLES DICKENS. ESTE ANO CÚMPRENSE OS 200 ANOS DO NACEMENTO DESTE ESCRITOR. AS SÚAS OBRAS FIXERON GOZAR A NENAS E A NENOS DE VARIAS XERACIÓNS. GRAZAS A DICKENS PODEMOS MOVERNOS POLA INGLATERRA DO SÉCULO XIX. UN LIBRO COÑECIDO DE DICKENS É "CONTO DE NADAL", QUEREDES VER UNHA VERSIÓN? LAMPI CONVÍDANOS Á BIBLIOTECA PARA LER ALGUNHA XOIA DA BIBLIOGRAFÍA DE CHARLES DICKENS E TAMÉN PARA LEMBRAR A OBRA CUME DE CERVANTES... AQUÍ DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO DÍA

    20/4/12

    UNHA NOVA EDICIÓN DE CROSS

    ESTE SÁBADO TIVO LUGAR UNHA NOVA EDICIÓN DO CROSS ESCOLAR NO COLEXIO, É XA O XVIII CROS ESCOLAR COLEXIO VILAVERDE – MOURENTE. A METEREOLOXÍA PORTOUSE BEN E PERMITIUNOS GOZAR DO DÍA. HOUBO PARTICIPACIÓN DE VARIOS CENTROS DE PONTEVEDRA E CORRERON 255 NENAS E NENOS. TAMÉN HOUBO UNHA CARREIRA DE NAIS E PAIS QUE DEMOSTRARON ESTAR EN FORMA.

    18/4/12

    UNHA QUINCENA CHEA DE EXPERIENCIAS DE LABORATORIO

    O LABORATORIO DO CENTRO ESTAS SEMANAS NON TEN DESCANSO:
    - HAI EXPERIENCIAS CON ELECTRICIDADE E PILAS
    - HAI EXPERIENCIAS COA AUGA
    - HAI EXPERIENCIAS CON CORES
    - HAI OBSERVACIÓN COA LUPA E CO MICROSCOPIO
    NOS DIFERENTES BLOGS DE NIVEL IRÁN APARECENDO AS TAREFAS.

    10/4/12

    20 ANOS DA UNIÓN EUROPEA

    ESTE ANO CÚMPRENSE OS 20 ANOS DO TRATADO DE MAASTRICHT. FOI UN TRATADO ESPECIAL PARA EUROPA. EN MASCOTILANDIA IMOS CELEBRALO INVESTIGANDO SOBRE DIVERSOS PAÍSES EUROPEOS... QUEREDES UNIRVOS A NÓS?
    PODEDES COMEZAR CLICANDO AQUÍ, AQUÍ OU AQUÍ.
    SABES QUE HAI UNHA BANDEIRA EUROPEA? E UN HIMNO?

    CADA PAÍS TAMÉN TEN A SÚA BANDEIRA, MÍRAAS NESTE MEMORY.
    HAI EN EUROPA MOITAS LINGUAS,MÁIS DE 23. QUERES VER COMO SE SAÚDA EN CADA LINGUA?. POIS CLICA. XOGA DESPOIS NESTE LABIRINTO.
    PARA COÑECER OS PAÍSES CLICA NO MAPA QUE ATOPARÁS AQUÍ, APRENDE OS SEUS NOMES E CAPITAIS E XOGA COS MAPAS INTERACTIVOS E COS QUEBRACABEZAS FÁCILES E DIFÍCILES.
    NESTE ENLACE PODES SEGUIR A VIAXE DUNHA CIGOÑA QUE VOA POLOS PAÍSES EUROPEOS NA BUSCA DE CONTOS TÍPICOS DE CADA UN.
    O EURO É A MOEDA MAIORITARIA EN EUROPA. XOGA E APRENDE SOBRE EL. DISTINGUE OS FALSOS.
    VAI DE TENDAS, ESCOLLE A COMPRA E PAGA CON EUROS. SUMA E RESTA EUROS.
    CONTA EUROS.  MERCA MÁIS CON EUROS.  VENDE CON EUROS.  EMPARELLA CON EUROS
    PODES IR MERCAR NA TENDA CON EUROS SEN EQUIVOCARTE?
    REPASA COUSIÑAS SOBRE EUROPA XOGANDO E XOGANDO.
    A MÁQUINA DO TEMPO DARACHE UN PASEO POLA HISTORIA. PARA SABER MOITO MÁIS CLICAMOS NESTES ENLACES: 1- 2