BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

29/10/21

E HOXE... SAMAÍN!

 HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL.

O ALUMNADO CHEGOU POLA MAÑÁ CON PEITEADOS ORIXINAIS E ADECUADOS Á DATA: ARAÑAS, MORCEGOS, CAVEIRAS, CABAZAS, ETC... APARECÍAN POR ENTRE OS CABELOS MOITAS VECES COLOREADOS COAS MÁIS VARIADAS CORES.







 











DESPOIS DE PASAR POLA CLASE E  RECOLLER AS VARIÑAS MÁXICAS QUE LEVAN DECORANDO VARIOS DÍAS, SAÍRON AO PATIO PARA AXITALAS AO SON DAS PALABRAS MÁXICAS MÁIS FEITICEIRAS DO MUNDO.

 





AS FOTOS DE GRUPO DEIXARÁN IMAXES PARA O RECORDO. NOS BLOG DE NIVEL PODEREDES VELAS. AQUÍ DEIXAMOS ÁS DO GRUPO DAS MÁIS PEQUENIÑAS E DOS MÁIS PEQUENIÑOS DO COLE.



UNHAS MERENDAS TERRORÍFICAS PUXERON O BROCHE A UNHA CELEBRACIÓN MOI AGARDADA!

 
















BO SAMAÍN A TODAS E A TODOS!

25/10/21

UN MURAL DE IGUALDADE NO PATIO

O ALUMNADO DE 6º COLOBORA NO PINTADO DO NOVO MURAL SOBRE IGUALDADE NO PATIO DO COLEXIO.



O MURAL REALIZOUSE COAS ACHEGAS DA ANPA DO COLEXIO, FINANCIADA POR IGUALDADE.

5º e 6º RECIBE UNHA CHARLA DA POLICÍA

 O ALUMNADO DE 5º E 6º RECIBIU HOXE UNHA INTERESANTE CHARLA DA POLICÍA ONDE SE TOCARON MOITOS TEMAS PARA A SÚA SEGURIDADE. ENTRE OS ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES ESTÁN OS RELACIONADOS COA SEGURIDADE NAS REDES.



24/10/21

ANTÍO CHEGOU AO COLE E DEIXOU AGASALLOS

 NA CARTA DE ANTÍO DICÍA QUE TRAÍA AGASALLOS PARA AS CLASES.








O ALUMNADO FOI BUSCALO Á BIBLIOTECA.





20/10/21

UN FESTA MÁXICA DE OUTONO: O SAMAÍN

 NESTES DÍAS, A MASCOTA ANTÍO VÉN TRAERNOS O SAMAÍN.


 

CARTAS, LIBROS, XOGOS, VARIÑAS MÁXICAS, PALABRAS MÁXICAS E DEMAIS CHEGAN ÁS AULAS.

TEMOS MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA E NO DE DINAMIZACIÓN.


TRABALLAMOS USANDO RECURSOS VARIADOS E CELEBRAREMOS A FESTA EN BREVE.


E APROVEITAMOS PARA APRENDER A XESTIONAR OS MEDOS. MIRADE O QUE VOS DEIXAMOS NO BLOG DE VALORES


9/10/21

A MAXIA É A TEMÁTICA QUE INUNDA O CENTRO NESTE TRIMESTRE

 DURANTE TODO O TRIMESTRE O ALUMNADO TRABALLARÁ SOBRE A MAXIA COMO FÍO INTEGRADOR DAS TEMÁTICAS DE AULA QUE SE VAN IR DESENVOLVENDO.

- PERSONAXES MÁXICOS

- OBXECTOS MÁXICOS

- POCIÓNS MÁXICAS

- PALABRAS MÁXICAS

- CONTOS CON MAXIA

...




E TODO DA MAN DAS MASCOTAS DE CLASE E CENTRO.