NO CENTRO ESTIVO HOXE A POLICÍA NACIONAL. NON PASOU NADA POLO QUE PREOCUPARSE... SÓ QUE AS NENAS E NENOS DE 1º CICLO PUIDERON APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE O QUE FAN, QUE USAN,... E O QUE MÁIS ILUSIÓN LLES FIXO: TER UN CARNÉ DE POLICÍA!!
PODEDES VER O QUE SUCEDEU NOS SEUS BLOGS
28/2/12
23/2/12
MAÑÁ TEREMOS UNHA VISITA ESPECIAL NAS AULAS
CO GALLO DO 24 DE FEBREIRO, UNHA ESCRITORA MOI RELEVANTE DA NOSA CULTURA VISITARÁ AS NOSAS AULAS.
FALARANOS DENDE O SEU RETRATO, DEIXARANOS UNS RETAZOS DA SÚA BIOGRAFÍA PARA QUE A COMPLETEMOS... PERO... SOBRE TODO DEIXARANOS A SÚA POESÍA. UNHA POESÍA FERMOSA QUE LEREMOS, RECITAREMOS, ANALIZAREMOS E... CANTAREMOS. QUEREDES ACOMPAÑARNOS?
NA BIBLIOTECA TEREMOS ALGÚNS LIBRIÑOS RELACIONADOS CON ELA, NON VOLOS PERDADES.
E CLICANDO NAS PLABRAS DE COR ATOPARÁS MÁIS RECURSOS.

17/2/12
FESTA DO ENTROIDO NO COLEXIO
DESPOIS DE TANTO TRABALLO PREPARANDO COPLAS, FACENDO COMPLEMENTOS, CANTANDO, ESCRIBINDO LADAÍÑAS,... CHEGOU A FESTA!!!
O GALO VILAVERDIÑO AGARDA IMPACIENTE A QUE O ALUMNADO DE 6º O BAIXE AO PATIO
AS NENAS E OS NENOS DISFRÁZANSE E MESMO SE DISFRAZAN AS BONECAS...
FACEMOS AS FOTOS DE GRUPO. MIRADE QUE FERMOSURA DE DISFRACES, TODOS RELACIONADOS CON SUPERSTICIÓNS... DE BOA OU MALA SORTE... NA ELABORACIÓN DE MOITOS DELES COLABORARON CON AGARIMO AS FAMILIAS (MAMÁS, PAPÁS, AVOAS, AVÓS,...)E DÁMOSLLES AS GRAZAS POR AXUDAR A QUE ESTE DÍA FOSE ESPECIAL.
BAIXAMOS AO PATIO... QUE ILUSIÓN! CANTA XENTE CON CÁMARAS!!!
DESFILAMOS CON MÁIS OU MENOS MOVEMENTO, UN DESFILE AMENIZADO POLAS CANCIÓNS QUE COLOCA A PROFE LOLA...
XULGAMOS AO GALO E LEMOS AS COPLAS DE ACUSACIÓN. DESPOIS LEMOS A CONDEA: IMOS QUEIMALO POR SUPERSTICIOSO. 6º É O ENCARGADO DESE XUÍZO.
O GALO, A TRAVÉS DE REPRESENTANTES, O ALUMNADO DE 5º, FAI LER O SEU TESTAMENTO
E CHEGA O MOMENTO DE PROBAR AS LARPEIRADAS QUE VENDE O ALUMNADO DE 6º CON AXUDA DE PROFES E A ANPA E QUE DENDE MOI CEDIÑO ESTIVERAN CORTANDO E REPARTINDO AS PROFES ÁNGELES E PILI R. ...
CANTAMOS ÁS LADAÍÑAS AO GALO, 3º E 4º POÑEN AS VOCES E A LETRA
O CORO DO COLEXIO DESPIDE AO GALO CUNHA CANTIGA ESPECIAL...
EN PROCESIÓN LEVAMOS O GALO A QUEIMAR. O ALUMNADO DE 6º LEVA AO GALO E O RESTO CHORAMOS UN CHISQUIÑO DETRÁS...
E... REMATOU O ENTROIDO! QUEIMAMOS A VILAVERDIÑO!
PERO NON VOS PREOCUPEDES... O VINDEIRO ANO TEREMOS UN NOVO GALO.

15/2/12
XA VILAVERDIÑO, O GALO, TEN CASE TODAS AS PLUMAS
HOXE ESTIVEMOS POÑÉNDOLLE AS PLUMAS A VILAVERDIÑO. TEN UNHA CHEA DELAS!
FIXEMOS PLUMAS ABONDO: PLUMAS DE CORES, PLUMAS DE PAPEL DE REVISTAS, PLUMAS DE PAPEL DE XORNAL,... DECIDIMOS POÑERLLE DE TODO PARA EVITAR QUE SE QUEIXE PORQUE ALGO LLE DEA MALA SORTE... ESTÁ TAN INSOPORTABLE CON TANTA SUPERSTICIÓN!
AS NENAS E OS NENOS PASAN POR ALÍ PARA VER COMO VAI QUEDANDO, CADA MINUTO ESTÁ MÁIS GUAPO, VAI MELLORANDO SEGUNDO VAN PASANDO OS GRUPOS PARA PEGARLLE AS PLUMAS QUE FIXERON...
MENTRES TANTO NA CLASE DE MÚSICA PREPÁRASE LETRA E MÚSICA A UNHA CANTIGA PARA O GALO (SERÁ UNHA ADAPTACIÓN DA CANTIGA DE LEILÍA). CANTARAA O ALUMNADO DO CORO E VAI TODA SOBRE AS SUPERSTICIÓNS, VELAQUÍ UN ANAQUIÑO:
VAI TI (2012)
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
NON VERTAS SAL NA TERRA,
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
TOCA BEN A MADEIRA
O galo Vilaverdiño
debaixo dunha escaleira!
iso dá moi mala sorte,
lisca rapidiño dela!!!
Ao Vilaverdiño ímolo queimar,
primeiro xulgalo e despois chorar,
ao Vilaverdiño ímolo queimar,
outro ano máis non se vai zafar.
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
NON VERTAS SAL NA TERRA,
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
TOCA BEN A MADEIRA.
O galo Vilaverdiño
tirou o saleiro ao chan,
o que non sabe este galo:
que a mala sorte virá.
Ao Vilaverdiño ímolo queimar,
primeiro xulgalo e despois chorar,
ao Vilaverdiño ímolo queimar,
outro ano máis non se vai zafar.
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
NON VERTAS SAL NA TERRA,
VAI TI, VAI TI, VAI ELA,
TOCA BEN A MADEIRA.
...

13/2/12
XA FALTA MENOS! SÓ TEMOS ESTA SEMANA...
SÓ TEMOS UNS DÍAS DESTA SEMANA PARA ULTIMAR O GALO, REMATAR OS DISFRACES, FACER AS COPLAS, ENSAIAR AS LADAIÑAS, BUSCAR A MÚSICA DO DESFILE DE DISFRACES,... UF!!! CASE NON DAMOS CHEGADO... TEMOS O ENTROIDO MÁIS SUPERSTICIOSO DE TODA A HISTORIA DO COLEXIO. IDE CRUZANDO OS DEDOS POR SE ACASO...
10/2/12
UN AGASALLO NA BIBLIOTECA ÁS MELLORES LECTORAS E AOS MELLORES LECTORES
NA BIBLIOTECA, GO GALLO DO ENTROIDO, LAMPI PIDE QUE SE AGASALLE ÁS PERSOAS QUE MÁIS LERON DO COLEXIO. SON AS NENAS E OS NENOS DE 1º, QUE GAÑARON LIBRETOS SOBRE DISFRACES E MÁSCARAS.
LAMPI GARDA AÍNDA ALGUNHA SORPRESA MÁIS... XA VEREDES!

8/2/12
REMATANDO PROXECTOS
AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE 5 ANOS REMATARON O SEU PROXECTO SOBRE VAN GOGH. FIXERON UNS CADROS FERMOSÍSIMOS.
PODEDES VER A EVOLUCIÓN DO PROXECTO NO SEU BLOG, CLICANDO NO RECANTIÑO DA DEREITA. ALÍ TAMÉN TEÑEN UN LIM COMO RESUMO DO QUE APRENDERON...
HABERÁ MÁIS PROXECTOS, COMEZARÁN OUTRO DE CONTADO E TERÁ QUE VER CON ESTE PERSONAXE...
COMEZARÁN AS CONFERENCIAS INTERCLASES CO APRENDIDO NOS PROXECTOS, XA VEREDES QUE CARTELEIRA DE EVENTOS TAN INTERESANTE!!!

7/2/12
VAI CHEGANDO O ENTROIDO
INDA QUE NAS CLASES LEVAN O TEMA CON SEGREDO... AS MASCOTAS CONSEGUIMOS ENTERARNOS DE TODO. XA SE ESTÁN PLANIFICANDO OS DISFRACES!
IMOS DEIXAR UNHA PISTA...: TEÑEN QUE VER COAS SUPERSTICIÓNS!
ADEMAIS, COMO TODOS OS ANOS PREPARAN A CELEBRACIÓN:

DESEÑAMOS AS PLUMAS DO GALO (ESTE ANO CON TANTA CRISE TEMOS QUE POÑERLLE PLUMAS RECICLADAS), INVENTAMOS AS COPLAS DO XUÍZO, ESCRIBIMOS O TESTAMENTO E ENSAIAMOS O CANTO DAS LADAÍÑAS.
2/2/12
SEGUIMOS COAS SUPERSTICIÓNS
EN MASCOTILANDIA NON SE CONTENTARON CON QUE INVSTIGARAMOS SOBRE AS SUPERSTICIÓNS, CLARO QUE NON. AGORA MÁNDANNOS TEXTOS SOBRE ELAS: TEMOS INFORMACIÓN SOBRE AS SUPERSTICIÓNS NA ANTIGÜEDADE, SOBRE OS AMULETOS, SOBRE A SANTA COMPAÑA, SOBRE OS CONXUROS,...
PENSADES QUE XA ESTÁ?
POIS NON...
LEMBRADES QUE FALAMOS DOS XESTOS NOS CÓMICS? DAS EXPRESIÓNS DOS PERSONAXES? POIS SEGUIMOS INVESTIGANDO NOS CÓMICS, NAS CLASES FIXEMOS UN OBRADOIRO SOBRE CÓMICS VARIADOS... E ESTA SEMANA ESTAMOS PLANIFICANDO UN CÓMIC. A QUE NON ADIVIÑADES SOBRE QUE TEMA? CLARO... SOBRE AS SUPERSTICIÓNS. ESTAMOS TENTANDO DESEÑAR CÓMICS PROTAGONIZADOS POLAS NOSAS MASCOTAS E UNHA SUPERSTICIÓN QUE SE TIVO QUE ELIXIR ENTRE AS MOITAS TRABALLADAS.
TEREMOS CÓMICS EN GALEGO E EN INGLÉS... VEREDES QUE EXPOSICIÓN MONTAMOS!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)