BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

19/2/13

XA SABEMOS PARA QUE VALE!!!

DESPOIS DA NOVA...
20 de febrero de 2013


NAS CLASES ESTIVEMOS FALANDO DAS UTILIDADES DA MÁQUINA E...
CASE HABERÍA QUE DICIR "PARA QUE NON SERVE"???
ACABARIAMOS ANTES, ...
PORQUE É TAL A CANTIDADE DE UTILIDADES QUE O RARO É QUE NON TEÑAMOS MILES DE PERSOAS EN RINGLEIRA TENTANDO MERCALA.
NON NOS CREDES? POIS MIRADE UNHA MOSTRA PEQUENÍIIIIIIISIMA:
- SERVE PARA FACER OS DEBERES
- SERVE PARA VIAXAR A TRAVÉS DO TEMPO
- SERVE PARA FACER AGASALLOS
- SERVE PARA DAR XOGUETES A QUEN NON OS TEN
- SERVE PARA FOTOCOPIAR
- SERVE PARA ASPIRAR
- SERVE PARA FACER PASTEIS DE CHOCOLATE
- SERVE PARA PREPARAR PINTURAS
- SERVE PARA LIMPAR OS MOCOS
- SERVE PARA CRIAR FORMIGAS
- SERVE PARA FACER CONTOS
- SERVE PARA AUMENTAR A IMAXINACIÓN
- SERVE PARA INVENTAR EXAMES
- SERVE ...
MIRADE QUE LIBRO FIXEMOS CON TODO

XA TEMOS O COPYRIGHT E ANDAMOS A PREPARAR TODA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA EXPORTALA.
  • HAI: UN CATÁLOGO DE MÁQUINAS FABRICADAS NA EMPRESA, OS NOMES DA MÁQUINA, A MALETA DAS FERRAMENTAS E O MANUAL PARA ENTENDER AS PARTES DA MÁQUINA, AS INSTRUCIÓNS DE USO, A BIOGRAFÍA DA INVENTORA,...
A NOSA MÁQUINA SAÍU NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN: ANUNCIOS, NOVAS, REPORTAXES,...
E XEROU HISTORIAS: CONTOS, ITINERARIO DA SÚA VIAXE...






A máquina fantástica, de onde veu?

esqueciamos dicir que a nosa máquina ten nome... unha chea de nomes, en realidade!

Agora a nosa máquina ten moitos libriños pendurados... Ninguén poderá dicir que é rara, ten moooooitísimas explicacións e datos anexos!!

14/2/13

UNHA RARA MÁQUINA NO CORREDOR DO COLEXIO

HOXE, AO CHEGAR POLA MAÑÁ ATOPÁMONOS CON ISTO


É UNHA MÁQUINA RARÍSIMA... QUE FARÁ NO COLEXIO?
TEMOS UNHA ENORME CURIOSIDADE... ESTÁ CHEO DE CARTEIS DE PERIGO E COIDADO, ´

SEGURO QUE NON É PARA TANTO. POR SE ACASO É MELLOR QUE NOS DESFAGAMOS DELA CANTO ANTES.
TEREMOS QUE ORGANIZARNOS:
- POÑERLLE NOME Á MÁQUINA E AOS SEUS ELEMENTOS
- ELABORAR CATÁLOGOS
- DESEÑAR O ITINERARIO E AVERIGUAR A ORIXE DA MÁQUINA
- FACER UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA
- POÑER NOVAS E ANUNCIOS NOS XORNAIS, NA TELE, NA RADIO,...
- ESCRIBIR A BIOGRAFÍA DA INVENTORA
- ELABORAR AS INSTRUCIÓNS DE USO
PARA QUE FACER TANTO? POIS... PARA VENDER A MÁQUINA AXIÑA.

9/2/13

AS FILLOAS NO ENTROIDO...

NA ENTRADA ANTERIOR FALAMOS DO ENTROIDO NO COLEXIO...
VISTES QUE COMEMOS FILLOAS...
MAIS NON SÓ AS COMEMOS, INVESTIGAMOS SOBRE ELAS...
UNHA DESAS INVESTIGACIÓNS TIVO LUGAR NA CLASE DE INGLÉS...
ESTIVEMOS TRABALLANDO AO REDOR DO PANCAKE DAY... COÑECEDES A HISTORIA?

SE DE INVESTIGACIÓNS E TRABALLOS FALAMOS, TAMÉN ELABORAMOS CARTEIS E MURAIS SOBRE ASPECTOS DO NOSO ENTROIDO, VELAQUÍ ALGÚNS RESULTADOS DO ALUMNADO DE 6º

8/2/13

ENTROIDO A TODA MÁQUINA!

Un cartel anuncia a festa,

unha festa que non sería posible sen a colaboración de toda a comunidade educativa: - Alumnado e profesorado que traballan arreo varios días, que desenvolven o proxecto sobre o entroido e as máquinas sen descanso e que están aí en cada detalle - Familias que colaboran coas lambetadas, co remate dos disfraces, coa costura, que axudan a que o alumnado cumpra as normas no cole cando o acompaña... - Persoal non docente que colabora, recoloca, fotocopia, acompaña, ... - ... O venres, ás nove comezan os preparativos: Emprátanse, córtanse, repártense as filloas, orellas, biscoitos,… O alumnado de 6º axuda na organización: cubos para o lixo, altofalantes, mesas de vendas,...

Vilaverdiño agarda e controla todo

Nas clases danse os últimos retoques das actividades do entroido: o almanaque do entroido, os poemas, os libros sobre os elementos do entroido galego, volvemos ver películas sobre as máquinas sobre as que xa traballaramos, dámos os retoques finais aos traxes,...

Disfrazámonos de máquinas, tiramos as primeiras fotos

Saímos ao patio, multitude de cámaras nos fan fotos...

Baixan a Vilaverdiño e 6º acompáñao ata o seu lugar. É o protagonista da festa e ten un sitio preferente no acto:

As presentadoras do evento aclaran a voz:

Desfilamos cunha música relacionada co noso disfrace de máquina. Aí van máquinas variadas: - As teles acompañadas dos seus mandos a distancia (educación infantil de tres anos) - As cámaras de fotos, con e sen baterías cargadas (educación infantil de catro anos) - Os ordenadores con teclado e rato (educación infantil de cinco anos) - As rodas engrenadas que fan funcionar máquinas diversas (1º) - As máquinas de multiplicar (2º) - As máquinas perfectas (ou case): o corpo humano. (3º) - Unhas máquinas simples, as tesoiras e os recortes (4º) - As máquinas existiron dende que o ser humano decidiu que precisaba algo que lle axudase, aí están as primeiras ferramentas, útiles, máquinas simples,... (5º) - Ningunha máquina que se prece pode funcionar se non hai quen a amañe, quen a invente, quen a deseñe, quen a imaxine,... (6º)

Con todo o malo que sucedeu este ano, Vilaverdiño non vai librarse de que o culpen de todo. Fanlle o xuízo do galo, dítase sentenza e lese o testamento

Tanto movemento, abre o apetito: Degustamos filloas, orellas e demais lambetadas

Cantamos as ladaíñas e queimamos ao galo, queda quentiño, quentiño... O que máis lle gusta a Vilaverdiño é que o queimen, así no vindeiro ano será novo do trinque.

Bailamos para rematar...

Non vos preocupedes, como esta é unha festa cíclica para o ano vai voltar!

5/2/13

UN ENTROIDO CON MÁQUINAS E UN GALO

XA VILAVERDIÑO ESTÁ ENCHÉNDOSE DE PLUMAS (BEN, NON MOITAS, A CRISE TAMÉN AFECTA AO NÚMERO DE PLUMAS...)

E NAS CLASES OS DIFRACES DE MÁQUINAS DIVERSAS ESTÁN RECIBINDO OS ÚLTIMOS RETOQUES.
XA AS COPLAS DO XUÍZO, TESTAMENTO E LADAÍÑAS ESTÁN CASE-REMATADAS E NELAS NON SE LIBRA NINGUÉN, AQUÍ SI QUE OS RECORTES NON FUNCIONARON... OU SI... ALGÚN RECORTIÑO QUE OUTRO APARECE PROTAGONIZANDO COPLAS.

XA AS FANTÁTICAS MENTES CULINARIAS ESTÁN A CREAR AS DELICIAS PARA A FESTA...
ASÍ QUE SE NON VOS CHEGOU A INVITACIÓN, NON VOS PREOCUPEDES PORQUE SEGURO VAI CHEGAR OU ANDARÁ PERDIDA NALGUNHA MOCHILA...
QUE POUCO FALTA PARA O ENTROIDO!
AH! NON ESQUEZADES TRAER UN DISFRACE RELACIONADO CON MÁQUINAS!