BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

24/6/19

DEICA SETEMBRO

O VENRES REMATARON AS CLASES CON CELEBRACIÓNS E FESTIVAL NO PATIO.
O LUNS ENTREGOUSE A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DA EVOLUCIÓN ACADÉMICA DO ALUMNADO.

VÉMONOS CON ENERXÍA REPOSTA EN SETEMBRO

Resultado de imagen de PECHADO POR VACACIÓNS

21/6/19

FIN DAS CLASES POR ESTE CURSO

DESPEDÍMONOS DE COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS XOGANDO, ESCOITANDO MÚSICA E MERENDANDO XUNTAS E XUNTOS.

REMATAMOS O DÍA CUNHA PEQUENA ACTUACIÓN


19/6/19

DIPLOMAS PARA MONITORAS E MONITORES DE VILAXOGOS

ESTE CURSO PUXEMOS EN MARCHA O PLAN DE "RECREOS INCLUSIVOS", NELES HABÍA COMO UNHA OPCIÓN OS VILAXOGOS.
MONITORAS E MONITORES DE 4º, 5º E 6º COLABORARON.
RECOLLERON O DIPLOMA ACREDITATIVO DA SÚA FUNCIÓN E BO FACER.

VELAQUÍ AS RECEPCIÓNS




GRAZAS A TODO O ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA MONITORIZACIÓN DE XOGOS NOS RECREOS INCLUSIVOS.

18/6/19

RECREOS INCLUSIVOS E OBRADOIRO DE TEATRO

FORMANDO PARTE DOS RECREOS INCLUSIVOS HABÍA UN OBRADOIRO DE TEATRO.
O ALUMNADO ESTIVO TRABALLANDO E DRAMATIZANDO AO LONGO DESTE ÚLTIMO TRIMESTRE.
VEMOS AQUÍ UN DOS ÚLTIMOS ENSAIOS NA BIBLIOTECA.

16/6/19

FESTIVAL FIN DE CURSO

ESTE PASADO SÁBADO A COMUNIDADE ESCOLAR PUIDO GOZAR DO FESTIVAL FIN DE CURSO.

POLA MAÑÁ DIVERSAS ACTUACIÓNS DO ALUMNADO, XOGOS E XANTAR.
POLA TARDE MÁIS XOGOS E CONVIVENCIA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS IMAXES DO DÍA

VARIAS SAÍDAS EDUCATIVAS AO LONGO DESTA QUINCENA

PECHANDO PROXECTOS, EXPERIENCIAS, TEMÁTICAS VARIAS,... AS DIFERENTES AULAS REALIZAN SAÍDAS EDUCATIVAS AO LONGO DESTAS SEMANAS.
XA VIMOS ALGO SOBRE A SAÍDA A CARBALLEDO NOUTRA ENTRADA DO BLOG.
AGORA VEMOS A SAÍDA AO MUSEO MASSÓ CON 3º.


https://photos.app.goo.gl/SQfyahPAKwhnaxTp9

EXPERIENCIA NA GRANXA 2º
 
 VISITA AO PARQUE DE BOMBEIRAS E BOMBEIROS (6º DE EI)


PODEREDES TER MÁIS INFORMACIÓN NOS BLOG DE NIVEL.

12/6/19

VISITAMOS A TERRA DE ANTÓN FRAGUAS


ESTA SEMANA O ALUMNADO INICIA A VISITA Á TERRA DE ANTÓN FRAGUAS: CRUCEIROS, CARBALLEIRAS, PETOS, PISCIFACTORÍA, ETC, ETC... SERÁN OBSERVADOS POLO ALUMNADO.
Resultado de imagen de CARBALLEDO MAPAS


A PRIMEIRA SAÍDA SERÁ A DO ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º.

A SEGUNDA SERÁ A DO ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º.


PODERANSE VER FOTOS E MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DE DINAMIZACIÓN.

7/6/19

RECIBIMOS AO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

ESTA SEMANA RECIBIMOS AO NOVO ALUMNADO DO COLEXIO.
FORMANDO PARTE DA PRIMEIRA FASE DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN, NESTA SEMANA, AS NENAS E OS NENOS PUIDERON TER O PRIMEIRO CONTACTO CON AULAS, PATIO, PROFESORADO E ALUMNADO DE INFANTIL.
https://photos.app.goo.gl/6sRiVq2iXuTKMxfS8

EN SETEMBRO INICIAREMOS A 2ª FASE.