22/6/11
BO VERÁN!
ESTE CURSO REMATA. VÉMONOS NO VINDEIRO CURSO!
DENDE MASCOTILANDIA DESEXAMOS QUE TEÑADES UN BO VERÁN, QUE GOCEDES DE DESCANSO E QUE DEIXEDES UN POUQUIÑO DE TEMPO PARA REPASAR, PERO SOBRE TODO PARA LER E ESCRIBIR.
- LER VAI PERMITIR QUE VIAXEDES COA IMAXINACIÓN E QUE VIVADES AVENTURAS METIDAS E METIDOS DENTRO DOS PERSONAXES.
- ESCRIBIR VAIVOS DAR A OPORTUNIDADE DE QUE ALGUÉN LEA O QUE PENSADES, O QUE VIVIDES, O QUE IMAXINADES.
21/6/11
DÚAS XUBILACIÓNS
NO COLEXIO, XUBÍLANSE ESTE CURSO DÚAS PROFES QUE LEVAN CONNOSCO MOITOS ANOS POLO QUE PASARON POLAS SÚAS CLASES VARIAS XENERACIÓNS DE ALUMNADO.
DESEXAMOS QUE O PASEN MOI BEN DENDE XA, QUE TEÑAN MOITA SORTE NA NOVA VIDA QUE COMEZAN. NÓS BOTARÉMOLAS DE MENOS.
GRAZAS POLA VOSA PROFESIONALIDADE E AMIZADE, GRAZAS POR PERMITIRNOS APRENDER CONVOSCO. GRAZAS PROFE HILDA E PROFE MANOLI.

20/6/11
O FESTIVAL DO SÁBADO
O SÁBADO, 18 DE XUÑO, NO COLEXIO HOUBO UNHA FESTA ENORME, NELA TEN MOITO PROTAGONISMO A ANPA DO COLEXIO E COLABORAN PROFESORADO E ALUMNADO:
1º O CROSS, CON ALUMNADO DE VARIOS CENTROS DE PONTEVEDRA. HOUBO TROFEOS E MEDALLAS ABONDO
2ºTEATRO, BAILES E OUTRAS REPRESENTACIÓNS
3º GRAN COMIDA CON ASISTENCIA DE FAMILIAS, PROFESORADO E ALUMNADO.
4º VISITA Á EXPOSICIÓN MONTADA POR PROFESORADO E ALUMNADO CON ALGÚNS DOS TRABALLOS (POIS NON CABEN TODOS) REALIZADOS AO LONGO DO CURSO.

19/6/11
MUSICANDO PATIOS
ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS OS PATIOS ESTIVERON MOI AMBIENTADOS. LOLA, A PROFE DE MÚSICA PUXO EN MARCHA UNHA ACTIVIDADE TITULADA "MUSICANDO PATIOS" E NOS RECREOS A MÚSICA PUXO UNHA "NOTA" (NUNCA MELLOR DITO)DIFERENTE NO PATIO.
SUBIREMOS FOTOS DA EXPERIENCIA...
SUBIREMOS FOTOS DA EXPERIENCIA...
17/6/11
UNHA EXPOSICIÓN GRANDIOSA
MAÑÁ, ENTRE OUTRAS MOITAS COUSAS, NO COLE VAI HABER UNHA FESTA. FAMILIAS, PROFESORADO E ALUMNADO VAN COMPARTIR ALGUNHAS ACTIVIDADES: UN CROSS, UN FESTIVAL, UNHA EXPOSICIÓN...
TODO ISTO REQUIRE DE MOITOS PREPARATIVOS, MIRADE AQUÍ UNS POUQUIÑOS, OS REFERIDOS Á EXPOSICIÓN:
TODO ISTO REQUIRE DE MOITOS PREPARATIVOS, MIRADE AQUÍ UNS POUQUIÑOS, OS REFERIDOS Á EXPOSICIÓN:
16/6/11
ACOLLIDA DO ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS EN 1º
HOXE, O ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS FOMOS VISTAR AS AULAS DE 1º. FOMOS SEN MANDILÓN (XENIAL!). ALÍ NOS AGARDABAN CON SORPRESAS: ENSINARON AS AXENDAS, OS MATERIAIS,... INTERCAMBIAMOS AGASALLOS... SE QUEREDES SABER MÁIS VISITADE O BLOG DE 1º E DE INFANTIL.
ACOLLIDA DE 4º EN 5º
AS NENAS E OS NENOS DE 5º CONVIDAN AO ALUMNADO DE CUARTO A TOMAR CONTACTO CO NOVO CICLO. ESTA SESIÓN FORMA PARTE DA 1ª FASE DO PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE PRIMARIA QUE CAMBIA DE CICLO.
1º VIRON CONXUNTAMENTE UN VÍDEO E DESPOIS ELABORARON UN TEXTO EN EQUIPO...
1º VIRON CONXUNTAMENTE UN VÍDEO E DESPOIS ELABORARON UN TEXTO EN EQUIPO...
14/6/11
ACOLLIDA DE 2º EN 3º
HOXE OS GRUPOS DE 2º VISITARON AS AULAS DE 3º, COMO 1ª FASE DO PLAN DE ACOLLIDA. ALÍ TOMARÁN CONTACTO COS NOVOS MATERIAIS, COAS NOVAS AXENDAS, FALARÁN COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DO NOVO CICLO...
HOUBO UN INTERCAMBIO DE AGASALLOS MOI LINDOS.
AQUÍ TENDES ALGUNHA FOTO DO QUE PASOU...
HOUBO UN INTERCAMBIO DE AGASALLOS MOI LINDOS.
AQUÍ TENDES ALGUNHA FOTO DO QUE PASOU...
6/6/11
COMEZA A 1ª FASE DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN
O ALUMNADO QUE SE VAI INCORPORAR AO COLEXIO PARA O CURSO 2011-2012, VÉN VISITARNOS ESTA SEMANA.
COÑECEN O PATIO, AS AULAS, A OUTRAS NENAS E OUTROS NENOS QUE VAN ESTAR NAS SÚAS AULAS...
DÁMOSLLES A BENVIDA!!
COÑECEN O PATIO, AS AULAS, A OUTRAS NENAS E OUTROS NENOS QUE VAN ESTAR NAS SÚAS AULAS...
DÁMOSLLES A BENVIDA!!
2/6/11
COIDAR OS BOSQUES
COMO XA VISTES NA ENTRADA ANTERIOR O 5 DE XUÑO É UN DÍA IMPORTANTE PARA A CONCIENCIACIÓN. DENDE MASCOTILANDIA UNÍMOSNOS Á PROPOSTA DE "PROMOVER O COIDADO DOS NOSOS BOSQUES" PARA PRESERVAR O MEDIO AMBIENTE.
AS MASCOTAS INICIAMOS UNHA MINI EXPOSICIÓN SOBRE O TEMA QUE FORON CONTINUANDO POLO CENTRO AS DIFERENTES AULAS:
- CON CADROS DE PINTORAS E PINTORES FAMOSOS (MONNET, MATISSE, ROUSSEAU, CABRERA)
- CON IMAXES DE BOSQUES TRADICIONAIS:
- CON BOSQUES CREATIVOS:
DENDE AS AULAS VAN APARECENDO BOSQUES DIVERSOS:
- BOSQUES DE 2º
- BOSQUE DOS DESEXOS DE 5ºB
- BOSQUES DE XORNAL DE 5ºA
- BOSQUES CON TÉCNICAS VARIADAS DE INFANTIL DE CATRO ANOS
- O BOSQUE CON COPAS EN TÉCNICAS DIFERENTES EN INFANTIL DE CINCO ANOS:
- UN BOSQUE DE MANS EN INFANTIL DE TRES ANOS:
- UN BOSQUE IMAXINATIVO EN 3º
- UN BOSQUE PICADO EN 1º:
- UN BOSQUE VARIADO EN 6º:
- UNS BOSQUES COLORISTAS EN 4º:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)