BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

30/4/18

UN CONVITE DO CEP MARCOS DA PORTELA

O ALUMNADO DE 4º, CONVIDADO POLO CEP MARCOS DA PORTELA, ASISTE HOXE AOS PROLEGÓMENOS DA ELABORACIÓN DUN MAIO.


COLABORAN CO ALUMNADO DESE CENTRO NA PREPARACIÓN DE ELEMENTOS DO MAIO.


23/4/18

LAMPI FAINOS UN AGASALLO O DÍA DO LIBRO

LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA CELEBRA CONNOSCO O DÍA DO LIBRO.
NO BLOG DA BIBLIOTECA TEMOS MÁIS INFORMACIÓN.

21/4/18

AS MENSAXES DOS CHANZOS

LEMBRADES A VOTACIÓN DO DÍA DA PAZ?
VOTAMOS AS ORACIÓNS, EXPRESIÓNS E PALABRAS QUE PARA NÓS SIGNIFICABAN PAZ...
POIS TODAS AS MÁIS VOTADAS ESTÁN NAS NOSAS ESCALEIRAS DE ENTRADA PARA NON ESQUECELAS:


17/4/18

VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

Nestas semanas as diferentes clases están a visitar o Salón do Libro.
Observamos as exposicións e participamos en actividades.
O contacontos están xenial!
Temos máis información nos blog de nivel.

Resultado de imaxes para salón do libro mulleres de conto

11/4/18

INTERCAMBIAMOS LIBROS

A BIBLIOTECA DO CENTRO PUXO EN MARCHA UNHA NOVA ACTIVIDADE DESTINADA Á COMUNIDADE ESCOLAR...
INTERCAMBIAMOS LIBROS


AS FAMILIAS FORON INFORMADAS A TRAVÉS DUNHA MENSAXE...
SEGUINDO AS FRECHAS QUE ESTÁN NA FACHADA ATOPARASE O ARMARIO ONDE SE OFERTAN LIBROS PARA LER, INTERCAMBIAR, ...
OS LIBROS DO ARMARIO PODERÁN SER LEVADOS A CASA POLAS PERSOAS QUE O DESEXEN E PODERANSE DEIXAR ALÍ LIBROS QUE XA SE TEÑAN LIDO E QUE APETEZA COMPARTIR.


E MÁIS PROXECTOS NESTE MES

OS PROXECTOS NAS AULAS SEGUEN PROPORCIONANDO MÚLTIPLES APRENDIZAXES. HAINOS QUE ESTÁN REMATANDO, HAINOS DE CONTINUIDADE E HAINOS NOVOS:
- SERES VIVOS
- CORPO HUMANO
- MAR
- PAISAXE
- ABELLAS E DEMAIS BICHIÑOS
- PLANTAS
- PREHISTORIA
- ...

ADEMAIS ALGÚN GRUPO DE ALUMNADO MAIOR ESTÁ FACENDO UNHA INVESTIGACIÓN SOBRE AS MERENDAS NA QUE COLABORA TODO O CENTRO.

AS AULAS SEGUEN INVESTIGANDO SOBRE PROGRAMACIÓN COA AXUDA DOS ROBOTS E AS TABLET.

PODEDES IR VENDO INFORMACIÓN NOS DIFERENTES BLOG

10/4/18

MOITAS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

NA BIBLIOTECA TEMOS TAMÉN ESTE MES UNHA CHEA DE ACTIVIDADES.
PODEDES VELAS CON DETEMENTO NO SEU BLOG.
VELAQUÍ UNHAS IMAXES DE ADIANTO


"MÉRCORES DE CONTO".




ACTIVIDADE DE "CONTOS NAS ORELLAS" PARA ALUMNADO DE INFANTIL



 "VICTORIA MORENO" PARA ALUMNADO DE 4º

9/4/18

ALOUMIÑO... A PALABRA MÁIS FERMOSA

APROVEITANDO QUE A PALABRA GAÑADORA FOI ALOUMIÑO E QUE NO CENTRO ESTAMOS TRABALLANDO AO REDOR DAS EMOCIÓNS...
NA ENTRADA DO COLEXIO HAI UN PANEL PARA DEIXAR ALOUMIÑOS...
A QUEN LLE IDES DEDICAR O DESTA SEMANA?


NAS CLASES HABERÁ PAPELIÑOS PARA QUE SE POIDAN ESCRIBIR E DEIXAR NO PANEL. AS PERSOAS QUE OS RECIBAN PODERÁN RECOLLELOS NO DÍA QUE SE SINALE PARA ISO...