BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

19/12/14

REMATOU O TRIMESTRE

FELICES FESTAS DENDE O COLEXIO PARA TODAS E TODOS.
SON OS DESEXOS DA COMUNIDADE EDUCATIVA A TRAVÉS DA TARXETA ELABORADA COS DEBUXOS DO ALUMNADO



AQUÍ VOS DEIXAMOS AS SUXESTIÓNS ELABORADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, O EDL E A BIBLIOTECA PARA QUE LEADES MOITO NESTES DÍAS E/OU QUE LLAS PIDADES AO PANDIGUEIRO:



TAMÉN TENDES CONSELLIÑOS NOUTRO DOS BLOGS DO COLE, CLICADE E VEREDES.

A TRADICIONAL CHOCOLATADA

HOXE NO COLEXIO TEN LUGAR A TRADICIONAL CHOCOLATADA.
DENDE AS PRIMEIRAS HORAS A ANPA PONSE MANS Á OBRA CO CHOCOLATE E NO CENTRO RECÓLLENSE AS ROSCAS QUE O ACOMPAÑARÁN

FALAR DA DEGUSTACIÓN NAS AULAS É INNECESARIO,... BASTA COAS IMAXES!

VÉN ACOMPAÑADA DA VISITA DO APALPADOR QUE ESTE ANO SUBSTITÚE A PAPA NOEL (QUE SE RETRASOU MOITO COA MERCA DOS AGASALLOS) E AOS REIS (QUE NON DERON ATOPADO TODO O CARBÓN QUE PRECISABAN).O APALPADOR, MÁIS DILIXENTE VEU COAS SACAS CARGADAS E ACOMPAÑADO CO CORO DO COLEXIO QUE CANTABA A SÚA CANTIGA.

18/12/14

UN CONCERTO PARA O FINAL DO TRIMESTRE

O COLEXIO PUIDO GOZAR DUN FASTUOSO CONCERTO.
FOI UN REPERTORIO VARIADO E BAILABLE INTERPRETADO POLA BANDA DE MÚSICA NAVAL MILITAR
E REMATOU CUNHA CHEA DE VILANCICOS.
GRAZAS POR VIR!

16/12/14

ENCONTRO CUN AUTOR DE LITERATURA INFANTIL

AS NENAS E OS NENOS DE 4º, HOXE TIVERON UNHA INTERESANTÍSIMA SESIÓN CO AUTOR DO LIBRO...



ABRAHAM CARREIRO CONTOULLES MOITAS COUSAS SOBRE AS BANDAS DESEÑADAS, FÍXOLLES DESEÑOS,...


DEDICOU TAMÉN MOITO TEMPO A RESPONDER PREGUNTAS E...
ASINOU UN MONTE DE LIBROS QUE AS NENAS E OS NENOS LLE ACHEGARON, LIBROS QUE ESTIVERON LENDO AO LONGO DO TRIMESTRE.

FOI UNHA SESIÓN DE MOITA APRENDIZAXE.
PARA VER FOTOS TENDES QUE VISITAR O BLOG DAS CLASES DE 4º.

12/12/14

OS POEMAS DE DECEMBRO

LAMPI ANDA DEIXANDO NAS AULAS OS POEMAS DESTE MES...
TERÉDELOS XA NA VOSA CLASE?

11/12/14

O CONCURSO DE TARXETAS E OS ADORNOS NAS AULAS

ACOMPAÑANDO O TRABALLO SOBRE O PANDIGUEIRO OU APALPADOR O COLEXIO COMEZA A TER MOITAS OUTRAS TAREFAS POLOS CORREDORES:
- HAI, POR EXEMPLO, AS POSTAIS DO CONCURSO DE TARXETAS. ESTE ANO QUEDARON FERMOSÍSIMAS, NON FOI NADA DOADO SELECCIONAR ALGUNHA


- TAMÉN TEMOS MÚLTIPLES ADORNOS, VELAQUÍ ALGÚN

PODEDES SEGUIR VENDO MÁIS NOS BLOG DE CADA CLASE

E OS PROXECTOS DESTE MES...

NESTE MES VARIOS PROXECTOS REMATAN...
- O UNIVERSO (EN VARIAS CLASES)
 - AS MASCOTAS
- O TEMPO E TODO O CLIMATOLÓXICO
 - PICASSO E VERNE
 - OS DINOSAUROS
...
 E OUTROS COMEZAN PARA CONTINUAR DESPOIS NO SEGUINTE TRIMESTRE:
- AS E OS CAVERNÍCOLAS NA PREHISTORIA
- A ATMOSFERA E A AUGA
- OS ANIMAIS
- O RELEVO NOS PLANETAS E SOBRE TODO NO PLANETA TERRA
 - A CLIMATOLOXÍA -...
 
PODEREDES SEGUIR A EVOLUCIÓN DAS INVESTIGACIÓNS NOS DIFERENTES BLOGS DE NIVEL

10/12/14

A BIBLIOTECA PROMOVE A LECTURA DOS TEUS LIBROS PREFERIDOS

LAMPI ANDA CON MOITA TAREFA. ESTÁ A COLOCAR FOTOS DAS NENAS E DOS NENOS QUE SUXIREN OS SEUS LIBROS FAVORITOS.

NON DEIXEDES DE VISITALA.

O PANDIGUEIRO OU APALPADOR: UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO

NO COLEXIO, ESTE NADAL IMOS TRABALLAR COA VERTENTE TRADICIONAL DESTA FESTA.
NA CULTURA GALEGA, ANTES DA CHEGADA DE PAPA NOEL, HABÍA XA PERSONAXES QUE TRAÍAN AGASALLOS E VISITABAN AS CASAS ONDE VIVEN NENAS E NENOS...
NO BLOG DO EDL E DA BIBLIOTECA IREDES VENDO A EVOLUCIÓN DESTE TRABALLO.

UN TRABALLO PRESIDIDO POLO APALPADOR QUE ELABORARON AS CLASES DE 6º

5/12/14

TRABALLAMOS AO REDOR DA CONSTITUCIÓN

NESTES DÍAS, AS DIFERENTES CLASES DO COLEXIO TRABALLAN CO ALUMNADO A NECESIDADE DUNHAS NORMAS QUE GARANTAN OS NOSOS DEREITOS E LEMBREN OS NOSOS DEBERES.
FALAN DA CONTITUCIÓN, DA QUE TANTO SE ESCOITA COMENTAR NESTES ÚLTIMOS TEMPOS
REFLEXIONAN SOBRE O SEU CONTIDO E SIMULAMOS VOTACIÓNS COMO A DE 1978, SÓ QUE NESTA VOTACIÓN O QUE SE VOTA É A "CONSTITUCIÓN DAS AULAS".
VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES



1/12/14

UN ENIGMA NA ENTRADA DO COLEXIO

NESTES DÍAS LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA, COLOCOU UNHA EXPOSICIÓN SOBRE LIBROS DE LITERATURA RELACIONADOS COAS MATEMÁTICAS.
HAI MOOOOOITOS TÍTULOS E AO LONGO DO MES HABERÁ MOITOS MÁIS.
O CASO É QUE O TÍTULO DA EXPOSICIÓN É UN ENIGMA QUE O ALUMNADO TEN QUE TENTAR RESOLVER E MANDAR AS SOLUCIÓNS A UNHA CAIXA DE SUXESTIÓNS NA BIBLIOTECA...
DENDE O BLOG DA BIBLIOTECA SEGUIREMOS INFORMANDO


28/11/14

AS PALABRAS QUE INVENTAMOS PARA MAFALDA

O ALUMNADO ACEPTOU O RETO DE MAFALDA E INVENTOU MOOOOITAS PALABRAS NOVAS.
NA BIBLIOTECA ESTÁN XA COLOCADAS
MIRADE ALGUNHAS DELAS

UNHA NOTICIA QUE ENGANCHOU CON VARIOS DOS PROXECTOS NO CENTRO

O ALUMNADO DO COLEXIO ESTÁ SEGUINDO A NOTICIA DO PHILAE E A SÚA ATERRAXE NO COMETA.
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA QUE SE POÑA DE NOVO EN MARCHA COAS BATERÍAS CARGADAS...
O ALUMNADO DE 5º, PUXO NUN MURAL O TINERARIO DA NOTICIA.

24/11/14

LOITANDO CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO: 25 DE NOVEMBRO

O 25 DE NOVEMBRO É O DÍA CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO.
O MALTRATO TEN VARIAS FORMAS...

DENDE HAI DÍAS LEVAMOS TRABALLANDO AO REDOR DA HISTORIA DE ARTUR E CLEMENTINA


 E TAMÉN A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES

DENDE ESTAS HISTORIAS REFLEXIONAMOS SOBRE A NECESARIA IGUALDADE E VEMOS QUE O MALTRATO PODE TER VARIAS CARAS.
O MALTRATO TEN QUE VER COA DESIGUALDADE E O TRATO DESIGUAL...

AS CONSECUENCIAS SON...
MESMO PODE SER UN MALTRATO SUTIL
OU UN MALTRATO EVIDENTE

21/11/14

MAFALDA APÚNTANOS AO DÍA DA PALABRA

MAFALDA ANDA ALGO ENCABUXADA...
A PESAR DE QUE ENTRARON 5000 NOVAS PALABRAS NO DICIONARIO ELA INDA BOTA DE MENOS UNHA CHEA DELAS.
ASÍ QUE LLE ESCRIBÍU AO ALUMNADO UNHA POSTAL COA FINALIDADE DE QUE LLE AXUDEN A INVENTAR AS PALABRAS NOVAS QUE BOTA EN FALTA E LLAS LEVEN Á BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O DÍA DA PALABRA


20/11/14

DE NOVO EN ONDA CERO CO GALLO DOS DEREITOS DA INFANCIA

ONDA CERO remitíu un programa especial con motivo do Día Universal dos Dereitos da Infancia e utilizaron algúns relatos que deixaron as nenas e os nenos do CEIP Vilaverde.
O enlace e os datos máis concretos podedes velos no blog do Equipo de Dinamización
Video Thumb

UN DÍA ESPECIAL -20 DE NOVEMBRO- CELEBRADO DUN XEITO ESPECIAL: XOGOS

NESTES DÍAS CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS E... QUE MELLOR MANEIRA DE CELEBRALO QUE CON XOGOS?
PRIMEIRAMENTE FORON AS NENAS E OS NENOS DE 2º
 

E DESPOIS 3º E 4º. FOI UNHA XINCANA CON PROBAS E XOGOS POPULARES EN VERSIÓN LINGÜÍSTICA CUNS OBRADOIROS DE LINGUA FORZA 3 OFERTADAS POLO Concello de Pontevedra coa colaboración do EDL. SE QUEREDES MÁIS INFORMACIÓN VISITADE OS BLOG DAS AULAS E O DE DINAMIZACIÓN.



19/11/14

OS PREMIOS NO CONCURSO "MELODÍA DE IGUALDADE"

COMO VOS DICIAMOS NA ENTRADA ANTERIOR...
NO COLEXIO ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DO DEREITO Á IGUALDADE CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.
DESPOIS DE DEBATER E REFLEXIONAR, DE ELABORAR VIRAVENTOS POLOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS, DE REALIZAR DEBUXOS E HISRORIAS,... REMITIMOS OS NOSOS TRABALLOS  AO CONCURSO "MELODÍA DE IGUALDADE"
E... TEMOS PREMIOS!

A ENTREGA DE PREMIOS É HOXE NO TEATRO PRINCIPAL ÁS 17 HORAS.
PARABÉNS A TODAS AS NENAS E A TODOS OS NENOS POLOS TRABALLOS TAN FANTÁSTICOS, NON PODÍAN LEVAR PREMIOS TODAS E TODOS..., ASÍ QUE NO CONCURSO ELIXIRON ESTES EN NOME DE TODAS E TODOS:

MATEO REQUEJO GIRAUT (5 ANOS INFANTIL)
AIMEE NOVEGIL PARATCHA (5 ANOS INFANTIL)
E...
DANIEL FERREIRA BARCIA (4 ANOS INFANTIL)


13/11/14

OS DEREITOS DA INFANCIA

NESTES DÍAS ANDAMOS TRABALLAR AO REDOR DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.
FACEMOS ESPECIAL FINCAPÉ NO DEREITO Á IGUALDADE E NA LOITA CONTRA A DISCRIMINACIÓN.

E VOLVEMOS TRABALLAR A TRAVÉS DUN CÓMIC COA HISTORIA DE MALALA , ESA NENA QUE LOITA POLA IGUALDADE NO DEREITO DE NENAS E NENOS Á ESCOLA.

REVISAMOS OS DEREITOS DE NENAS E NENOS CO POEMA "VIRAVENTOS" DE enrédate.org

7/11/14

E HOXE... MAGOSTO!

Despois de traballar arreo sobre o outono, as festas e celebracións típicas da data... No colexio imos celebrar o noso magosto.
Estivemos facendo murais sobre o Samaín e o magosto, liñas cronográficas da festa do magosto, libriños sobre o magosto, carteis sobre Halloween, receitas da época e moooooooitas actividades plásticas.


Pola mañá, Antío estaba expectante na súa árbore, pretiño tiña as castañas e a leña... e Paco xa prendera as fogueiras, ben a cuberto por se o tempo fai unha trasnada...


Mentres se asan as castañas, os xogos invaden o colexio: carreira castaña, ond estás?, castaña por detrás, comecastañas, arrincar o rabo, maquillaxe,...


Coas castañas asadas... A comer!



5/11/14

EN ONDA CERO

QUEREMOS LEMBRARVOS QUE DENDE O DÍA 3 DE NOVEMBRO ATA O 14 O ALUMNADO DO NOSO CENTRO APARECERÁ NO PROGRAMA "DÁLLE Á LINGUA"
PODEREDES ESCOITARNOS EN ONDA CERO AO REDOR DAS 11:55h. XA VOS CONTARAMOS O DA GRAVACIÓN NO COLE NUNHA ENTRADA ANTERIOR

ESCOITADE O RESULTADO NESTE ENLACE

4/11/14

DE NOVO LEVAMOS Á RADIO OS NOSOS TRABALLOS

Visitounos a radio.

Coma nestes anos pasados gravamos cancións, informacións sobr os proxectos nos que traballamos, poesías,...

Deixamos unhas imaxes:


30/10/14

SAMAÍN E HALLOWEEN VAN DA MAN

ACABOU OUTUBRO...
NESTES DÍAS O COLEXIO ESTIVO INVADIDO DE ELEMENTOS DESTAS FESTAS:
  • CANTIGAS E RAPS
  • RECEITAS
  • INVESTIGACIÓNS EN GALEGO E INGLÉS
  • ARTE E ELEMENTOS PLÁSTICOS
  • CONTOS
  • PELÍCULAS
  • EXPOSICIÓNS E VISITAS A ESAS EXPOSICIÓNS PARA ENFRONTARSE AO MEDO
  • ...
NOS BLOGS DO CENTRO PODEREDES VER DESCRICIÓNS DESTAS ACTIVIDADES.
NESTE DEIXÁMOSVOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS ONDE ALUMNADO E FAMILIAS AMOSARON OS SEUS DONS CREATIVOS


CON TANTA CABAZA DISFRAZADA DE BRUXA, VAMPIRO, MOMIAS, MONSTROS, PANTASMAS... O MEDO ANDA CASE, CASE PRESENTE. EN REALIDADE XOGAMOS CO MEDO... PERO... E AS PANTASMAS, VAMPIROS, MOMIAS E MONSTROS... TEÑEN MEDO?
COMPROBADE AQUÍ.

24/10/14

UN 24 DE OUTUBRO CON MAFALDA

A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA TRÓUXONOS A UN PERSONAXE MOI ESPECIAL AO COLE.
CONVIDOU A MAFALDA!
ADEMAIS LEVOU ALGUNHA DAS AVENTURAS DA NENA A CADA CLASE.

E CONVIDOU A TODO O ALUMNADO E PROFESORADO A LER MÁIS TIRAS CÓMICAS DE MAFALDA NA BIBLIOTECA.
AGORA DEIXOUNOS COA INTRIGA DE COÑECER MÁIS A MAFALDA, ÁS SÚAS AMIGUIÑAS E AOS SEUS AMIGUIÑOS E TAMÉN AO SEU CREADOR.
ATOPAREDES MÁIS SOBRE TODO ISTO NOS BLOG DE CLASE E TAMÉN NO DA BIBLIOTECA

10/10/14

XA CHEGOU ANTÍO AO COLEXIO

HOXE CHEGOU ANTÍO AO COLEXIO.
VÉN INDICARNOS QUE XA CHEGA O MAGOSTO E A PROPORNOS TAREFAS PARA CELEBRALO.
ADEMAIS DEIXARÁ UNHA CARTA NAS CLASES... QUE LLE PASARÍA ESTE ANO?

1/10/14

XUNTANZAS DE COMEZO DE CURSO COAS FAMILIAS

COMEZAMOS A PASADA SEMANA, SEGUIIMOS NESTA E REMATAREMOS NA SEGUINTE COAS XUNTANZAS INICIAIS COAS FAMILIAS DOS DIFERENTES NIVEIS.
SON XUNTANZAS MOI IMPORTANTES PARA FALAR DALGUNHAS COUSIÑAS QUE SUCEDEN NAS CLASES...
NOS BLOGS DAS CLASES ATOPAREDES MÁIS INFORMACIÓN.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS CON INTRES DA CONVERSA E DAS PRESENTACIÓNS EMPREGADAS

25/9/14

A MASCOTA DA BIBLIOTECA DEIXA ALGO NAS AULAS

LAMPI ANDOU MOI ATAREFADA NESTES DÍAS POÑENDO EN ORDE A BIBLIOTECA, MAIS...
XA ESTÁ LISTA PARA FACERNOS PROPOSTAS!
NAS CLASES IRÁ DEIXANDO COUSIÑAS...
A MASCOTA DA BIBLIOTECA

23/9/14

E OS PROXECTOS VAN COMEZANDO




NAS CLASES VAN XURDINDO PROXECTOS MOI INTERESANTES, ALGÚNS RELACIONADOS COA 1ª CARTA DA MASCOTA NESTE CURSO, OUTROS PROCEDENTES DUNHA LISTAXE DE INTERESES DO ALUMNADO, OUTROS COMO CONTINUIDADE DO QUE INICIARON A FINAIS DO CURSO PASADO, OUTROS PORQUE...
O CASO É QUE XA HAI PROXECTOS EN MARCHA... TENDES CURIOSIDADE? AS IMAXES PODEN DAR PISTIÑAS:







21/9/14

OS PLANS DE ACOLLIDA

NESTES PRIMEIROS DÍAS NAS CLASES ESTIVEMOS TRABALLANDO CO PLAN DE ACOLLIDA.
SON AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS PARA:
- COÑECER A AULA
- PREPARAR AS NORMAS DE AULA
- CHEGAR A ACORDOS SOBRE COMO PRESENTAR O MATERIAL
- MANEXARNOS POLO ESPAZO DO CENTRO
- LEMBRAR QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO E VER QUE ASPECTOS NON NOS QUEDARON MOI AFIANZADOS, A AVALIACIÓN INICIAL XUSTAMENTE ESTÁ PARA ISO
- REENCONTRARNOS COAS COMPAÑEIRAS E COS COMPAÑEIROS E COA MASCOTA (QUE XA TIÑA UNHA CARTIÑA CON TAREFAS PARA NÓS)
- BOTAR UN OLLO AO QUE IMOS APRENDER ESTE CURSO
- IR PLANIFICANDO OS HORARIOS E USANDO A AXENDA

10/9/14

HOXE HAI CLASE

HOXE COMEZAN AS CLASES.

IMOS ESTAR:
-  AS NENAS E OS NENOS QUE REMATAREMOS PRIMARIA, AS E OS MAIORES DO COLEXIO QUE ACTUAREMOS MOI RESPONSABLEMENTE PORQUE SOMOS O MODELO PARA O RESTO DO ALUMNADO
- AS NENAS E OS NENOS QUE VEÑEN A UN COLEXIO POR PRIMEIRA VEZ.
- AS NENAS E OS NENOS QUE COMEZAN NESTE CENTRO DESPOIS DE QUE ESTIVERON XA NOUTROS CENTROS O CURSO PASADO
- AS NENAS E OS NENOS QUE PASAN A PRIMARIA
- AS NENAS E OS NENOS QUE...
TAMÉN VAN ESTAR OS NERVIOS, A CURIOSIDADE,  O REENCONTRO, AS NOVAS AMIZADES, OS NOVOS MATERIAIS, O NOVO PROFESORADO E O QUE XA ESTABA NO CENTRO,...

BO E FELIZ CURSO PARA TODAS E TODOS
Un día María,
camiño da escola,
fixo unhas preguntas,
moi, pero que moi boas:
- Avoa...
por que as nubes
teñen formas variadas?
Por que cando chove...
parecen queimadas?
- Xa soa o timbre...
falamos á tardiña?
Entra logo á clase.
Entra, bule, axiña!

A nena, na clase
deixa a mochila...
mais segue coa pregunta
cavila e cavila.
...

A pregunta inqueda,
dá curiosidade,
é coma un aguillón
que pica de verdade.

...
Que gran aventura
a de coñecer!
Unha pequena dúbida
promove aprender.




1/9/14

COMEZA UN NOVO CURSO: 2014/2015

COMEZAMOS UN NOVO CURSO.
VIRÁ CHEO DE NOVIDADES COMA SEMPRE E SOBRE TODO CHEO DE CIENCIA E FICCIÓN.
NESTES PRIMEIROS DÍAS MOITAS TAREFAS ENCHEN XA A VIDA DO CENTRO:
- PREPARACIÓN DAS AULAS
- XUNTANZAS DE COORDINACIÓN
- ORGANIZACIÓN DE MATERIAIS
- PROGRAMACIÓNS
-...

E AS VISITAS DO NOVO ALUMNADO AO CENTRO, SERÁN AS NENAS E OS NENOS QUE ESTARÁN EN TRES ANOS E QUE VEÑEN COAS FAMILIAS ENTREVISTARSE COAS PROFES, ÁS QUE VAN COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS DE PRETO.

24/6/14

BO VERÁN E DEICA SETEMBRO!

REMATA O CURSO E POR DIANTE O ALUMANDO TERÁ UNHAS VACACIÓNS CON TEMPOS PARA XOGAR, CONVIVIR, VISITAR SITIOS DIFERENTES,...

TAMÉN TERÁ TEMPO PARA LER... NO NOSO BLOG DA BIBLIOTECA POÑEMOS ALGUNHAS SUXESTIÓNS INTERESANTES.












E TEMPO PARA REPASAR ALGUNHA COUSIÑA E APRENDER ALGO NOVO. EN CADA BLOG DE NIVEL HAI SUXESTIÓNS NESTE SENSO.

23/6/14

A NOSA REVISTA DO CERTAME DE POESÍA 2014

PODEMOS CONSULTALA NO BLOG DE DINAMIZACIÓN.

20/6/14

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE DO CURSO 2013-2014

HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL CON PELÍCULAS, LUPANDAS E ACTUACIÓNS
ALGUNHAS XA PROGRAMADAS E OUTRAS SORPRESA



E TAMÉN CON AGARIMOS, DESPEDIDAS, FOTOS DE GRUPO ...



ABUR!


O LUNS AS FAMILIAS ENTREVISTARANSE CO PROFESORADO PARA COÑECER AS CUALIFICACIÓNS FINAIS.

14/6/14

FESTA FIN DE CURSO

HOXE,NO COLEXIO TIVO LUGAR A FESTA FIN DE CURSO CUN EXTENSÍSIMO PROGRAMA:
  • ACTUACIÓNS DAS NENAS E DOS NENOS DO COLEXIO: DEPORTE, BAILES, CANCIÓNS,...
  • SORTEO
  • COMIDA FAMILIAR
  • XOGOS 
  • MERENDA
A FESTA QUE COMEZOU AO REDOR DAS 10 DA  MAÑÁ, REMATOU BEN PASADAS AS 20:30.

10/6/14

COMEZAN AS ACOLLIDAS DO ALUMNADO NO SEGUINTE CICLO/ETAPA

DURANTE A SEMANA DO 9 AO 13 DE XUÑO O ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ A EI DE 3 ANOS O VINDEIRO CURSO VISITA AS SÚAS NOVAS AULAS EN COMPAÑA DA FAMILIA.
ESTA ACTIVIDADE ENMÁRCASE DENTRO DAS ACTIVIDADES DA FASE 1 DO PERÍODO DE ADAPATACIÓN.

TAMÉN O ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA OU CICLO IRÁ COÑECER AS CLASES, MATERIAIS, ALUMNADO,... DO SEU NOVO PERÍODO.
PREPARARON UNHA SORPRESA QUE AGARDAN QUE LLES GUSTE.
O ALUMNADO DE 2º VISITA AS AULAS DE 3º

O ALUMNADO DE 4º VISITA AS AULAS DE 5º

O ALUMNADO DE 5 ANOS DE EI VISITA AS AULAS DE 1º

O ALUMNADO DE TRES ANOS, COMO CAMBIA DE EDIFICIO E AULA TAMÉN FOI VISITAR AS NOVAS CLASES:


4/6/14

VÉN O DÍA DO MEDIOAMBIENTE: XOGA CONNOSCO E COIDA O MEDIO

ALZA A TÚA VOZ, NON O NIVEL DO MAR
É O ESLOGAN DESTE ANO NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE.
AVERIGUA COMO PODES AXUDAR A QUE O MAR NON AUMENTE DE NIVEL E PREXUDIQUE AO PLANETA:
  • VENDO ESTES VÍDEOS:






  • XOGANDO CON ESTES XOGOS
http://www.ocu.org/site_images/educar/index_n1.swf
http://consumo.greenpeace.es/
http://www.educatumundo.com/
http://recursos.encicloabierta.org/enciclomedia/cnaturales/enc_cn_mejorando_ambiente/index.html
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1199088572619&idContent=14834&locale=es_ES&textOnly=false
http://www.aguasdesevilla.com/infantil/infan/ciclome.swf

http://redtic.educacontic.es/actividades/sosanimales/sosanimales.swf

http://www.reciclavidrio.com/entrar.htm
logo_mismo_planeta


  • REFLEXIONANDO COA PRESENTACIÓN EN POWER QUE TÉS NA CLASE E INVESTIGANDO O QUE CHE PROPÓN.

CHARLAS PARA FAMILIAS

ONTE, DÍA 3 DE XUÑO TIVERON LUGAR DÚAS CHARLAS PARA FAMILIAS:
- A PRIMEIRA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º CICLO SOBRE A SEGURIDADE NA INTERNET DENTRO DO PROGRAMA "NAVEGA CON RUMBO". CON ANTERIORIDADE XA O ALUMNADO RECIBIRA INFORMACIÓN SOBRE O MESMO TEMA.

- A SEGUNDA PARA AS FAMILIAS DO ALUMANDO DE 6º. UNHA CHARLA DENTRO DO PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO AO IES. INFORMÓUSELLE SOBRE O INSTITUTO E ACLARÁRONSE DÚBIDAS.CONTOUSE COA PRESENCIA DO DIRECTOR, A XEFA DE ESTUDOS E A ORIENTADORA DO IES FREI MARTÍN SARMIENTO.

29/5/14

RECEPCIÓN DAS NOVAS FAMILIAS NO CENTRO

AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE ESCOLARIZARÁ EN TRES ANOS O CURSO VINDEIRO ASISTÍU O MARTES, 27 DE MAIO, A UNHA XUNTANZA CO EQUIPO DE PROFESORADO DE INFANTIL DO CENTRO.
ESTA SESIÓN DE ACOLLIDA FORMA PARTE DA 1ª FASE DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN QUE SE DESENVOLVE NO COLEXIO.
NESTA FASE TAMÉN ESTÁ A VISITA DAS NENAS E DOS NENOS ÁS QUE SERÁN AS SÚAS AULAS, TERÁ LUGAR DURANTE A SEMANA DO 9 AO 13 DE XUÑO.



A EXPOSICIÓN SOBRE AS MULLERES NA HISTORIA

AGORA XA TODAS AS CLASES COMPLETARON A SÚA INVESTIGACIÓN SOBRE AS MULLERES NA HISTORIA E AS SÚAS ACHEGAS NAS MATEMÁTICAS, NA ASTRONOMÍA, NA MEDICINA, NA NAVEGACIÓN, NA POLÍTICA, NA PINTURA, NA ESCRITURA,...
POR ISO TEMOS UNHA EXPOSICIÓN NOS CORREDORES DO CENTRO.
AS DIFERENTES AULAS VISITAMOS A EXPOSICIÓN COMPLETA E CUN FOLLETO ANOTAMOS DATOS DE INTERESE PARA DESPOIS COMENTAR NA AULA.
TAMÉN VOS CONVIDAMOS A VISITALA, SEGURO QUE VOS VAI GUSTAR.
 

23/5/14

ALGÚNS PROXECTOS QUE NACEN NESTE MES

NESTAS SEMANAS NACEN PROXECTOS NAS DIFERENTES AULAS...
- SOBRE CORES
- SOBRE FLORES

- SOBRE INSECTOS
Cartoon Insects Collection
- SOBRE PREHISTORIA

E CONTINÚAN ALGÚNS INICIADOS HAI POUQUIÑO. PODEDES SEGUILOS TODOS NOS BLOGS DE NIVEL.

16/5/14

ADIANTÁMONOS Á CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

HOXE, CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Wordle: DÍAZ CASTRO
 DESPOIS DE INVESTIGAR, CREAR POEMAS, TRABALLAR BIOGRAFÍA, TRABALLAR POEMAS DE DÍAZ CASTRO, XOGAR COAS MATEMÁTICAS DA SÚA BIOGRAFÍA,...
POR FIN CHEGOU O DÍA DA CELEBRACIÓN!

  • LEMOS AS NOSAS CREACIÓNS DO CERTAME DE POESÍA NOS CICLOS E DESPOIS, AS GAÑADORAS LERANSE NO PATIO PARA TODO O CENTRO. 


  • ASISTIMOS Á ACTUACIÓN DE MAXÍN BLANCO QUE TRAE UN ESPECTÁCULO SOBRE O QUE TRABALLAMOS NA CLASE. 


VAI SER UN DÍA ESPECIAL... UN DÍA ANTES DO 17, PERO ESPECIAL IGUALMENTE.



15/5/14

O NOSO VÍDEO CONXUNTO: SABEDES ALGO SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?

SABEDES ALGO SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?
SIIIIIII!
ESTES DÍAS ESTIVEMOS GRAVANDO O VÍDEO COAS NOSAS INVESTIGACIÓNS SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

VELAQUÍ O RESULTADO


AS RECENSIÓNS NUNHA EXPOSICIÓN

XA COMEZA A ESTAR COLOCADA A EXPOSICIÓN DE "LIBROS E AS SÚAS RECENSIÓNS".
AS RECENSIÓNS FORON ELABORADAS NAS AULAS DURANTE A SEMANA DO LIBRO.
FORON FEITAS SOBRE LIBROS QUE LLES REMITÍU LAMPI E QUE, DESPOIS DE LER,CREN QUE SON TAN INTERSANTES COMO PARA SUXERIRVOS A SÚA LECTURA.

IMAXES DA EXPOSICIÓN

13/5/14

LEMBRADES A CAMPAÑA DE RECITADOS INTERAULAS?

DENTRO DA CAMPAÑA "RECITANDO POEMAS PARA OUTRAS CLASES" PROPOSTA POLO EDL, ONTE (12 DE MAIO) INFANTIL TIVO UNHA SESIÓN DE RECITADO NO PATIO.
PRIMARIA XA COMEZOU A TRABALLAR SOBRE OS POEMAS E REALIZARÁ OS RECITADOS INTERAULAS A PARTIR DO 19 DE MAIO
INFANTIL DE CATRO ANOS RECITOU:
"OSO MIMOSO" DE BERNARDINO GRAÑA E "VENTOS" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.

OS RECITADOS DE 3 ANOS E 5 ANOS FORON: "O LAGARTO" E "O ELEFANTE"DE GLORIA SÁNCHEZ, "O VENTO DE ANTÓN" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, "A BELA DURMINTE" DE DORA VÁZQUEZ

11/5/14

CROSS ESCOLAR 2014

COMO TODOS OS ANOS POR ESTAS DATAS, NO COLEXIO TEN LUGAR UN CROSS ESCOLAR.
ESTE ANO FOI O SÁBADO DÍA 10, UN DÍA ADECUADO PARA CORRER (NON FACÍA NIN FRÍO NIN CALOR, UNHA TEMPERATURA AGRADABLE).
NEL PARTICIPAN NENAS E NENOS DE VARIOS CENTROS EDUCATIVOS E, POR SUPOSTO, DO NOSO.
FOI UN DÍA ESPECIAL. MIRADE AS FOTOS:


9/5/14

UN VÍDEO A PIQUES DE GRAVARSE

DENTRO DUNS DÍAS VAISE GRAVAR O VÍDEO CO QUE SABEMOS DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO!
NON DEIXEDES DE REMATAR A INVESTIGACIÓN!
DENTRO DUNS DÍAS ALGUÉN CHAMARÁ Á VOSA PORTA DA CLASE PARA PREGUNTARVOS...

SABEDES ALGO DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?




MENTRES GOZADE DESTROUTO VÍDEO

6/5/14

XA SON 60000 VISITAS!



AS MASCOTAS ESTAMOS MOI CONTENTAS POR TER TANTAS VISITAS! GRAZAS

5/5/14

TRABALLAMOS SOBRE DÍAZ CASTRO

TODO O CENTRO ESTÁ A FACER UN TRABALLO CONXUNTO SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO POLAS LETRAS GALEGAS NESTE ANO.
EN CADA CLASE ACABA DE APARECER UNHA PREGUNTA SOBRE A BIOGRAFÍA DE DÍAZ CASTRO...
VAI SER UN TRABALLO FERMOSO DO QUE TEREDES INFORMACIÓN PUNTUAL NO BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN.
SEGURO QUE NESTE ANO VAI HABER ALGO AUDIOVISUAL... SE QUEREDES SABER MÁIS NON DEIXEDES DE SEGUIRNOS.

PODEDES ATOPAR DATOS SOBRE ESTE POETA NESTE ENLACE, NESTE E TAMÉN NESTOUTRO.

ADEMAIS TRABALLAREMOS SOBRE A OBRA DE XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO.
ESTA PRESENTACIÓN VAI AXUDARNOS


4/5/14

UNHA NOVA EDICIÓN DO CERTAME DE POESÍA... XA O NÚMERO XXII!

TAMÉN NESTE CURSO O CERTAME DE POESÍA TERÁ LUGAR.
NENAS E NENOS, INDIVIDUALMENTE, EN PEQUENOS GRUPOS OU EN GRAN GRUPO ELABORAN POESÍAS.
AS QUE DECIDAN QUE SON AS MELLORES LERANSE NA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS, UNHAS LETRAS GALEGAS QUE NESTE ANO SE LLE DEDICAN A UN POETA.
ASÍ QUE DURANTE ESTES DÍAS, DE NOVO A  POESÍA PROTAGONIZARÁ O TRABALLO DE AULA.
XA VOS CONTAMOS NOS BLOG DE NIVEL COMO NOS VAN QUEDANDO!!

SE QUEREDES XOGAR CONNOSCO A CREAR POESÍAS PODEDES USAR ESTA PRESENTACIÓN, CON ELA PRACTICAMOS CREAR POESÍAS PARTINDO DE POESÍAS COÑECIDAS

25/4/14

NOVOS PROXECTOS COMEZAN CO ÚLTIMO TRIMESTRE

AS NENAS E OS NENOS DE DIFERENTES AULAS VAN TRABALLAR NESTE TRIMESTRE CON PROXECTOS NOVOS:
- O RETRATO
- AS ABELLAS
- AS PRAZAS DE PONTEVEDRA
- O PASO DO TEMPO
 -...
SON ALGÚNS DELES. ATOPAREDES INFORMACIÓN NOS BLOGS DE NIVEL.

MAIS TAMÉN HAI PROXECTOS QUE CONTINÚAN...

23/4/14

FELIZ DÍA DO LIBRO!

AS CLASES RECIBEN UN AGASALLO FERMOSO PARA CELEBRAR ESTE DÍA A TRAVÉS DOS SEUS BLOGS DE NIVEL.

22/4/14

LAMPI CELEBRA O DÍA DO LIBRO

A MASCOTA DA BIBLIOTECA CELEBRA O DÍA DO LIBRO CUN "AGASALLO" PARA CADA CLASE:
UN LIBRO SOBRE O LIBRO, A BIBLIOTECA, A PALABRA OU A LECTOESCRITURA.


AS CLASES VAN LELO DE XEITO COMPARTIDO. VAN DEBATER SOBRE EL, VAN FALAR DO QUE LLES GUSTA E DO QUE NON,...

AS NENAS E OS NENOS INVESTIGARÁN QUE SON RECENSIÓNS E ONDE APARECEN ESTAS NA PRENSA E NAS REVISTAS.
DESPOIS AGASALLARÁN A LAMPI CON RECENSIÓNS SOBRE OS LIBROS PARA QUE FAGA UN SUPLEMENTO CULTURAL.

O ITINERARIO DO TRABALLO É:

1. RECÍBESE A carta de Lampi máis o libro  e cada clase analiza a carta, observa o que pide e fala das dúbidas que lle xera a mesma.



2.  DEBÁTENSE IDEAS PREVIAS: que é recensión? que pensamos que é?... despois darlle modelos de recensións en equipos cooperativos e que analicen para ver de que trata e que elementos leva (vai doc con exemplos de recensións e levaron copias de xornais). En gran grupo decidir que é unha recensión e onde aparecen



3. No xornal buscar recensións... pero que máis hai nun xornal (repaso do traballado estes anos)? Power point para guía.

PODEMOS ELABORAR UN LIBRIÑO COA GUÍA SEGUINTE

4. Co xornal podemos facer moitas actividades (plásticas, matemáticas, musicais, de lectura, de...) tamén podemos investigar... que pasou o día que naciches? Usar enlace HEMEROTECA e que cada nena e cada neno investigue cousas que sucederon o día que naceu.

5. Agora que xa sabemos que é unha recensión e que ás veces aparecen en xornal e revistas... Imos elaborar unha, a que nos pide Lampi.