BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

19/12/15

FELIZ 2016

A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP VILAVERDE DESEXA A TODAS E A TODOS

FELIZ E VENTUROSO 2016.



ESTA É A TARXETA ELABORADA COS DESEÑOS DE NENAS E NENOS DE DIFERENTES NIVEIS


E ESA FELICIDADE DESEXÁMOLA TAMÉN COAS MAXITARXETAS QUE AS CLASES FORON DESEÑANDO NESTA SEMANA:


18/12/15

E COMO TODOS OS ANOS... CHOCOLATADA!... VISITA E AGASALLOS

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE DO ANO... DESPOIS DE TRABALLAR PARA PECHAR TAREFAS PENDENTES...FACEMOS NOVAS APRENDIZAXES: COMPARTIR, AXUDAR E COLABORAR, REPARTIR, AGRADECER, AGARDAR, OBSERVAR NORMAS, GOZAR EN GRUPO...
DENDE A MAÑÁ AGARDAN AS ROSCAS E A CHOCOLATADA COMEZA A FACERSE...



O ALUMNADO DE INFANTIL GOZA DA CHOCOLATADA, DA ACTUACIÓN DO CORO E DA CHEGADA DO APALPADOR


O ALUMNADO DE 6º QUE COLABORA NA DISTRIBUCIÓN DAS VIANDAS, APROVEITA O RECREO PARA A SÚA CUCHIPANDA

DESPOIS DO RECREO A CHOCOLATADA É PARA O RESTO DO ALUMNADO DE PRIMARIA QUE TAMÉN RECIBE OS AGASALLOS DO APALPADOR


17/12/15

UN FANTÁSTICO CONCERTO

Un ano máis contamos co marabilloso concerto de Nadal a cargo da BANDA DE MÚSICA NAVAL MILITAR  que nos interpretou un repertorio variado:
- obras moi coñecidas actuais
- panxoliñas
- marcha Radetzky
E unha obra de regalo a petición do público.

GRAZAS POR VIR!

16/12/15

REMATAMOS O TRIMESTRE

NESTE TRIMESTRE VARIOS PROXECTOS VAN REMATÁNDOSE:
- PROXECTO SOBRE O CORPO
- PROXECTO SOBRE AS MASCOTAS
- PROXECTOS SOBRE ANIMAIS ACÚATICOS
- PROXECTO SOBRE ANIMAIS MARIÑOS
- PROXECTOS SOBRE A TERRA
- PROXECTO SOBRE AS IDADES DA TERRA
TAMÉN REMATAN OBRADOIROS E TAREFAS RELACIONADAS CON:
- AS CORES DO OUTONO
- AS TARXETAS, O SEU DESEÑO E USO
- O DEREITO Á NON DISCRIMINACIÓN
- A LOITA CONTRA O MALTRATO
....
NO VINDEIRO TRIMESTRE AGÁRDANNOS MOITOS TRABALLOS E PROXECTOS NOVOS E ALGÚN PROXECTO QUE CONTINUAREMOS PORQUE INDA QUEDAN MOITAS COUSAS INTERESANTES QUE VER..., XA VOS IREMOS CONTANDO.

4/12/15

O DEREITO Á NON DISCRIMINACIÓN, O DEREITO A SER DIFERENTE

DENDE A CONSTITUCIÓN E AS PROCLAMACIÓNS DE DEREITOS OBSERVAMOS QUE TEMOS DEREITO A QUE
"NON SE NOS DISCRIMINE POR RAZÓN DE SEXO, RAZA, RELIXIÓN, CULTURA,..."
DENDE ESTE TRIMESTRE E ATA O SEGUINTE TRABALLAREMOS CON ESTA IDEA.
REFLEXIONAREMOS COMO A NOSA CONSTITUCIÓN O RECOLLE E...
REFLEXIONAREMOS SOBRE O RESPECTO ÁS DIVERSAS CULTURAS, TRABALLAREMOS SOBRE A INTERCULTURALIDADE.
NO BLOG DA BIBLIOTECA TEMOS UNHA HISTORIA QUE NOS SERVIU DE PUNTO DE PARTIDA PARA ESTE TRABALLO.