BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

22/12/11

FELIZ ANO 2O12!

XA ESTAMOS NAS VACACIÓNS!
AS NENAS E OS NENOS DO COLE ELABORARON DEBUXOS PARA UNHA TARXETA DE NADAL E TAMÉN CADA CLASE REMITIU O SEU DESEXO. VELAQUÍ O RESULTADO...
DENTRO DE NADA ENTRAREMOS NUN NOVO ANO.
OGALLÁ SEXA UN FANTÁSTICO ANO PARA TODAS E TODOS.
VÉMONOS O DÍA 9!
De nadal 1

21/12/11

UNHA CHOCOLATADA PARA REMATAR ESTE ANO

A ANPA DO COLE, COMA TODOS OS ANOS,AGASALLA AO ALUMNADO CUNHA FANTÁSTICA CHOCOLATADA.AS FAMILIAS CHEGAN Á PRIMEIRA HORA E TRABALLAN ARREO PARA TER O CHOCOLATE PREPARADO E QUENTIÑO PARA O RECREO. É UNHA ANPA ESTUPENDA!
ACOMPAÑAMOS O CHOCOLATE CON ROSCAS (QUE ESTÁN, DITO SEXA DE PASO, MOI SABROSAS).
O ALUMNADO DE 6º, POR SER AS E OS MAIORES DO COLE, AXUDAN EN TODO: CO ALUMNADO CATIVO, SERVINDO AS MESAS,... E CLARO COMENDO NA ROSCA MOLLADA CON CHOCOLATE!(SERÍA UNHA MÁGOA QUE SOBRASE ALGUNHA MIGUIÑA).

A ANPA TAMÉN ESCRIBIU AOS REIS MAGOS E CHEGARON ALGÚNS AGASALLOS POR ANTICIPADO.






TAMÉN VIÑERON VISITARNOS AS EX-ALUMNAS E OS EX-ALUMNOS PARA CONTARNOS COMO LLES FOI NO IES E... PARA TOMAR UN VASIÑO DE CHOCOLATE.
ATA O VINDEIRO TRIMESTRE!!!

20/12/11

OS "CONSELLIÑOS" DE LAMPI PARA ESTAS FESTAS

LAMPI ACABA DE ATOPAR NA BIBLIOTECA UNHA CHEA DE SUPERSTICIÓNS RELACIONADAS COAS DATAS QUE CHEGAN, ASÍ QUE NOLAS DEIXA NUNHA CARTIÑA...
De lampi supersticioso
PODES LER ALGUNHA SUPERSTICIÓN MÁIS SE CLICAS AQUÍ

UNHA VISITA DAS NENAS E NENOS DE 3º DO COLEXIO PRÍNCIPE FELIPE

HOXE VIÑERON AGASARLLOS CANTANDO. ERAN AS NENAS E NENOS DO COLEXIO PRÍNCIPE FELIPE. FOI PRECIOSO. CANTÁRONLLE AO ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS E AO DE 3º.
NO NOSO COLE CONTÁMOSLLE O QUE ESTABAMOS A FACER.
OGALLÁ NOS VISITEN DE NOVO. GRAZAS POR VIR.

RECOLLENDO AGASALLOS NO CITA

Nenas e nenos do colexio foron hoxe recoller os agasallos grazas aos traballos realizados sobre o dereito das nenas e dos nenos a ter unha familia. Aquí están

UN CADRO ELABORADO EN CINCO ANOS PRESIDE A ENTRADA DO COLEXIO

AS AULAS DE INFANTIL DE CINCO ANOS REMATARON O PROXECTO SOBRE VELÁZQUEZ COA SÚA INTERPRETACIÓN DO CADRO DAS MENINAS. COLOCARON A OBRA DE ARTE NA ENTRADA DO CENTRO. VELAQUÍ UNHAS IMAXES

19/12/11

NA CLASE DE RELIXIÓN CATÓLICA ELABÓRASE O BELÉN

Como todos os anos, na clase de Relixión o alumnado e as mestras elaboran o Belén, este ano está quedando  tamén moi bonito, ide vendo un pouquiño:

E agora mirade o traballo e como quedou rematado

18/12/11

COLOCAMOS A EXPOSICIÓN CON TODO O ELABORADO NO PROXECTO OUTONO

Xa todas as aulas remataron a investigación sobre o outono, as froitas, os bodegóns. Xa elaboraron os libros xigantes e os bodegóns usando técnicas diversas.
Así que xa puidemos facer a expsoción colectiva con todo. Podedes vela na planta baixa do cole...
Aquí vai un adianto:
LIBROS XIGANTES


BODEGÓNS

NAS CLASES DE INGLÉS TAMÉN TRABALLAMOS SOBRE A FESTA DO NADAL

Coas mestras de inglés estivemos a aprender moitas cousas sobre estas festas nos países de fala inglesa, aprendemos vocabulario e elaboramos murais. Tamén preparamos os nosos calcetíns coa axuda das familias e as súas ideas.

16/12/11

UNS PREMIOS PARA O COLEXIO

ESTE ANOS PRESENTAMOS MOITOS TRABALLOS DE INFANTIL, 1º CICLO E 5ºA AO CONCURSO DO CONCELLO E A FUNDACIÓN MENIÑOS SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA, E MÁIS CONCRETAMENTE O DEREITO A TER UNHA FAMILIA.  O CONCURSO TITULÁBASE "PLANTANDO UN ARCO DA VELLA".
COMO A CALIDADE DOS TRABALLOS PRESENTADOS ERA MOI BOA DECIDIRON FACER UNHA EXPOSICIÓN QUE ESTARÁ NO EDIFICIO DO CONCELLO E NO CHALÉ DE FONTOIRA DURANTE AS DATAS DO NADAL. ALÍ PODEREMOS VISITAR OS 50 TRABALLOS SELECCIONADOS.
ADEMAIS UN TRABALLO DE INFANTIL DE TRES ANOS, ELABORADO POR ADRIANA NEIRA E OUTRO DE 5ºA ELABORADO POR FERNANDO, ESTRELA, PAULA E DAVID TEÑEN UN PREMIO ESPECIAL QUE RECOLLERÁN NO CONCELLO O VINDEIRO DÍA 20. NORABOA!

9/12/11

UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A NOSA LINGUA

AO COLEXIO CHEGOU UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A NOSA LINGUA, SOBRE O GALEGO. LEVA POUQUIÑOS DÍAS NO CORREDOR.
CADA CLASE VAI FACER UNHA VISITA A ELA, TEMOS PREPARADOS UNS CADERNIÑOS CON APARTADOS PARA FACER ANOTACIÓNS... CANTO IMOS APRENDER!
ADEMAIS VANNOS AGASALLAR CUN FOLLETO QUE FALA DE POR QUE É BO APRENDER GALEGO, ESE FOLLETO VÉN ACOMPAÑADO DUN MAPA MENTAL QUE NOS AXUDARÁ A LEMBRAR A MENSAXE DO FOLLETO.

7/12/11

ELABORANDO TARXETAS DE NADAL

HOXE TODO O CENTRO ANDA MOTIVADO ELABORANDO TARXETAS DE NADAL.
AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE TRES FAN UN PROXECTO NOVO AO REDOR DELAS.
TEÑEN UNHAS MASCOTAS NOVIÑAS, CHÁMANSE TITÍ E KICO E ACABAN DE REGALARLLES UNHA PRESENTACIÓN SOBRE AS TARXETAS. O RESTO DO COLE PUIDEMOS VER ESA PRESENTACIÓN E AXUDOUNOS A FACER TARXETAS DIFERENTES.
IMOS ELABORAR ENTRE TODAS E TODOS UNHA TARXETA PARA QUE O NOSO COLEXIO FELICITE AS FESTAS, CADA CLASE ESTÁ TRABALLANDO SOBRE UNHA MENSAXE QUE VAI POÑER NA TARXETA CONXUNTA, SERÁ UN DESEXO!