LAMPI, DENDE A BIBLIOTECA QUERE COLABORAR NA EXPOSICIÓN PROPOSTA POR ANTÍO. ASÍ QUE ACHEGOU LIBROS PARA QUE O ALUMNADO POIDA BUSCAR A INFORMACIÓN QUE PRECISA. MOITOS DESES LIBROS ESTÁN NO EXPOSITOR DA BIBLIOTECA.
LAMPI, A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA ACABA DE PROPOÑERNOS UNHA ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN LECTOESCRITORA E É QUE A POBRE LAMPI PERDEU UN DOS SEUS LIBROS FAVORITOS E SÓ APARECERON DÚAS PÁXINAS... TEMOS QUE AXUDALA E RECONSTRUÍR ESE LIBRO OU NON PARARÁ EN TODO O OUTONO.
TODO O CENTRO ESTÁ TAMÉN A PARTICIPAR NUN CONCURSO DE CABAZAS. XA VOS IREMOS INFORMANDO DE COMO VAI. POLO DE AGORA MIRADE ALGÚN EXEMPLO...
DENDE INGLÉS COLABORAMOS NA EXPOSICIÓN CUNHA INVESTIGACIÓN SOBRE O SAMAÍN, HAI UNHAS PREGUNTAS QUE DIRIXEN A INVESTIGACIÓN:
19/10/12
XA VÉN ANTÍO
A CHEGADA DE ANTÍO AO COLEXIO SIGNIFICA QUE O MAGOSTO ESTÁ PRETO.
ANTÍO ESTE ANO TEN PENSADO PREPARAR NO SOUTO ONDE VIVE UNHA ENORME EXPOSICIÓN SOBRE O OUTONO, PIDE AO ALUMNADO AXUDA.
ASÍ QUE... MANS Á OBRA!!!
VAI ENGADIRLLE Á EXPOSICIÓN UN REFRÁN, ASÍ QUE SE QUEREDES BUSCAR REFRÁNS CLICADE AQUÍ OU AQUÍ.
3/10/12
XA ESTAMOS A TODO DAR!
Durante esta última quincena, nas clases xa xurdiron moitas actividades diferentes, por poñer algúns exemplos observade:
- Traballamos sobre Groenlandia, buscamos información, elaboramos esquemas (mapas mentais, esquemas de esferas,...), lemos textos usando estruturas cooperativas,... Todo isto en infantil, en 1º, en 3º, en...
- Elaboramos libros sobre o noso incio no curso, en 3 anos, en 4 anos,...
- Iniciamos algún proxecto novo: sobre a foca, sobre o oso, sobre o porco, sobre a Terra,...
- Debatemos sobre como se produce o día e a noite, igual que fixeron neste cole do vídeo
- Facemos un obradoiro para buscar información sobre as cartas... e...
falando de cartas...
AS MASCOTAS NON PARAN DE MANDARNOS MISIVAS VARIAS... e en 5º andarán copiándoas en breve... van facer un obradoiro sobre as cartas e... quen sabe! igual escriben a alguén especial!
Ah! E un tal Félix tamén manda cartas a Sofía... quen serán?
Félix |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)