BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

28/3/11

UNHA ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA DE LAMPI

VIOLETA MONREAL VISITA AO ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO. ELA É ESCRITORA E ILUSTRADORA. A VISITA TIVO QUE VER COAS ACTIVIDADES PREVIAS Á LECTURA DO LIBRO "PAMELA PANAMÁ YA NO CREE EN CUENTOS DE HADAS", LIBRO DO QUE É AUTORA E QUE 2º LERÁ O TERCEIRO TRIMESTRE E COA ANIMACIÓN DO LIBRO QUE LERÁ PRIMEIRO E INDA É SORPRESA.
DURANTE A SESIÓN, VIOLETA ELABOROU UNHA ILUSTRACIÓN EN 2º E OUTRA EN 1º. TENDES MÁIS INFORMACIÓN NOS BLOG.

23/3/11

ALGÚNS PROXECTOS NO CENTRO ESTÁN NACENDO...

A "HISTORIA DOS BONOBOS CON GAFAS",  A DE "ARTURO E CLEMENTINA", AS FUTURAS ELECCIÓNS E AS NOTICIAS SOBRE XAPÓN DERON LUGAR A VARIOS PROXECTOS E MINIPROXECTOS NO CENTRO:
- OS BONOBOS, O SEU HÁBITAT, A SÚA ORGANIZACIÓN SOCIAL...
- BONOBOS E TARTARUGAS, DOUS TIPOS DE ANIMAIS DIFERENTES
- XAPÓN E A SÚA CULTURA
- AS VIAXES
- AS VOTACIÓNS
- ...
SE QUEREDES SABER MÁIS, AXEXADE NOS BLOG DE NIVEL.

DÍA DO LIBRO


Este mes é moi especial... día da poesía, día da árbore, día do libro,...
A orixe do día do libro ten que ver co ano 1930. Elixiuse o 23 de abril porque... un 23 de abril de 1616 morrían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron – ou morreron  – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. A Conferencia Xeral da UNESCO elixiu esa data para render homenaxe ao libro e ás súas autoras e autores, ademais de animar a  descubrir o pracer da lectura.
Podemos celebrar o día con este anuncio-vídeo...

20/3/11

21 DE MARZO, O DÍA MUNDIAL DA POESÍA

COINCIDINDO CO 21 DE MARZO, CELÉBRASE O DÍA DA POESÍA. UN BO XEITO DE CELEBRAR ESTE DÍA LEMBRANDO A XAPÓN É USANDO POESÍA XAPONESA...
HAIKÚ
É UN TIPO DE POEMA XAPONÉS QUE CONTA EN TOTAL CON 17 SÍLABAS.
TEN TRES VERSOS:
 O PRIMEIRO DE 5 SÍLABAS
 O SEGUNDO DE 7 SÍLABAS
 O TERCEIRO DE 5 SÍLABAS

EX:
POR TU HORIZONTE
BAJA EL SOL DE LA TARDE,
LA NOCHE ES MÍA.

18/3/11

SEGUIMOS CO TRABALLO SOBRE OS TERREMOTOS E TSUNAMIS

ATOPAMOS MOITAS FONTES E RECURSOS NA BIBLIOTECA (ENCICLOPEDIAS, XORNAIS, PERIÓDICO DIXITAL,...), NOS BLOGS DO RESTO DE NIVEIS DO COLEXIO,E EN INTERNET.
SABEDES QUE SIGNIFICA TSUNAMI? SABEDES EN QUE IDIOMA ESTÁ A PALABRA TSUNAMI?
ATOPAMOS ESTE VÍDEO EXPLICATIVO QUE NOS GUSTA MOITO...

E ESTE OUTRO SOBRE AS CENTRAIS NUCLEARES...

14/3/11

O 11 DE MARZO UN TERREMOTO E UN TSUNAMI EN XAPÓN...

AS MASCOTAS ESTÁN MOI PREOCUPADAS POLA NOTICIA DE XAPÓN. NON SABEN MOI BEN QUE É UN TERREMOTO NIN UN TSUNAMI E PIDEN A NOSA AXUDA:
- COMO UN TERREMOTO PROVOCA UN TSUNAMI
- POR QUE HAI OUTROS PAÍSES AFECTADOS QUE ESTÁN SITUADOS LONXE DE XAPÓN
- QUE ESTÁ A PASAR COAS CENTRAIS NUCLEARES
- QUE OUTROS TERREMOTOS FORTES HOUBO NA TERRA
- QUE OUTROS EFECTOS PRODUCIU ESTE DESASTRE NATURAL
...
ESTES DÍAS IMOS INVESTIGAR NOS MAPAS, NOS XORNAIS, EN ENCICLOPEDIAS,... IMOS FACER UN SEGUIMENTO DA NOTICIA AO LONGO DOS DÍAS, IMOS RESUMIR AS NOTICIAS EN PIRÁMIDES,...

10/3/11

POÑEMOS EN MARCHA UN TRABALLO CONTRA A DISCRIMINACIÓN E O MALTRATO

EN VINDEIROS DÍAS IMOS TRABALLAR NO CENTRO UNHA PROPOSTA COA FINALIDADE DE REFLEXIONAR SOBRE A DISCRIMINACIÓN E O MALTRATO DE XÉNERO. AS MASCOTAS XA NOS MANDARON UNHA CARTA...
O RECURSO PRINCIPAL SERÁN UNS LIBROS DE ADELA TURÍN E UN CADERNO ELABORADO NO CENTRO (Á NOSA DISPOSICIÓN EN  http://xianadecide.blogspot.com/). APROVEITAREMOS PARA INVESTIGAR DATOS, PRACTICAR ESTRUTURAS COOPERATIVAS, INICIAR PROXECTOS...
XA VOLO IREMOS AMOSANDO A TRAVÉS DOS NOSOS BLOGS.

4/3/11

POR FIN! ENTROIDO POR TODO O ALTO NO COLE!!!

VILAVERDIÑO, COAS SÚAS PLUMAS NOVAS (ESTE ANO FEITAS CON REVISTAS POR AQUILO DA CRISE) , AGARDA A QUE CHEGUE O SEU GRAN MOMENTO. ESTÁ EXPOSTO NO CORREDOR DO COLEXIO.

COLOCAMOS NO PATIO ALGÚNS DOS CARTEIS QUE ELABORAMOS PARA A FESTA:

6º AXUDA A COLOCAR TODO, ESCOITA AS INSTRUCIÓNS ÚLTIMAS, COLOCA OS POSTRES DE ENTROIDO NO COMEDOR (AS PROFES PREPARAN E REPARTEN TODO EN PRATOS):

POÑEMOS OS DISFRACES RELACIONADOS COAS MENTIRAS E OS CONTOS MENTIREIROS...E TIRAMOS AS FOTOS DE GRUPO.
E. INFANTIL VAI DE RATIÑAS E RATIÑOS, CONDUCEN AO GRUPO AS FRAUTISTAS (NON DE HAMELÍN SENÓN DE VILAVERDE):

1º E 2º, LEVAN DISFRACES RELACIONADOS CON “ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS” , AS E OS PROFES TAMÉN LEVAN DISFRACES DO CONTO: COELLO, ALICIA, RAÍÑA,SOMBREREIRO TOLO,...

3º E 4º MINTEN MONGOLLÓN... SON NENAS AS NENAS? SON NENOS AS NENAS? SON NENAS OS NENOS? UFFF! QUE LEA!!! AS PROFES TAMÉN SE APUNTAN Á MODA... MULLERES? HOMES?

5º E 6º COAS SÚAS PROFES E OS SEUS PROFES DISFRÁZANSE DE VILAVERDIÑO, O GALO DO COLEXIO QUE TIVO UN PRIMEIRO TRIMESTRE MENTIREIRO DE VERDADE! COMO NON OS QUEIMEN TAMÉN!

CHEGOU A HORA DA BAIXADA... CANTOS NERVIOS!

DESFILAMOS COMO PROFESIONAIS:

A MURGA DE 5º... CANTA A SÚA COMPARSA

XÚLGASE AO GALO... SENTÉNZASE... O GALO LE O SEU TESTAMENTO. ANTES DE QUEIMALO CÁNTANLLE AS LADAÍÑAS:

UN DESCANSIÑO PARA COMER FILLOAS, ORELLAS, TARTAS VARIAS,... QUE RICO TODO!!!

UN BAILIÑO...

E REMATOU O ENTROIDO NO COLE... QUEIMAMOS A VILAVERDIÑO:

SÓ PODEMOS LER HISTORIAS E AGARDAR AO VINDEIRO ANO...