BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

27/2/19

O DISFRACE DE VILAVERDIÑO

VILAVERDIÑO XA ESTÁ PREPARADO PARA A FESTA DO VENRES.
XA NOS AMOSOU O SEU DISFRACE, ÚNESE Á REVOLUCIÓN HIPPIE.
NENAS E NENOS ESTIVERON COLOCANDO PLUMAS E AGORA AGARDA PACIENTEMENTE A QUE CHEGUE O DESFILE.
MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DE DINAMIZACIÓN

26/2/19

VISITA DE ORBIL: A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO

ESTAMOS A TRABALLAR FACENDO UN LIBRO XIGANTE PARA O SALÓN DO LIBRO.
ORBIL, A MASCOTA DO SALÓN ESTIVO NO COLEXIO.
SE QUEREDES PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA.

ESTES DÍA TEMOS VARIAS SAÍDAS EDUCATIVAS

O ALUMANDO DE 1º E 2º  FOI AO TEATRO VER A OBRA "EU COCIÑO, TI COCIÑAS?"

O ALUMNADO DE CUARTO, VISITOU EN PADRÓN, A FÁBRICA GALEGA LÍDER E REFERENTE EUROPEO NA FABRICACIÓN DE PERFÍS DE ALUMINIO, UNHA MULTINACIONAL.


5º REALIZOU A TRADICIONAL VISITA A CORUÑA E AOS MUSEOS DA CIDADE.

MÁIS INFORMACIÓN NOS RESPECTIVOS BLOGS DE NIVEL.

25/2/19

SEGUEN OS PROXECTOS NAS AULAS

AO MESMO TEMPO QUE SE INVESTIGA SOBRE O ENTROIDO... VARIOS PROXECTOS ESTÁN SENDO OBXECTO DE TRABALLO NAS AULAS:
- OS TRANSPORTES
- A COMUNICACIÓN E OS INVENTOS
- A CIDADE
- O CORPO HUMANO
- AS MARISCADORAS E O MEDIO EN QUE DESENVOLVEN O SEU TRABALLO

- O UNIVERSO
- AS CIENTÍFICAS E OS SEUS DESCUBRIMENTOS
- MAPAS E PLANOS
- A PREHISTORIA
- AS REVOLUCIÓNS
-...
ALGÚNS DESTES PROXECTOS ESTÁN PERMITINDO AO ALUMNADO INVESTIGAR E FACER EXPERIMENTOS. AQUÍ PODEDES VER AO ALUMNADO MÁIS CATIVO DO CENTRO EXPLORANDO


NOS BLOGS DE CADA NIVEL HAI INFORMACIÓN SOBRE A EVOLUCIÓN DOS MESMOS.

22/2/19

VÉN O ENTROIDO

AS "REVOLUCIÓNS" VOLVEN ÁS AULAS DESPOIS QUE FIXERAN UNHA PRIMEIRA VISITA DURANTE O DÍA DA PAZ.
DESTA VEZ VEÑEN PARA CELEBRAR O ENTROIDO E APARECEN NOS DISFRACES: REVOLUCIÓN FRANCESA, HIPPIE, AERONÁUTICA, INDUSTRIAL E TECNOLÓXICA, PICTÓRICA,  NA COMUNICACIÓN, PRIMAVERAL,...

VILAVERDIÑO XA REMITIU ÁS AULAS A SÚA MENSAXE DE CHEGADA. DE QUE SE DISFRAZARÁ ESTE ANO?

PACO DEULLE FORMA, PERO FALTAN AS PLUMAS E ALGO MÁIS.


NAS AULAS PREPARAN DISFRACES E AS COPLAS DO XUÍZO, ADEMAIS APRENDEN MOITO SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO.
TODO TERÁ QUE ESTAR LISTO O 1 DE MARZO.

21/2/19

AO REDOR DE ROSALÍA NO CENTRO

NO COLEXIO LEVAMOS VARIOS DÍAS CON ACTIVIDADES AO REDOR DE ROSALÍA DE CASTRO.
A BIBLIOTECA COLOCOU UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS

A PROFE DE MÚSICA COLOCOU AMBIENTACIÓN MUSICAL, POEMAS DE ROSALÍA CANTADOS  SOAN AO LONGO DAS SESIÓNS NA ENTRADA

DECORÁRONSE AS FIESTRAS COA IMAXE DE ROSALÍA E OS SEUS POEMAS






TRABALLAMOS A SÚA BIOGRAFÍA E OBRA NAS AULAS DE DIFERENTES MANEIRAS: EN TEXTOS, VÍDEOS,...


XOGAMOS CO TABOLEIRO DE PREGUNTAS E OS ROBOTS QUE PROGRAMAMOS PREVIAMENTE. PODEREDES VER MÁIS IMAXES NOS BLOGS DE NIVEL.


A VOLTAS CO HORTO ESCOLAR

COMEZARON OS TRABALLOS PARA DOTAR AO COLE DUN HORTO ESCOLAR.
DE MOMENTO É UN ESPAZO PEQUENIÑO, MAIS XA VAI TOMANDO FORMA.

20/2/19

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

DENDE HAI VARIOS DÍAS REALIZAMOS ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA DE CASTRO E AS SÚAS MÚLTIPLES FACETAS (ROSALÍA MULLER, ROSALÍA FEMINISTA, ROSALÍA ESCRITORA, ROSALÍA PERSONAXE UNIVERSAL,...).
Imagen relacionada
O CENTRO ESTÁ ADORNADO PARA AGASALLALA...
E NAS CLASES FACEMOS ACTIVIDADES DE RECITADO, DE CREACIÓN DE CARTEIS, DE ELABORACIÓN DE NUBES DE PALABRA CON VERBAS DOS SEUS POEMAS, DE INTERPRETACIÓN MUSICAL DALGUNHA DAS SÚAS OBRAS, DE ELABORACIÓN DE LIÑA BIOGRÁFICA, DE BUSCA DE ASPECTOS_OBXECTOS_CENTROS_... QUE LEVAN O SEU NOME OU A SÚA FACE,...
Resultado de imagen de LLEVAN EL NOMBRE DE ROSALÍA DE CASTRO Resultado de imagen de LLEVAN EL NOMBRE DE ROSALÍA DE CASTROResultado de imagen de SELLO ROSALÍA DE CASTRO


TEMOS PRESENTACIÓNS SOBRE A SÚA VIDA, VÍDEOS, PÁXINAS WEB,... E A BIBLIOTECA ACHEGA LIBROS VARIADOS.
AXUDÁDESNOS DENDE A CASA A QUE A COÑEZAN MELLOR?

19/2/19

LAMPI CONVOCA A 2ª XUNTANZA DOS CLUBS DE LECTURA

O ALUMNADO RECIBIU NAS CLASES UN BONITO SOBRE REMITIDO POR LAMPI, INDÍCALLES CAL VAI SER O LIBRO QUE PROTAGONIZARÁ A 2ª XUNTANZA DOS CLUBS.
NO BLOG DA BIBLIOTECA HAI MÁIS INFORMACIÓN.

9/2/19

A FAVOR DA CIENCIA

NESTES DÍAS EXPERIMENTAMOS, LEMOS, COMENTAMOS AO REDOR DA CIENCIA.
O 11 DE FEBREIRO É O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA, UN DÍA QUE PRETENDE VISIBILIZAR A NECESIDADE DA PLENA PARTICIPACIÓN FEMININA NO MUNDO CIENTÍFICO.

TEMOS PROPOSTAS PARA EXPERIMENTAR AO REDOR DOS PROXECTOS QUE DESENVOLVEMOS NAS CLASES E TAMÉN FALAMOS DE CIENTÍFICAS QUE CONTRIBUÍRON AO COÑECEMENTO NESES ÁMBITOS.

Resultado de imagen de Valentina Tereshkova
VALENTINA TERESHOVA
Resultado de imagen de caroline herschel
CAROLINE HERSCHEL
Resultado de imagen de mary anning
MARY ANNING

Resultado de imagen de HADID ARQUITECTA
ZAHA HADID
Resultado de imagen de AGNODICE
AGNODICE
Resultado de imagen de MATEMÁTICA GALLEGA
MARÍA WONENBURGER, matemática galega

LEMOS LIBROS RELACIONADOS.
Resultado de imagen de ada magnífica científica

Resultado de imagen de ARQUEÓLOGA LIESBET


Resultado de imagen de VETERINARIA LIESBET

Resultado de imagen de ÁNGELES ALVARIÑO LIBRO NIÑOS

Imagen relacionada

MÁIS SUXESTIÓNS DE LECTURA NO BLOG DA BIBLIOTECA E NO DE VALORES.
SUXESTIÓNS DE EXPERIMENTOS PREMENDO AQUÍ, AQUÍ E AQUÍ.