BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

30/1/19

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E NON VIOLENCIA

HOXE, ANTES DO RECREO CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DA PAZ, DESPOIS DE TER TRABALLADO E REFLEXIONADO SOBRE A PAZ, A REVOLUCIÓN E O CAMBIO E O SEU SIGNIFICADO.
 O ALUMNADO BAIXOU AO PATIO COS SEUS LOGOS
COLOCOUSE NO PATIO NO SITIO INDICADO
CANTOU A CANTIGA "A MURALLA" CON LINGUA DE SIGNOS
CADA CLASE EXPLICOU O SEU LOGO E LEMA AO RESTO DO COLEXIO
APLAUDIMOS

E DESEXÁMONOS FELIZ DÍA DA PAZ.

29/1/19

LAMPI CONVOCOU ESTA SEMANA AOS CLUBS DE LECTURA

ESTA SEMANA, NA BIBLIOTECA, LAMPI CONVOCA OS CLUBS DE LECTURA PARA COMENTAR O LIBRO ESCOLLIDO.
O PRIMEIRO CLUB EN REUNIRSE SERÁ DO DE 1º E 2º.
O MARTES FARANO 3º E 4º. E O MÉRCORES , 5º E 6º.
MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA.







15/1/19

TRABALLANDO SOBRE A PAZ

ESTE CURSO, TRABALLAMOS CO LEMA "UNHA REVOLUCIÓN POLA PAZ".
APRENDEMOS QUE SIGNIFICA REVOLUCIÓN  E A SÚA ACEPCIÓN DE CAMBIO

PENSAMOS QUE REVOLUCIÓNS PODEMOS FACER POLA PAZ E DESEÑAMOS LOGOS RELACIONADOS.

CADA CLASE ELABORA OS SEUS.

Resultado de imagen de logos paz

ESES LOGOS IDENTIFICARÁN A CADA CLASE NO PATIO O DÍA 30.

FALAMOS DO QUE SIGNIFICA PAZ E NON VIOLENCIA.
COÑECEMOS A PERSONAXES QUE LOITARON POLA PAZ E TRABALLAMOS COA SÚA BIOGRAFÍA.
LEMOS CONTOS.
CANTAMOS CANCIÓNS.
UNHA DESAS CANCIÓN APRENDEMOS A INTERPRETALA CON LINGUAXE DE SIGNOS CON AXUDA DE ROSA (A NAI DE CLARA DE 1º).



.

10/1/19

CHARLA A 5º E 6º SOBRE LOITA CONTRA O CYBERACOSO

DA MAN DA POLICÍA, O ALUMNADO DE 5º E 6º SEGUE PROFUNDANDO SOBRE O ADECUADO USO DOS MEDIOS INFORMÁTICOS E NA EVITACIÓN DO ACOSO E CYBERACOSO.

HOXE MOITO DO ALUMNADO DECATOUSE DE QUE ESTÁN A UTILIZAR AS REDES SOCIAIS INADECUADAMENTE 8TANTO POR IDADE COMO POR USO), DE QUE USAN XOGOS NA REDE QUE NON SE CORRESPONDEN COA SÚA IDADE E QUE... MOITAS E MOITOS... TEÑEN TECNOADICIÓN.

Resultado de imagen de ciberacoso
TAMÉN ESCOITARON QUE ERA NECESARIO SOLICITAR OS PERMISOS DA FAMILIA PARA MOITOS DOS PROGRAMAS, XOGOS E APLICACIÓNS QUE AGORA MESMO USABAN.
Resultado de imagen de TECNOADICIÓN
O CONTROL ADULTO DO USO DESTES MEDIOS É FUNDAMENTAL PARA EVITAR PROBLEMAS

8/1/19

COMEZAMOS O ANO CON NOVOS PROXECTOS

FELIZ 2019 A TODAS E A TODOS!

ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO COMEZA CON MOITA FORZA.
ESTAMOS XA INICIANDO NOVOS PROXECTOS:
- O UNIVERSO
- CAEUME UN DENTE!
- OS INVENTOS
- A CIDADE
- A IDADE CONTEMPORÁNEA: PERSONAXES E REVOLUCIÓNS
- DOUS ANIMAIS SINGULARES: "LLAMA " E "KIWI"
- PREHISTORIA: LUME E RODA