REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA, A VISITA DO APALPADOR E AS BADALADAS.
CANTAMOS PANXOLIÑAS E DESPOIS DEGUSTAMOS UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE CON ROSCA. ESTABA BOÍSIMOOOO!!!
AGRADECEMOS O TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 6º DE EP E AOS MEMBROS DA ANPA QUE SE ENCARGARON DA ELABORACIÓN E REPARTO DO CHOCOLATE E DA ROSCA PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
RECIBIMOS A VISITA DO APALPADOR QUE BAIXOU DAS MONTAÑAS DO COUREL PARA VISITAR TODAS AS AULAS DO NOSO COLE E ADEMAIS TROUXONOS AGASALLOS; CHEGOU ACOMPAÑADO DO COMBO MUSICAL CANTANDO E TOCANDO UNHA FERMOSA PANXOLIÑA .
REMATAMOS A XORNADA TODAS E TODOS XUNTOS NO PATIO DESPEDINDO O ANO COAS 12 BADALADAS, PRESENTADAS POR ALUMNADO DE 6º DE EP E DOUS EXALUMNOS DO CENTRO.
DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS A TODAS E A TODOS!!