ESTE ANO IMOS IMITAR Á TÉCNICA PICTÓRICA DA PINTORA GALEGA NURIA ARGIBAY, CONCRETAMENTE PINTURA ABSTRACTA SOBRE TEA.
NURIA ARBIBAY NACEU EN PONTEVEDRA O 21 DE FEBREIRO DE 1994. DE PEQUENA ESTUDOU NO NOSO COLEXIO. GRADUOUSE NA ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO, FIXO FOTOGRAFÍA E ARTE EN MADRID E UN MÁSTER EN VALENCIA.
REALIZOU EXPOSICIÓNS DAS SÚAS OBRAS EN MADRID, MIAMI E ÁMSTERDAM. NO 2025 LEVARÁ A SÚA EXPOSICIÓN A PARÍS E A BERLÍN.
ESTÁ PREVISTO QUE VISITE O CENTRO PARA ACOMPAÑAR AO ALUMNADO NO MOMENTO DA CREACIÓN DAS SÚAS OBRAS ABSTRACTAS, EMPREGANDO COMO SOPORTE UNHA TEA E PINTURA DAS TRES CORES PRIMARIAS: VERMELLO, AZUL E AMARELO.
XA VOS CONTAREMOS COMO FOI A VISITA E O MOMENTO CREATIVO!!