BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

3/12/24

DÍA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL


O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional e baixo o lema @BaixoOMesmoParaugas        

  reflexionamos sobre o fomento da solidariedade,o respecto ás diferenzas para facer entre todas e todos unha sociedade inclusiva e  igualitaria.



 

1/12/24

COMEZAMOS A PREPARAR O NADAL!

ACHÉGASE O NADAL E IMOS COMEZAR A  ELABORAR A TRADICIONAL TARXETA DE FELICITACIÓN DAS FESTAS

ESTE ANO IMOS IMITAR Á TÉCNICA PICTÓRICA  DA PINTORA GALEGA  NURIA ARGIBAY, CONCRETAMENTE PINTURA ABSTRACTA SOBRE TEA.

NURIA ARBIBAY  NACEU EN PONTEVEDRA O 21 DE FEBREIRO DE 1994.  DE PEQUENA ESTUDOU NO NOSO COLEXIO. GRADUOUSE NA ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO,  FIXO FOTOGRAFÍA E ARTE EN MADRID E UN MÁSTER EN VALENCIA. 

REALIZOU EXPOSICIÓNS DAS SÚAS OBRAS EN MADRID, MIAMI E ÁMSTERDAM. NO 2025 LEVARÁ A SÚA EXPOSICIÓN A PARÍS E A BERLÍN.















NAS SÚAS CREACIÓNS DESTACAN A DIVERSIDADE DE TEXTURAS E CORES EMPREGADAS.

ESTÁ PREVISTO QUE VISITE O CENTRO PARA ACOMPAÑAR AO  ALUMNADO  NO MOMENTO DA CREACIÓN DAS SÚAS OBRAS ABSTRACTAS, EMPREGANDO COMO SOPORTE UNHA TEA E PINTURA DAS TRES CORES PRIMARIAS: VERMELLO, AZUL E AMARELO.

XA VOS CONTAREMOS COMO FOI A VISITA E O MOMENTO CREATIVO!!