Neste blog, dende o curso 2009/2010 as mascotas do CEIP Vilaverde, deixarán as súas mensaxes máis secretas. Non deixedes de visitalo de cote para poder lelas. Ata loguiño!
BENVIDA
Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.
7/9/15
UN NOVO CURSO ESCOLAR ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR
NESTA SEMANA COMEZAMOS DE NOVO Á CLASE.
AS MASCOTAS REGRESAN DAS SÚAS VACACIÓNS E XA ESTÁN ENTRANDO NAS AULAS PARA COÑECELAS. SEGURO QUE NOS CONTARÁN QUE FIXERON NESTES MESES PASADOS!
O DÍA 10 IMOS VERNOS E FALAR DE TODO, E TAMÉN DO QUE IMOS TRABALLAR NESTE CURSO. DEICA PRONTIÑO!!!