DURANTE ESTES DÍAS TERÁ LUGAR A ACOLLIDA DO ALUMNADO NO CENTRO.
O ALUMNADO DE PRIMARIA E O DE INFANTIL DE 4 E 5 ANOS REALIZARÁN ACTIVIDADES RELACIONADAS CO INICIO DO CURSO, ACTIVIDADES PARA REENCONTRARSE CON COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, PARA FORMAR EQUIPOS COOPERATIVOS, PARA CONSENSUAR AS NORMAS DE AULAS, PARA LEMBRAR AS NORMAS DE CENTRO, PARA COÑECEER QUE VAN TRABALLAR ESTE CURSO,...
COMO TODOS OS ANOS TEREMOS ALUMNADO QUE SE INICIA NUN COLE POR PRIMEIRA VEZ. ESTE CURSO TEMOS 50 NENAS E NENOS QUE COMEZARÁN A SÚA ESCOLARIDADE, É O ALUMNADO DE INFANTIL DE TRES ANOS.
DENDE O 10 ATA O 23 REALIZARÁN ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.
DENDE O 10 ATA O 23 REALIZARÁN ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.
PODEREDES SEGUIR AS SÚAS PRIMEIRAS ANDAINAS NO CENTRO A TRAVÉS DO SEU BLOG DE AULA QUE APARECERÁ PROXIMAMENTE...