IMOS ADIANTARVOS COUSIÑAS QUE ATOPAREDES NOS BLOG DE NIVEL...
SÓ UNHAS POUQUIÑAS!
DEIXAMOS ALGUNHAS SORPRESAS...
RESPECTO DOS PROXECTOS XA COMEZARON VARIOS:
- AS IDADES DA TERRA
- O CORPO HUMANO
- OS ANIMAIS
- OS ANIMAIS DO MAR
- ...
E XA HAI OUTROS QUE VAN INICIARSE EN BREVE.
29/9/15
22/9/15
XUNTANZAS COAS FAMILIAS
HOXE TIVERON LUGAR AS PRIMEIRAS XUNTANZAS COAS FAMILIAS.
ESTE MARTES REUNÍMONOS PROFESORADO E FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º, 3º E 5º.
O CAMBIO DE ETAPA E DE NIVEL TRAE MOITAS NOVIDADES QUE COMENTAMOS E... FALAMOS DAS DÚBIDAS E DAS CURIOSIDADES DESTE CURSO.
O VINDEIRO MARTES HABERÁ MÁIS XUNTANZAS PARA COMPARTIR ASPECTOS DA EDUCACIÓN DAS NOSAS NENAS E DOS NOSOS NENOS.
A ÚLTIMA XUNTANZA SERÁ A DO PROFESORADO COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE INFANTIL DE TRES ANOS, PORQUE XA TIVERAN UNHA ANTES DO VERÁN, OUTRA ANTES DE COMEZAR AS CLASES... XA SE COÑECEN POLO TANTO... AGORA SÓ QUEDA FALAR DE COMO FOI O PERÍODO DE ADAPTACIÓN E DE COMO E EN QUE VAN TRABALLAR AS NENAS E NENOS NESTE CURSO...

10/9/15
O 1º DÍA
EN EDUCACIÓN INFANTIL DE TRES ANOS COMEZA A ENTRADA ESCALONADA PREVISTA NO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.
HOXE UN GRUPIÑO DE NENAS E NENOS TIVERON UN PRIMEIRO CONTACTO COAS RUTINAS DE AULA E CON ALGUNHAS ACTIVIDADES. TAMÉN COÑECERON A ALGUÉN MOI ESPECIAL QUE ESTÁ TOLIÑO POR IR Á ESCOLA!
O RESTO DO ALUMNADO COMEZA AS ACTIVIDADES DE ACOLLIDA: ASIGNACIÓN A EQUIPO COOPERATIVO, ACTIVIDADES DE BENVIDA, CONTACTO COA NOVA CLASE E O NOVO HORARIO,... E EN MOITOS CASOS CO NOVO PROFESORADO.
O ALUMNADO DE INFANTIL DE CATRO ANOS REENCÓNTRASE COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DO CURSO PASADO, COÑECE OS NOVOS ESPAZOS (AGORA XA ESTÁN NO EDIFICIO DE MAIORES!), CONVERSAN SOBRE O QUE LLES OCORREU NO VERÁN, REVISAN AS RUTINAS DE AULA,...
INFANTIL DE CINCO ANOS TAMÉN CAMBIA DE AULA, BUSCA O SEU EQUIPO CUN XOGO, REENCÓNTRASE COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS E TAMÉN CON CUQUI E TISA
VELAQUÍ O ALUMNADO DE 1º NAS SÚAS PRIMEIRAS SESIÓNS DE CLASE: LECTURA DA CARTA DA MASCOTA, COLOCACIÓN EN GRUPOS, COÑECEMENTO DOS NOVOS ESPAZOS...
O ALUMNADO DE 2º, DESPOIS DE COÑECER AS CLASES NOVAS E OS GRUPOS ONDE TRABALLARÁN, REENCÓNTRANSE CUN PEQUENO FESTEXO
O ALUMNADO DE 3º CAMBIA DE ANDAR, COÑECE AS NOVAS AULAS E REALIZA ACTIVIDADES PARA ASIGNACIÓN DE EQUIPO (DESPOIS DAS DE PRESENTACIÓN E REENCONTRO)
4º TAMÉN COMEZA O CURSO EN NOVA AULA E, DESPOIS DAS ACTIVIDADES DE REENCONTRO, REALIZAN AS TAREFAS RELACIONADAS CO COÑECEMENTO DE NORMAS, A FORMACIÓN DE EQUIPOS,... PERO XA É UN ALUMNADO VETERANO NO CENTRO E OS NERVIOS SON MOITO MENORES QUE NOUTRAS OCASIÓNS
O ALUMNADO DE 5º ESTREA TITOR, AULA, EQUIPO, AXENDA, MATERIAL... E TAMÉN ORDENADOR PERSOAL! NESTES DÍAS TEÑEN MOITO QUE COÑECER PARA ADAPTARSE ÁS NOVIDADES.
EN 6º INICIAN O SEU ÚLTIMO CURSO NA PRIMARIA, CONSCIENTES DISO XA SE COMPORTAN COMO MAIORES. REALIZAN TAREFAS RELACIONADAS CO REENCONTRO E ORGANIZAN OS MATERIAIS, ENTRE ELES OS ORDENADORES PERSOAIS, QUE AGARDAN PARA SEREN UTILIZADOS UN CURSO MÁIS
EN POUCOS DÍAS INICIARANSE AS XUNTANZAS DE COMEZOS DE CURSO COAS FAMILIAS, XA VOS FALAREMOS DELAS!

9/9/15
INICIAMOS O CURSO
VILAVERDIÑO, O GALO-MASCOTA DO CENTRO, DÁVOS A BENVIDA A UN NOVO CURSO!
PODEREDES SEGUIR AS SÚAS PRIMEIRAS ANDAINAS NO CENTRO A TRAVÉS DO SEU BLOG DE AULA QUE APARECERÁ PROXIMAMENTE...
DURANTE ESTES DÍAS TERÁ LUGAR A ACOLLIDA DO ALUMNADO NO CENTRO.
O ALUMNADO DE PRIMARIA E O DE INFANTIL DE 4 E 5 ANOS REALIZARÁN ACTIVIDADES RELACIONADAS CO INICIO DO CURSO, ACTIVIDADES PARA REENCONTRARSE CON COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, PARA FORMAR EQUIPOS COOPERATIVOS, PARA CONSENSUAR AS NORMAS DE AULAS, PARA LEMBRAR AS NORMAS DE CENTRO, PARA COÑECEER QUE VAN TRABALLAR ESTE CURSO,...
COMO TODOS OS ANOS TEREMOS ALUMNADO QUE SE INICIA NUN COLE POR PRIMEIRA VEZ. ESTE CURSO TEMOS 50 NENAS E NENOS QUE COMEZARÁN A SÚA ESCOLARIDADE, É O ALUMNADO DE INFANTIL DE TRES ANOS.
DENDE O 10 ATA O 23 REALIZARÁN ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.
DENDE O 10 ATA O 23 REALIZARÁN ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.
PODEREDES SEGUIR AS SÚAS PRIMEIRAS ANDAINAS NO CENTRO A TRAVÉS DO SEU BLOG DE AULA QUE APARECERÁ PROXIMAMENTE...
7/9/15
UN NOVO CURSO ESCOLAR ESTÁ A PIQUES DE COMEZAR
NESTA SEMANA COMEZAMOS DE NOVO Á CLASE.
AS MASCOTAS REGRESAN DAS SÚAS VACACIÓNS E XA ESTÁN ENTRANDO NAS AULAS PARA COÑECELAS. SEGURO QUE NOS CONTARÁN QUE FIXERON NESTES MESES PASADOS!
O DÍA 10 IMOS VERNOS E FALAR DE TODO, E TAMÉN DO QUE IMOS TRABALLAR NESTE CURSO. DEICA PRONTIÑO!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)