ESTE CURSO AS LUPANDAS E PANTAGRUÉLICAS COMIDAS ENCHERON O COLEXIO DENDE COMEZOS DE CURSO, PROXECTOS, LECTURAS, INVESTIGACIÓNS TIVERON AS COMIDAS COMO PROTAGONISTAS.FALAMOS DE ALIMENTOS, FIXEMOS ENSALADAS DE HISTORIAS, PREPARAMOS MACEDONIAS E ELABORAMOS RECEITAS,...
TODO ISTO ESTIVO ACOMPAÑANDO OS CONTOS: COCIÑAMOS CONTOS,ENREDAMOS CONTOS, VIAXAMOS COS CONTOS, FRAGMENTAMOS CONTOS, ...
ASÍ AS COUSAS DAN PASO AO ENTROIDO... NEL OS DISFRACES VAN ESTAR MOI RELACIONADOS...
DE QUE PENSADES QUE IMOS DISFRAZARNOS AS DIFERENTES CLASES E NIVEIS?
AS MASCOTAS DAS AULAS XA NOS ESCRIBIRON PARA LEMBRARNOS QUE CHEGA O ENTROIDO E TAMÉN RECIBIMOS DE LORETO UNHA NOVA PÁXINA... SABEDES QUE LEVA NO SEU PETO? LEVA FILLOAS E DISFRACES DE FROITAS.
ACABAN DE DARNOS O ÚLTIMO EMPURRÓN PARA POÑERNOS CON ESTA FESTA CÍCLICA ANUAL NO COLEXIO
ELABORAR A VILAVERDIÑO, COLOCARLLE AS PLUMAS, FACER AS COPLAS PARA XUÍZO E TESTAMENTO DO GALO E PREPARAR AS LADAÍÑAS QUE SE LLE CANTARÁN SERÁN LABOR DE TODO O CENTRO, NOS BLOGS DE NIVEL PODEDES VER TODA ESA ACTIVIDADE!