COMO VÉN SENDO TRADICIÓN... NO COLEXIO APARECEU ANTÍO.
TODOS OS ANOS VÉN DENDE O SOUTO DE MASCOTILANDIA PARA VER SE PILLA ALGUNHA CASTAÑA DO NOSO MAGOSTO (VESE QUE NO SEU SOUTO NON HAI CASTAÑAS SABROSAS).
APARECEU ONDA A MESA DE PACO E COLOCOUSE NUNHA CADEIRA MOI COMODAMENTE.
TRAE CONSIGO UNHA CARTIÑA E PÍDENOS QUE LLE AXUDEMOS A ENTRETERSE NO INVERNO...
A QUE NON SABEDES COMO?
POIS...
POIS PROPORCIONÁNDOLLE CONTOS PARA QUE LEA!
IMOS TER QUE INVENTAR CONTOS, SEICA QUE NOS VAI DAR "PISTIÑAS"...
QUEN SABE QUE TIPO DE PISTAS SERÁN!!