BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

13/10/13

EN MARCHA: TEXTOS INSTRUTIVOS, PROXECTOS, EXPERIENCIAS, TARXETAS CON CONTOS...

Xa remataron as primeiras xuntanzas coas familias, as presentacións elaboradas están sendo subidas aos blogs.
Nas clases estase a traballar con textos instrutivos, son moi necesarios para todo (para armar algo, para xogar, para elaborar unha receita sabrosa, para aprender a facer algo, para elaborar marcos de fotos, para facer vasos de papel, para facer experimentos...) e sobre todo para recoller os xogos que as familias van vir ensinarnos neste trimestre dentro da campaña "ENSÍNANOS UN XOGO" que podedes ver no blog do EDL.
Xurdiron xa varios proxectos (O Pacífico, Verdi, O País Vasco, Os contos e as comidas, A langosta,) e están nacendo outros novos (O corpo humano, A mascota, España, As plantas,...) moitos deles xa están reflectidos nos blog de aula.
As aulas andan algo revolucionadas con imaxes e tarxetas que están a aparecer... Quen as mandará? Como rematarán as historias que as acompañan? Iremos tendo respostas nestes días