HOXE, 30 DE XANEIRO, NO NOSO COLEXIO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.
XA LEVAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO SOBRE AS CUALIDADES POSITIVAS, O RESPECTO E A VALORACIÓN DAS PERSOAS. BUSCAMOS CUALIDADES, ELABORAMOS MENSAXES, LEMOS HISTORIAS,...
ESTA MAÑÁ TOCOU CELEBRALO CONXUNTAMENTE:
- SAÍMOS COS NOSOS CARTEIS DE GRUPO, AS MENSAXES QUE NOS REMITIRON
- ESCOITAMOS UNHA PRESENTACIÓN POR PARTE DO ALUMNADO DO 3º CICLO
- INTERPRETAMOS UNHA VERSIÓN RITMA DE ... CHUCURUCHÚ... COMO É A PERSOA?
- INTERPRETAMOS O HIMNO DA ALEGRÍA, UNHA VERSIÓN ELABORADA POLO ALUMNADO DE 3º CICLO
- E... BAILAMOS... E... REPETIMOS O BAILE!
NOS CORREDORES DO CENTRO E NAS AULAS QUEDAN MURAIS, ABECEDARIOS, MENSAXES,... ESCRITAS EN VARIOS IDIOMAS... QUEDAN OS NOSOS DEBUXOS.
EN NÓS QUEDAN PALABRAS BONITAS, VALORACIÓN DAS PERSOAS POLO QUE SON,... UN XERMOLO PEQUENO DE PAZ.