BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

11/1/13

UN COLE CHEO DE MÁQUINAS

DENDE HAI UNS DÍAS O COLE ENCHEUSE DE MÁQUINAS:

  • HAI MÁQUINAS DE FACER O QUE CADAQUÉN QUEIRA:
      • MÁQUINA PARA FACER CARTOS, MAIS SÓ OS QUE SE PRECISEN
      • MÁQUINA DE FACER NUBES
      • MÁQUINA DE CURAR ÁS PERSOAS
      • MÁQUINA DE TRAERNOS ÁS PERSOAS DA FAMILIA, MESMO ÁS ANTEPASADAS PARA PODER SAUDALAS E COÑECELAS
      • MÁQUINA DE CUSPIR ESTRELIÑAS
      • NON DIXEMOS NADA DUNHA MÁQUINA DE BICAR... PORQUE XA HAI UNHA
  • HAI MÁQUINAS QUE NOS GUSTARÍA INVENTAR
      • UNHA MÁQUINA PARA FACER OS DEBERES
      • UNHA MÁQUINA PARA DETECTAR ÁS PERSOAS MALVADAS
      • UNHA MÁQUINA DE PARAR A CHUVIA CANDO SE DESEXE
      • ...
  • HAI MÁQUINAS REAIS QUE ESTAMOS CATALOGANDO, CLASIFICANDO, ANALIZANDO, VENDO AS ORIXES,...:
      • AS MÁQUINAS DA CASA
      • AS MÁQUINAS DA RÚA
      • AS MÁQUINAS NAS PROFESIÓNS
      • AS MÁQUINAS DA ESCOLA
      • AS MÁQUINAS QUE FUNCIONAN CON COMBUSTIBLE
      • AS MÁQUINAS ELÉCTRICAS
      • AS MÁQUINAS SIMPLES
      • AS MÁQUINAS E FERRAMENTAS NA PREHISTORIA
      • ...
  • HAI MÁQUINAS ... MÁQUINAS... E MÁIS MÁQUINAS!

  • NAS DIFERENTES CLASES ESTÁN DESENVOLVÉNDOSE PROXECTOS RELACIONADOS COAS MÁQUINAS, IRÁN APARECENDO NOS BLOGS DE NIVEL: 
    - AS MÁQUINAS NA CASA
    - AS MÁQUINAS E A PREHISTORIA
    - AS MÁQUINAS NA GRANXA
PARA A PAZ TEREMOS UNHA MÁQUINA AMABLE QUE NON FUNCIONA CON ELECTRICIDADE, NIN CON GASOLINA, NIN CON CARBÓN,... A QUE QUEREDES SABER COMO FUNCIONA? POIS XA VOLO IREMOS CONTANDO EN SUCESIVAS ENTRADAS!


PARA O ENTROIDO TAMÉN HABERÁ MÁQUINAS... TEREMOS MÁQUINAS PARA DISFRACES OU DISFRACES DE MÁQUINAS OU MÁQUINAS DE DISFRAZAR OU... UNHA LEA!