BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

11/9/11

UN NOVO CURSO COMEZA

Olaaaa!
Ola de novo!
En Mascotilandia estamos todas as mascotas preparando as cousas para mañá... Comezamos un novo curso!Propuxémonos ser máis curiosas ca nunca e preguntar moitas cousas, atender na clase e aprender convosco, ser moi moi traballadoras.
Xa sabedes que as mascotas fomos de vacacións, este verán viaxamos xuntas porque Vilaverdiño nos convidou e tamén aproveitamos para repasar algo, non queremos comezar con todo esquecido... seguro que vós tamén repasastes.
Sabedes que se está falando de modificar a Constitución? Lembrades que traballamos sobre ela o curso pasado?
Vémonos na clase