Neste blog, dende o curso 2009/2010 as mascotas do CEIP Vilaverde, deixarán as súas mensaxes máis secretas. Non deixedes de visitalo de cote para poder lelas. Ata loguiño!
BENVIDA
Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.
19/9/11
COMEZA O NOVO ALUMNADO DE TRES ANOS
Durante estes primeiros días de setembro estase incorporando o novo alumnado de infantil. Realizan o período de adaptación e coñecen a un novo personaxe: O Pitiño.
Podedes ver fotos dos seus primeiros momentos no colexio no seu blog.