BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

12/5/11

HOMENAXE A LOIS PEREIRO

Dende todas as clases do centro se está colaborando nunha exposición proposta polo EDLG, con "Versos ilustrados". Os versos son de Lois Pereiro. Hai unhas ilustracións fermosísimas que iremos colocando no blog, aparecen unha chea de técnicas plásticas diferentes.
Se queredes poderedes visitar a exposición que colocaremos nunha das entradas do centro.