VILAVERDIÑO ESTÁ CONTENTÍSIMO, VAI SER DE NOVO O PROTAGONISTA,... DESTA VEZ DA FESTA DO ENTROIDO.
MENTRES VAI FACÉNDOSE O MECO (O GALO CON PLUMAS DE CORES),... ELABÓRANSE DISFRACES; INVESTÍGASE SOBRE O RAVACHOL, SOBRE PERFECTO FEIJOO E OS PERSONAXES DA TERTULIA DA BOTICA, SOBRE AS DIFERENTES RECEITAS DE ORELLAS DE ENTROIDO,...; DESÉÑANSE CARTEIS PARA ANUNCIAR A FESTA, FAISE UN DICIONARIO CON PALABRAS DAS RECEITAS, TRÁZANSE LIÑAS BIOGRÁFICAS SOBRE O RAVACHOL E O SEU AMO, INFANTIL DE CATRO CONFECCIONA UN AUDIOVISUAL E ENSÍNAO A TODO O COLE, COOPÉRASE "NUN ÁLBUM DE CROMOS" SOBRE A HISTORIA DE VILAVERDIÑO,...
É UNHA QUINCENA CHEA DE PROXECTOS, ACTIVIDADES MULTINIVEL E ESTRUTURAS COOPERATIVAS...