NESTA SEMANA IMOS (POR FIN ) FACER A FESTA DO ENTROIDO:
HABERÁ DESFILE, COMPARSAS, DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS TÍPICOS DA DATA, BAILE, O XUÍZO DO GALO VILAVERDIÑO...
XA NON NOS DÁ CHEGADO O VENRES! VAI SER UN ENTROIDO MENTIREIRO... PERO NON IMOS DESVELAR NADA MÁIS!
MENTRES TANTO... LOCALIZAMOS NUN MAPA OS ENTROIDOS MÁIS FAMOSOS DO MUNDO, TENTAMOS BUSCAR MÁIS DATOS (HABERÁ ENTROIDO EN ASIA? EN ÁFRICA?...)
FACEMOS IMAXES-MURAL SOBRE "A PRESENZA DOS MECOS NOS ENTROIDOS GALEGOS", DAMOS OS ÚLTIMOS RETOQUES SOBRE OS DISFRACES, LEMOS CONTOS (PORQUE NALGÚNS CICLOS OS DISFRACES TEÑEN QUE VER CON ELES) OU VEMOS VIDEOS PARA COPIAR MOVEMENTOS, XESTOS, PALABRAS,... PARA DESFILAR MELLOR.
COLOCAMOS OS CARTEIS QUE ELABORAMOS PARA ANUNCIAR A FESTA.
AS NENAS E OS NENOS MAIORES ESCRIBEN AS LETRAS DAS COPLAS DO XUÍZO E TESTAMENTO DE VILAVERDIÑO E PÁSANNOLAS PARA QUE AS COÑEZAMOS...